jueves, 21 de noviembre de 2013

DINAMO organizou unha Xornada de Educación Sexual e Afectiva para mozas/os

O pasado 9 de novembro, a equipa educativa de DINAMO dinamizou unha Xornada de Educación Sexual para o Grupo Scout ASDE Scouts Galicia no Centro Cívico do Castrillón (A Coruña).

Durante seis horas de actividade as mozas e mozos traballaron sobre o que é para elas e eles a sexualidade, as prácticas de risco, as enfermidades de transmisión sexual, os métodos anticonceptivos, os dereitos sexuais e persoais ... e sobre todo, as súas dúbidas e preguntas nesta materia.

Todos os contidos foron tratados a partir de dinámicas e exercicios lúdicos, a través de actividades divertidas que fixeron ameno e levadeiro o traballo sobre os contidos.

A equipa profesional de DINAMO ten ampla experiencia no desenvolvemento deste tipo de actividades coa mocidade.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

DINAMO organizou un amplo programa de Actividades para a Asociación de Comerciantes de Elviña

A equipa profesional de DINAMO organizou boa parte das actividades do Programa de Samaín organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios/as de Elviña e coa promoción da Concellería de Cultura do Concello da Coruña.

As actividades foron as seguintes:

Xoves 31. Obradoiro de Cociña de Samaín
Xoves 31. Obradoiro de Móbil con Morcegos
Venres 1. Contacontos de Samaín.
Sábado 2. Obradoiro con Castañas e Noces
Sábado 2. Obradoiro de Meiguiñas
Domingo 3. Festa de Samaín.

E dentro desta promoción da Concellería de Cultura do Concello da Coruña, a equipa de DINAMO tamén dinamizou unha Festa de Samaín para a Asociación de Veciñas/os de Monelos, o pasado 9 de novembro.


.

martes, 12 de noviembre de 2013

Unha manchea de Samaíns nos Centros Cívicos da Coruña organizados por DINAMO

Nas pasadas datas correspondentes ó Samaín a equipa profesional de DINAMO levou a cabo diferentes actividades de Samaín en varios centros cívicos da Coruña.

Obradoiros, festas, tuneis do terror ... foron algunhas das propostas con maior éxito neste outono.

Algunhas das actividades que se levaron a cabo foron as seguintes:

Obradoiro de Cabazas, no Centro Cívico de Santa Lucía, 26 de Outubro.
Festa Infantil de Samaín no Centro Cívico de San Diego, 30 de Outubro.
Festa Infantil de Samaín no Centro Cívico do Castrillón, 30 de Outubro.
Túnel de Terror no Centro Cívico de Novo Mesoiro, 10 de Decembro.

Estas actividades forman parte dun amplo programa de actividades que dende DINAMO levamos a cabo en colaboración cos Centros Cívicos da Coruña.