martes, 28 de diciembre de 2021

DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó CEIP Galán (Oseiro. Arteixo)

O pasado 19 de novembro a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó CEIP Galán de Oseiro (Arteixo). 

As cativas e cativos e as súas familias gozaron dunha tarde de xogos populares e tradicionais para todas as idades.

A rá, o sapo, os aros, o metediscos, os zancos, o tiralatas, os bolos... son só algúns dos máis de trinta xogos que conforman a Caravana de Xogos Populares.

Dende DINAMO levamos os nosos xogos tradicionais a todo tipo de localizacións e organízanse de moi diferentes maneiras, adaptándonos ás circunstancias de cada cliente.



domingo, 26 de diciembre de 2021

DINAMO organizou un "Rebumbio de Samaín" en Sada

O pasado 31 de outubro a equipa profesional de DINAMO organizou un "Rebumbio de Samaín" no Concello de Sada. 

As cativas e cativos poideron participar nunha manchea de xogos temáticos sobre o Samaín. Trátase de xogos populares e tradicionais adaptados á temática e á estética da celebración do Samaín. 

Desta maneira, as cativas e cativos aprenderon moitas cousas sobre a tradición do Samaín ao mesmo tempo que se divertiron e participaron coas súas familias.


DINAMO organizou un Magosto Festivo en Ortigueira

O pasado 30 de Outubro a equipa profesional de DINAMO organizou un magosto festivo no Concello de Ortigueira, con xogos populares e tradicionais para as máis cativas/os, música tradicional, e sobre todo asado e reparto de castañas. 

Dende DINAMO organizamos todo tipo de magostos e actividades vencelladas a esta tradicional celebración.



sábado, 25 de diciembre de 2021

DINAMO organizou unha Xornada de Actividades de Samaín no Colexio Fogar de Santa Margarita

O pasado 29 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou unha xornada de actividades en torno ó Samaín no Colexio Fogar de Santa Margarita da Coruña.

Para as máis cativas e cativos artelláronse varias sesións do espectáculo "Contos de Samaín" a cargo da narradora oral Manuela Varela e para todas as alumnas e alumnos organizouse un magosto, cun asado e reparto de castañas multitudinario. 

Dende DINAMO organizamos todo tipo de eventos vencellados coa tradición do Samaín e coa festa do magosto, dende xincanas temáticas, ata reparto de castañas asadas, pasando por actuacións teatrais e concertos...

DINAMO participou na Semana da Mobilidade de Carballo

O pasado domingo 19 de setembro a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caarana de Xogos Populares á Semana da Mobilidade de Carballo. O concello carballés organizou un extenso programa de actividades na rúa e os xogos populares e tradicionais triunfaron entre grandes e pequenas/os.

Os xogos populares e tradicionais da "Carvana de Xogos Populares" son unha magnífica oportunidade de dinamización de rúas e prazas, para potenciar o uso social e recreativo dos espazos públicos.

Dende DINAMO adaptámonos a todo tipo de espazos, circunstancias e necesidades, ofrecendo todo tipo de alternativas e orzamentos axustados.

DINAMO participou na Semana de Mobilidade de Vilagarcía

Os pasados 17, 18 e 19 de setembro a equipa profesional de DINAMO participou na Semana da Mobilidade de Vilagarcía coa súa Caravana de Xogos Populares.

A instalación e dinamización de máis de 30 xogos populares e tradicionais serviu para concienciar na utilidade das prazas e rúas como espazo público, ideal para a socialización, o lecer saudable...

A "Caravana de Xogos Populares" ten un gran éxito neste tipo de iniciativas e programas pois permite a participación libre, individual e colectiva, fexible... de todas as xeracións, dende as máis cativas e cativos ata as máis vellas e vellos.

DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares á Feria Modernista de Sada

Os pasados 30 e 31 de xullo a equipa de DINAMO levou a recoñecida "Caravana de Xogos Populares" a un dos eventos máis concurridos do verán sadense, a Feira Modernista.

A equipa profesional de DINAMO instalou máis de trinta módulos, a modo de xogos e entretementos, vencellados coa época histórica que recrea a Feira Modernista.

Os xogos populares e rradicionais son unha magnífica oportunidade de dinamización dentro de eventos e recreación histórica, e dende DINAMO adaptámonos ás circunstacias históricas, asó como ás necesidades de cada entidade.