A equipa de DINAMO levará a cabo os Campamentos Específicos para Persoas con Discapacidade, nas quendas do Albergue Xuvenil de Gandarío.
Serán as quendas do 1 ao 10 e do 11 ao 20 de Agosto, nas que participarán 30 mozas e mozos por cada decena.
Durante os dez días de cada campamento as e os participantes realizarán unha man chea de divertidas e didácticas actividades, como grandes xogos, xincanas, obradoiros, saídas e excursións, festas, veladas, deportes acuáticos, xogos na praia...
E todas esas actividades cun fío conductor, cunha temática central. Se outros anos as temáticas foron: "os superheroes", "o oeste", "o circo", "a volta ao mundo", "a máquina do tempo", "eureka, a ciencia" ... desta volta tócalle o turno a "Master Chof, escola de chefs". Todas as propostas estarán enmarcadas dentro dese paraugas temático, e evidentemente faremos moitas actividades de cociña.
As intencións principais deste tipo de programas é ofrecer unha alternativa de lecer ás mozas e mozos con discapacidade, así como traballar cara a súa capacitación para acadar unha maior autonomía nas súas vidas, e camiñar cara unha normaliación.
Asi mesmo tamén sirve de "respiro" para as familias e persoas coidadoras, que durante dez días descansan de tales labores.
DINAMO está especialiazada en todo tipo de propostas de lecer para o colectivo de persoas con discapacidade.
domingo, 27 de julio de 2014
viernes, 25 de julio de 2014
DINAMO dálle a benvida a unha nova etapa
A enerxía nin se crea, nin se destrúe:
transfórmase... E Dinamo, que sempre respectou as leis da física, tamén se
transforma.
Dende este verán DINAMO entra nunha nova
e ilusionante etapa na que Pedro Brandariz queda ós mandos do proxecto, mentres
que Felipe Díaz “Caxoto” se mantén como estreito
colaborador dende a súa Trastenda dos Contos.
Entramos nesta etapa con moita ilusión,
sendo conscientes de que seguimos contando co empuxe de toda a xente que nos
apoiou dende o principio.
8 anos despois queremos darvos as grazas
pola vosa confianza e agardamos que os vindeiros anos sexan igual de
estimulantes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)