Mostrando entradas con la etiqueta prevención. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta prevención. Mostrar todas las entradas

jueves, 6 de enero de 2022

DINAMO organizou 6 Xincanas pola Igualdade no CEIP Barrié de la Maza (Mondego, Sada)

O pasado 10 de decembro a equipa profesional de DINAMO organizou un total de 6 Xincanas pola Igualdade para o alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria do Colexio Barrié de la Maza, de Mondego, Sada.

As alumnas e alumnos repartidos nos seus correspondentes grupos-burbulla participaron nunha actividade temática para concienciar na igualdade de xénero e na prevención das violencias machistas. Trátase de xogos, dinámicas, probas, entretementos que supoñen unha clara inmersión na perspectiva de xénero, dende un punto de vista positivo e optimista.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades educativas para centros de ensino, departamentos municipais, asociacións... e outras entidades.

miércoles, 16 de junio de 2021

DINAMO organizou Xincanas pola Igualdade nas Escolas Unitarias de Vimianzo

O pasado 11 de xuño a  equipa profesional de DINAMO levou a cabo tres xincanas temáticas en igualdade nas Escolas Unitarias de Vimianzo. 

As actividades desenvolvéronse no CEIP Castromil, na EEI Carantoña e na EEI Carnés. Dúas educadoras/es levaron a cabo unha serie de probas, dinámicas e xogos en torno á igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas.

A través das diferentes dinámicas abórdanse os estereotipos e roles de xénero, as discriminacións que sufren as mulleres e as consecuencias tan graves que o machismo actual ten na sociedade. Todo isto dende unha perspectiva de xénero e dende un punto de vista positivo e optimista.

Dende DINAMO organizamos unha manchea de actividades diferentes en torno á igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas.



martes, 2 de julio de 2019

DINAMO levou a cabo unha Xincana pola Igualdade en Moeche

O pasado 29 de Xuño a equipa profesional de DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no Mercado de Moeche, na que as nenas e nenos participantes aprenderon a detectar estereotipos de xénero, micromachismos e conductas non igualitarias, co obxectivo de una vez identificadas poder axudar a previr que se produzan na vida real. 

A xincana temática está conformada por probas lúdico-didácticas que resultan moi atractivas para as cativas e cativos. Dende DINAMO organizamos numerosas xincanas en igualdade de xénero en moitos concellos, centros educativos, entidades sociais…



miércoles, 25 de febrero de 2015

DINAMO xestiona o Espazo Xuvenil "Planet Club" en Pontedeume

Dende o pasado sábado 21 de Febreiro a equipa profesional de DINAMO xestionamos o Programa de Prevención de Drogodependencias coa Mocidade "Planet Club". Todos os sábados a mocidade eumesa poderá participar nunha manchea de actividades, en horario de 18 a 22 horas, na Casa da Xuventude de Pontedeume. Festas saudables, obradoiros, grandes xogos, xincanas, proxeccións, charlas... serán algunhas das actividades desenvolvidas. 

DINAMO leva máis de sete anos xestionando o programa e o espazo Planet Club, que xurde da iniciativa dos concellos de Pontedeume e Cabanas e está financiado pola Consellería de Sanidade.

Dende DINAMO xestionamos diferentes espazos e programas xuvenís, ademáis de contar cunha ampla proposta de actividades para realizar en concellos, centros educativos e outras entidades. 


sábado, 13 de diciembre de 2014

DINAMO leva a cabo nos institutos da Coruña o Programa Educativo "Somos 2. Eu tamén conto"

A equipa profesional de DINAMO desenvolve en boa parte dos institutos do municipio da Coruña o Programa Educativo en Igualdade de Xénero "Somos 2. Eu tamén conto",  con mozas e mozos de 3º e 4º da ESO. 

O programa consiste na realización de dúas sesións de traballo arredor das relacións de noivado xuvenil e sobre a desmitificación do "amor romántico". A partir de xogos, dinámicas e exercicios de traballo en común as mozas e mozos participantes fanse conscientes dos perigos que conlevan as desigualdades de xénero.

O programa "Somos 2. Eu tamén conto" é iniciativa do Centro de Información ás Mulleres do Concello da Coruña, e xestionado e levado a cabo por Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais SL.

A equipa de Dinamo é especialista no desenvolvemento deste tipo de programas en igualdade de xénero, hábitos saudables, alimentación, prevención de drogodependencias...






jueves, 4 de diciembre de 2014

DINAMO realiza Obradoiros de Alimentación Saudable nos IES de Oleiros

No pasado mes de novembro as alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO do IES Neira Vilas participaron no Programa Educativo “Comida e Saúde”, organizado polo Concello de Oleiros e xestionado e desenvovido pola equipa profesional de Dinamo.

Trátase de actividades en torno a un dos piares básicos da Educación para a Saude: a alimentación, sobre todo nun sector de poboación tan importante como a mocidade.

O obxectivo primordial é o de promover hábitos de vida saudable a nivel físico e e emocional, sentando as bases do benestar nas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de mercado.

Dinámicas de grupo, traballo en equipo, xogos, rollplai, estudo de casos, reflexións e debates, consulta de materiais … son algunhas das actividades que se levaron a cabo nas sesións de traballo coas mozas e mozos.

Este ano o programa dividese en dous bloques temáticos:

-       Vida saudable: para as alumnas e alumnos de 1ºESO.
-       Alimentación e Deporte: para as alumnas e alumnos de 2ºESO

“Comida e Saúde” é tan só un dos múltiples programas educativos que DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL  desenvolve no Concello de Oleiros dos que periódicamente damos conta neste blogue.


martes, 30 de julio de 2013

DINAMO realiza un Estudo de Hábitos de Consumo entre a mocidade coruñesa

A equipa profesional de DINAMO está a realizar estes días un estudo sobre os hábitos de consumo entre as mozas e mozos coruñeses. 

De momento estamos na fase de recollida de datos a través de enquisas individuais e anónimas entre as e os participantes nas actividades xuvenís dos centros cívicos da cidade.

Paralelamente estanse verquindo os datos en programas informáticos de análise. E finalmente unha equipa específica de análise procederá a examinar os datos e a elaborar o estudo, que ofrecerá datos fiables sobre os patróns de ocio e lecer das mozas e mozos, sobre os hábitos de consumo, substancias, uso ou abuso ... e sobre todo unha serie de recomendacións para que os organismos públicos poidan levar a cabo plans e medidas eficaces neste eido.

O estudo foi encargado polo departamento de Servizos Sociais do Concello da Coruña. 

DINAMO ofrece todo tipo de servizos e actividades para a xuventude. Se queres recibir o noso catálogo podes solicitalo no 647.488.688 ou en dinamo@dinamoxestion.com


martes, 5 de junio de 2012

O Planet Club de Pontedeume cumpre 10 anos

O pasado sábado 2 de xuño rematou a actual edición do Programa de Intervención coa Mocidade "Planet Club" na Casa da Xuventude de Pontedeume.

Durante todo o curso escolar todos os sábados de 18 a 22 as mozas e mozos eumeses poideron participar nunha manchea de actividades e servizos para a mocidade. 

O principal obxectivo do programa é ofrecer alternativas de lecer saudables para as mozas e mozos, promovendo unha cultura activa de participación, con actitudes de respecto, diálogo, solidariedade ...

Aínda que o programa cumpre dez anos dende a súa primeira edición, a equipa profesional de DINAMO só leva cinco anos xestionando este espazo xuvenil, dunha maneira moi cercana ás propias usuarias/os, sendo moi receptivas/os ás súas demandas, intereses, motivacións ...

Este programa xurde da iniciativa do Concello de Pontedeume e coa colaboración da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.


Á volta das vacacións escolares retomarase o programa.



jueves, 1 de diciembre de 2011

DINAMO organiza as actividades de información sobre a SIDA do Concello de Oleiros


Durante toda es semana as alumnas e alumnos dos IES de Oleiros recibiron nutrida información sobre como previr, detectar e actuar ante os casos de SIDA, a través de charlas temáticas, stands informativos en cada centro, reparto de preservativos …

Nas charlas informativas participan diferentes representantes da Sociedade Galega Interdisciplinaria da SIDA, ademáis das educadoras e educadores do programa “Resposta Sexual Oleiros” (xestionado por DINAMO)

Os stands de materiais estiveron disponibles para as alumnas e alumnos toda esta semana, pero o propio 1 de Decembro (Día Internacional de Loita Contra a SIDA) estiveron atentidos pola equipa educativa, para solucionar todas as dúbidas das mozas e mozos, repartir preservativos …


viernes, 25 de noviembre de 2011

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade en Moeche

Este xoves, 24 de Novembro, a equipa educativa de DINAMO levou a cabo unha “xincana pola igualdade de xénero” no CEIP San Ramón de Moeche, por iniciativa do propio concello.
As alumnas e alumnos tiveron unha mañá atípica, pero por unha boa causa, para amosar a súa repulsa a calquera tipo de violencia e discrimación contra as mulleres.
A xincana contiña unha gran cantidade de probas, dinámicas, xogos, preguntas … todas vencelladas co eido da corresponsabilidade no fogar, coa eliminación de estereotipos e roles sexistas, e sobre todo coa detección e prevención da violencia de xénero.
As “xincanas pola igualdade” é unha actividade que DINAMO realiza en moitos centros educativos ó longo de todo o ano, pois permite concienciar e sensibilizar ás cativas e cativos dunha maneira lúdica e sobre todo didáctica.

jueves, 10 de noviembre de 2011

DINAMO imparte os obradoiros do Programa Educativo RSO de Oleiros

Dende o o comezo do mes de novembro a equipa educativa de DINAMO está a desenvolver os obradoiros educativos do Programa “Resposta Sexual Oleiros” organizado pola Concellería de Xuventude e Ensino do Concello de Oleiros. 

As sesións de traballo están destinadas a alumnas e alumnos do 3º Curso da ESO (Educación Secundaria Obligatoria). Son un total de cinco obradoiros por grupo-aula no que traballan sobre a idea dunhas relacións sexuais saudables e enriquecedoras, afondado na educación afectivo-emocional e sexual das mozas e mozos.

As actividades desenvolvense non tres institutos públicos do Concello de Oleiros: IES Miraflores (Oleiros), IES Xosé Neira Vilas (Perillo) e IES María Casares (Bastiagueiro).


lunes, 17 de octubre de 2011

DINAMO leva a cabo os Obradoiros de BÓ TRATO nos IES de Cambre


DINAMO leva a cabo os Obradoiros de Bó Trato nos IES de Cambre

Dende hoxe 17 de outubro desenvolvense nos centros de ensino secundario de Cambre  os Obradoiros de Bó Trato, por iniciativa do Concello de Cambre e coa xestión de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.

Neste Programa de Prevención da Violencia de Xénera participarán todas as aulas de 1º e 2º Curso da ESO (Educación Secundaria Obligatoria) dos dous institutos do concello de Cambre: IES David Buján (Sigrás) e IES Alfonfo X O Sabio (A Barcala).

Cada aula-grupo participante traballará na perspectiva de xénero e prevención da violencia de xénero durante 6 sesións de 50 minutos.  Ademais recibirán formación na técnica aufiovisual, pois crearán pequenos guións para un concurso de curtas sobre o tema. Os guións gañadores terán a oportunidade de ser gravados.

De feito a gravación e proxección das curtas será unha das accións máis importante do programa.
Ademais o Programa de Prevención da Violencia de Xénero estará complementado con outras actividades das que daremos conta, edición de materiais promocionais, …