Nestas datas de Nadal sucédense as celebracións festivas
para as máis cativas e cativos. Son moitos os concellos, asociacións e outras
entidades que dende finais de decembro ata o día de Reis organizan actividades
nas súas instalacións.
DINAMO organiza este tipo de actividades e eventos festivos,
e como mostra informamos de varias que xa fixemos ou que aínda imos facer:
Xoves 22 de Decembro: Contacontos e Presentación da Festa de
Nadal no Centro Cívico de Palavea (A Coruña)
Venres 23 de Decembro: Organización da Festa Infantil de
Nadal do Concello de Moeche
Luns 26 de Decembro:
Obradoiro de Adornos e Postais de Nadal no Centro Cívico de Mesoiro (A
Coruña)
Luns 26 de Decembro: Organización da Festa Infantil de Nadal
no Centro Cívico de Monelos (A Coruña)
Martes 27: Contacontos de Caxoto na Pobra do Caramiñal
E ademáis todas as visitas do Apalpador, os obradoiros na
Biblioteca da Sagrada Familia (A Coruña), a
animación da Pista de Patinaxe da Zona Obelisco … das que xa daremos conta en
vindeiras entradas.
E como se dí nestes casos “Bo Nadal e Próspero 2012”