Xa está todo preparado para que o vindeiro mércores, 1 de
agosto, comecen os Campamentos Específicos para Persoas con Discapacidade da
Xunta de Galicia, que este ano terán como temática principal a historia do
"Principiño".
Todas as actividades e dinámicas dos campamentos estarán
ambientadas na obra de Antonie de Saint Exupéry creando desta maneira unha
atmósfera de animación, fantasía e imaxinación.
Outros anos as temáticas foron: Superheroes, A Volta ao
Mundo en 10 días, Luces-Cámara-Acción, o Circo ...
Os campamentos organízanse en 5 quendas de 10 días cada un,
dende o 1 de agosto ata o 20 de setembro.
En cada turno participan un máximo de 30 persoas,e contan co
apoio, supervisión e monitoraxe dunha grande equipa de profesionais:
monitoras/es, directoras/es, enfermeiras/os ...
Todas as quendas celebraranse no Albergue Xuvenil de
Gandarío.
Este ano como novidade propoñemos que os campamentos estén
"conectados", polo que estarán dispoñibles numerosas ferramentas de
comunicación para que as nais e pais saiban o que se fai día a día no
campamento.
O blogue será
"http://noplanetadosbaobabs.blogspot.com"
O facebook será "No Planeta do Principiño"
O twitter será "@NoPlanetadoPrincipiño"
...
Os campamentos están organizados pola Dirección Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e
xestionados por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL