martes, 27 de diciembre de 2016

DINAMO organiza Actividades de Nadal en Culleredo

Durante os vindeiros días 27, 28, 29 e 30 de Decembro a equipa profesional de DINAMO levará a cabo un amplo programa de obradoiros para nenas/os e mozas no Centro Social de Fonteculler e no Edificio de Villa Melania (Vilaboa).

Algunhas das actividades que se levarán a cabo son:

- Obradoiro de Galletas Nadaleñas
- Obradoiro de Cake Pop.
- Obradoiro de Letras con Decoupage
- Obradoiro de Adornos con Reciclaxe
- Obradoiro de Hamma Beads
- Obradoiro de Complementos de Nadal
- Obradoiro de Pulseiras de Coiro

Son actividades tanto para nenas/os como para mozas e mozos.


domingo, 25 de diciembre de 2016

O Apalpador de DINAMO percorre todas as parroquias de Cambre

Neste mes de decembro o Apalpador de DINAMO percorrerá todas as parroquias do Concello de Cambre cun espectáculo teatral no que, xunto con Xía a Trasna do Monte, contan as súas aventuras para chegar a todas as casas de Galicia onde hai cativas e cativos para apalpar as súas barriguiñas e deixarlle algún xoguetiño feito de madeira.

Despois da peza teatral as cativas e cativos realizan un obradoiro no que confeccionan un monicreque do Apalpador.  

Este programa xa se desenvolveu o ano pasado con gran éxito de participación. No 2015 a actividade central era un contacontos, mentres que desta volta é un espectáculo teatral.

Os datos de participación deste ano están sendo moito maiores e as cativas e cativos amosan un coñecemento da figura do Apalpador moito maior que en anos anteriores.

Cada ano son máis os concellos e entidades que promocionan ó Apalpador e as tradicións asociadas a esta figura tan senlleira da cultura galega.




martes, 20 de diciembre de 2016

O Apalpador de DINAMO visitou a Livraría Suévia

O pasado domingo 18 de decembro a equipa profesional de DINAMO fixo posible que O Apalpador visitase a una manchea de nenas e nenos que ateigaban a Livraría Suévia da Coruña.

O Apalpador chegou camiñando, seguramente dende o Courel, e cando viu a tantas cativas e cativos na librería decidiu parar a contarlle uns contiños e falarlle das súas propias aventuras.

A partir de agora o Apalpador visitará diferentes concellos, colexios e outras entidades por toda Galicia da man de DINAMO, que se encarga directamente de avisalo e facilitarlle o traslado a todas as entidades que así o demanden.

Para máis información podedes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com





lunes, 12 de diciembre de 2016

DINAMO organizou un Obradoiro de Escrita de Guión de Curtametraxes no Forum Metropolitano

O pasado venres 2 de Decembro, a equipa artística de DINAMO organizou un Obradoiro de Escrita de Guión de Curtametraxes no Fórum Metropolitano.

O obradoiro, cunha duración de dúas horas, serviu para abordar as claves prácticas da escrita de guión cinematográfico, dende o punto de vista das curtametraxes.

As e os participantes no obradoiro poideron desenvolver algunhas das súas ideas, dende as etapas máis incipientes ata á estruturación, personaxes, escaletado, diálogos, desgloses...

Esta actividade enmarcouse dentro do Programa Nocturnia de Ocio Alternativo para a Mocidade, organizado pola Concellería de Participación e Innovación Democrática.


domingo, 11 de diciembre de 2016

DINAMO organizou o Programa de Prevención da Violencia de Xénero nos IES de Cambre

Durante os pasados meses de outubro e novembro a equipa profesional de DINAMO desenvolveu o Programa de Prevención de Violencia de Xénero nos IES de Cambre (IES Alfonso X O Sabio e IES David Buján) levando a cabo seis sesión de traballo con nove grupos de 2ºESO e creando un produto final que tivo como obxectivo sensibilizar ó resto do alumnado.

Durante as sesións de tradballo as mozas e mozos descubriron os principais estereotipos machistas e roles de xénero, así como as súas consecuencias na vida cotiá, analizando discriminacións, situacións de violencia de xénero... Na última fase tentaron buscar solución a esta lacra da sociedade e por último prepararon dous lipdubs de sensibilización en igualdade de xénero, que foron proxectados para todo o alumnado dos centros.

Aquí vos deixamos os dous lip dubs.