Outra
edición máis a compañía DINAMOteatro interviu na romería popular de Bréamo en
Pontedeume. Como sempre o obxectivo foi o de animar á xente, pero sobre todo concienciar na
necesidade de comportamentos cívicos. Falamos neste caso de actitudes
respectousas cara o medio ambiente e a natureza.
O
espectáculo itinerante “Tres hippies
nada repipis” convenceu á xente nova e non tan nova da importancia de exercer o
mínimo impacto posible sobre a contorna natural: evitando a xeneración masiva
de residuos, reducindo o efecto negativo sobre a vexetación …
Este tipo de
accións organizadas polo Concello de Pontedeume, xa teñen unha longa tradición
nas Romerías de Bréamo. Do mesmo xeito as animación teatrais con intencións
didácticas son moi traballadas pola equipa artística e educativa de DINAMO
Xestión de Actvidades Socioculturais.