viernes, 29 de julio de 2011

DINAMO participa nas Escoliñas de Artes Plásticas do Concello de Oleiros

Dende o vindeiro 1 de agosto ata o 12 do mesmo mes a equipa educativa de DINAMO levará a cabo accións de apoio nas Escoliñas de Artes Plásticas que organiza o Concello de Oleiros.

As actividades desenvolveranse no Centro Cívico de Santa Cruz e haberá dúas quendas de actividade.

De 10:00 a 12:00 (de 7 a 11 anos)
De 12:00 a 14:00 ( de 4 a 6 anos)

As escoliñas de artes forman parte dun amplo programa de actividades que o Concello de Oleiros organiza para as nenas/os e mozas/os no tempo de verán.


jueves, 21 de julio de 2011

DINAMO organiza un Curso de Grafite na praia de Bastiagueiro.

Por iniciativa do Concello de Oleiros estase a celebrar un Curso-Obradoiro de Grafite na praia de Bastiagueiro dende o pasado día 18 de Xullo e ata o 28 do mesmo mes.

De luns a venres  de 11:00 a 14:00 unhas 20 mozas e mozos aprenden as técnicas básicas do grafite e do muralismo, ó mesmo tempo que van confeccionado un mural nos propios muros da praia dunha alta calidade artística. De feito o mural que realizan ten temática marina, polo que parece que o mar conti

núa máis alá dos límites naturais.

Este obradoiro ven a continuar outros anteriores onde se comezou esta gran obra de arte.

Ademáis das pretensións didácticas en torno ó arte tamén se educa no respecto polo mobiliario público, evitando desta maneira actos vandálicos.

A actividade está xestionada por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL e o 
docente deste curso é Joseba Muruzábal, recoñecido artista plástico.





miércoles, 20 de julio de 2011

DINAMO amenizou a Feira de Artesanía e Comercio de Sada

O pasado 17 de Xullo as cativas e cativos de Sada participaron en diferentes obradoiros lúdicos grazas á iniciativa da Asociación de Empresarios/as de Sada.

No marco da Feira de Artesanía e Comercio de Sada organizaronse actividades para as máis pequenas e pequenos: xogos con paracaídas, xogos de enredos, globoflexia, obradoiros de manualidades mariñeiras, actividades musicais …

Todas as actividades estiveron dinamizadas pola equipa profesional de DINAMO, que ademáis de ofrecer actividades para as nenas e nenos tamén amenizaron o espazo central da feira.


lunes, 18 de julio de 2011

Planeta Bambalina comeza a súa andadura en Boiro

Dende o pasado 17 de Xullo e ata o 28 do mesmo mes desenvólvese nas instalacións xuvenís de Espiñeira (Boiro) o campamento “Planeta Bambalina”.

O campamento forma parte da programa “Acción d´Verán 11” da Xunta de Galicia e está organizado pola equipa educativa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.

Trátase dun campamento de integración pois das 30 mozas e mozos que participan, 10 delas e deles teñen algún tipo de discapacidade. As idades van dende os 14 ata o 16 anos.

E outra seña de identidade é que o conxunto de actividades englóbase dentro da temática do teatro e as artes escénicas. Deste xeito as mozas e mozos participarán en obradoiros de expresión corporal, de iniciación ó teatro, de clown, de malabares, de elaboración de curtas … disfrutarán de actuacións teatrais e musicais en directo e ademáis levaran a cabo os seus propios espectáculos.

Estas características (integración e artes escénicas) son dúas das principais liñas de traballo da equipa profesional  de DINAMO.

E no vindeiro mes de Agosto levaremos a cabo outro campamento con similares pretensións no Albergue Xuvenil de Gandarío. Neste caso será o “Planeta Natura” onde abordaremos actividades sobre o medio ambiente e a contorna que nos rodea.


viernes, 15 de julio de 2011

DINAMO colabora coas nenas e nenos de Chernóbil

 A equipa de DINAMO vai colaborar este sábado no Encontro de Familias Galegas con nenas e nenos de Chernóbil que se celebrará nas Torres de Santa Cruz o vindeiro sábado 16 de Xullo.

O Encontro é entre as familias galegas que acollen durante o período estival  nanas e nenos procedentes de Chernóbil, en Ucraína e dende DINAMO se aportan actividades lúdicas para as cativas e cativos.

Durante toda a tarde a equipa educativa organizará xogos populares galegos, globoflexia, xogos con paracaídas, obradoiros manuais, actividades musicais …

O Encontro está organizado pola entidade Ledicia Cativa e o Concello de Oleiros. 



miércoles, 13 de julio de 2011

DINAMO organiza un Roteiro e unha Xornada de Turismo Mariñeiro

O vindeiro xoves 14 e venres 15 de Xullo unha treitena de mozas e mozos do Concello da Coruña participarán nunha doble xornada de turismo mariñeiro nas comarcas de Carnota e Muros.

O Concello da Coruña, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil, organiza esta actividade de dous días de duración onde as e os participantes realizarán actividades de achegamento ó mundo mariñeiro.

No primeiro día realizarán un roteiro interpretativo nas inmediacións do Monte Louro e da Lagoa das Xarfas no municipio de Muros, despois visitarán a Area Recreativa de Ancoradoiro e a vila de Muros, onde pernoitarán. E na segunda xornada desprazaranse ata  Lira (Carnota) para participar nas iniciativas de turismo mariñeiro ofrecidas por Mardelira, como roteiros en barco, actividades de marisqueo, … Para rematar a xornada visitarán a Fervenza do Ézaro.

Esta é unha das propostas que está dentro do programa Móvete do CMIX da Coruña.
Todas as actividades están xestionadas e dinamizadas pola equipa profesional de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.


viernes, 8 de julio de 2011

DINAMO organiza un Curso de Cociña para adolescentes

O vindeiro luns 11 de Xullo no Centro Cívico de Monelos comeza un Curso de Cociña para mozas e mozos de 12 a 20 anos.

As clases serán diarias cunha duración de tres horas cada xornada, en concreto de 10:00 a 13:00 horas. Dende o día 11 ata o 15 de Xullo.

A temática deste obradoiro xirará en torno ás Comidas do Mundo, polo que nos cinco días de actividade as e os participantes cociñarán e degustarán pratos dos cinco continentes.
Cuscús marroquí, sushi xaponés, arepas venezonalas, musaka grega … son algúns dos pratos que aprenderán a cociñar.

Esta actividade forma parte do Plan de Actividades de Lecer Saudable do Centro Cívico de Monelos e esta dinamizada pola equipa educativa de DINAMO.


martes, 5 de julio de 2011

DINAMO organiza un Obradoiro de Clown en Oleiros

Durante todo o mes de Xullo a equipa escénica de DINAMO impartirá un Obradoiro de Clown no Teatro das Torres de Santa Cruz.

As sesións do curso desenvolveranse os martes e os xoves de 11:30 a 13:00 e serán impartidas por Pedro Brandariz.

As e os participantes serán mozas e mozos oleirenses de 12 a 18 anos.

No pequeno cursiño traballarase a búsqueda do clown, do pallaso ou pallasa que todas/os levamos dentro. A partir de xogos de animación teatral, dinámicas de expresión oral e corporal, improvisacións, … provocaremos situacións cómicas que logo servirán para crear un sinxelo espectáculo final.

Este obradoiro forma parte dunha ampla programación que organiza o Concello de Oleiros baixo o epígrafe “Actividades de Verán 11, Divírtete”.


viernes, 1 de julio de 2011

DINAMO organiza un Obradoiro de Cócteles Saudables no Centro Cívico de Monelos

Dende o día 4 ata o 8 de Xullo as mozas e mozos coruñeses poderán participar nun Obradoiro de Cócteles con Bebidas Saudables no Centro Cívico de Monelos.

O obradoiro desenvolverase todas as mañas de 11 a 13 horas.

As e os participantes serán guiadas/os por unha docente especialista que lles enseñará as técnicas básicas da coctelería, os ingredientes necesarios, pero sobre todo que é factible realizar cócteles de gran calidade sen utilizar alcol.

Esta actividade forma parte dun gran conxunto de propostas que a equipa de DINAMO ten dentro do apartado de “Ocio saudable para a Mocidade”, do que iremos dando conta en sucesivas ocasións.