jueves, 4 de diciembre de 2014

DINAMO realiza Obradoiros de Alimentación Saudable nos IES de Oleiros

No pasado mes de novembro as alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO do IES Neira Vilas participaron no Programa Educativo “Comida e Saúde”, organizado polo Concello de Oleiros e xestionado e desenvovido pola equipa profesional de Dinamo.

Trátase de actividades en torno a un dos piares básicos da Educación para a Saude: a alimentación, sobre todo nun sector de poboación tan importante como a mocidade.

O obxectivo primordial é o de promover hábitos de vida saudable a nivel físico e e emocional, sentando as bases do benestar nas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de mercado.

Dinámicas de grupo, traballo en equipo, xogos, rollplai, estudo de casos, reflexións e debates, consulta de materiais … son algunhas das actividades que se levaron a cabo nas sesións de traballo coas mozas e mozos.

Este ano o programa dividese en dous bloques temáticos:

-       Vida saudable: para as alumnas e alumnos de 1ºESO.
-       Alimentación e Deporte: para as alumnas e alumnos de 2ºESO

“Comida e Saúde” é tan só un dos múltiples programas educativos que DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL  desenvolve no Concello de Oleiros dos que periódicamente damos conta neste blogue.


No hay comentarios:

Publicar un comentario