Como todos os anos por estas datas dende DINAMO presentamos a Proposta de Actividades para o Entroido, conformada por unha manchea de variadas actividades.
Dende animacións teatrais ata presentación, organización e dinamización de desfiles de disfraces, pasando polos obradoiros temáticos, festas de animación, actividades para a mocidade ...
Ofrecemos este amplo catálogo de actividades para as entidades municicipais, departamentos de cultura e mocidade, centros educativos, asociacións, colectivos ...
Ademáis cada ano dende DINAMO ambientamos todas as actividades nunha temática lúdica. En anos anteriores foron: o circo, o deporte, os piratas, os médicos ... E desta volta a temática será, a dos superheroes.
As persoas que estedes interesadas en recibir o catálogo-proposta podedes solicitalo no 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com
Nos seguintes días daremos conta de todas as actividades que levaremos a cabo por toda a xeografía galega.
DINAMO realiza todo tipo de actividades lúdicas entroncadas coa cultura e tradición galegas.
miércoles, 16 de enero de 2013
En DINAMO xa estamos preparando o Entroido
miércoles, 9 de enero de 2013
DINAMO imparte Cursos de Formación para Poboación Xitana en Arteixo
A equipa profesional de DINAMO está a impartir unha serie de accións formativas para poboación xitana no Concello de Arteixo co obxectivo da capacitación profesional.
As tres accións que se desenvolven son:
Obradoiro de Tratamento de Residuos Sólidos (6 horas)
Obradoiro de Venta Ambulante (8 horas)
Obradoiro de Formación Dixital (25 horas)
Estas accións enmarcanse dentro dun amplo programa de apoio e atención á poboación xitana que desenvolve o Concello de Arteixo, a través da Concellería de Servizos Sociais.
Etiquetas:
arteixo,
capacitación,
concello,
formación,
formación dixital,
poboación xitana,
residuos sólidos,
venta ambulante,
xitanos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)