Mostrando entradas con la etiqueta lecer. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lecer. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de julio de 2015

DINAMO organiza os Campamentos Urbanos de Cabanas

A equipa profesional de DINAMO xestiona e executa os Campamentos Urbanos do Concello de Cabanas, dende o pasado 22 de xuño ata comezos de setembro.

Trinta participantes por quenda realizan actividades como obradoiros, xogos, deportes, saídas, contacontos... todas as mañás de 9:00 a 14:30, de luns a venres.

O campamento desenvolvese no Apeadoiro de Cabanas, xa que dispons dunhas magníficas insntalacións e ademáis conta cunha contorna moi axeitada para a realización do campamento.

Trátase dunha magnífica oportunidade de ocio para as máis cativas e cativos e sobre todo un bó servizo para as nais e pais, pois permítelle conciliar a vida laboral, familiar e persoal.

Hoxe en día os campamentos urbanos están moi en auxe polo seu carácter didáctico e polas oportunidades para nais e pais. 

A equipa de DINAMO está especializada no eido dos campamentos e actividades para nenas e nenos. Se queres recibir máis información sobre as nosas propostas campamentais tan só tes que chamar ó 619.345.100 ou escribir un correo a dinamo@dinamoxestion.com


lunes, 10 de junio de 2013

DINAMO participou en Nocturnia 2013 con dous obradoiros

Na presente edición do Programa de Lecer Xuvenil Nocturnia, promovido pola Concellería de Xuventude do Concello da Coruña, a equipa profesional de DINAMO levou a cabo dous obradoiros, un de "Creación de Robots en Fimo" e outro de "Danzas do Mundo" .

No primeiro deles as e os participantes poideron crear os seus pequenos robots simulados a partir dun material moldeable como é o fimo.

E no obradoiro de "danzas do mundo" aprenderon diferentes bailes e coreografías procedentes de tradicións   de países diversos, conformando deste xeito unha actividade lúdica, artística e intercultural.

Estas son dúas das novas actividades que se enmarcan dentro da Proposta de Actividades para a Mocidade que se ofrece, dende DINAMO, para concellos, asociacións, centros educativos e outro tipo de entidades que traballen coa xuventude. Se queres recibir esta proposta-catálogo non dubides en solicitala no 647.488.688 ou escribindo un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com


martes, 13 de marzo de 2012

DINAMO organiza sendos obradoiros no Programa Nocturnia


Esta mesma fin de semana comeza na cidade da Coruña unha nova edición do Programa de Lecer Alternativo para a Mocidade “Nocturnia”, que ofertará actividades a todas as mozas e mozos coruñeses dende marzo ata o vindeiro mes de xuño.

DINAMO encargarase de dous dos obradoiros dentro da múltiple e variada oferta. 

Concretamente serán os seguintes:
-          Obradoiro de Títeres de Gomaespuma: 14 de abril
-          Obradoiro de Reciclaxe de Cápsulas de Café:  9 de xuño

En canto se achegue a dara ofreceremos máis información sobre cada un dos obradoiros

Pero recomendámosvos que entredes na páxina web do programa Http://nocturniacoruna.blogspot.com

 

viernes, 9 de diciembre de 2011

DINAMO organiza un Obradoiro de Risoterapia para ASPESOR


Mañá sábado, 10 de decembro DINAMO organiza un Obradoiro de Risoterapia para Persoas Sordas na Coruña, concretamente nas instalacións da Asociación de Persoas Sordas de A Coruña (ASPESOR).

Serán dúas horas de diversión asegurada, onde as e os participantes comprobarán os beneficios da risa, as técnicas básicas da risoterapia e aplicacións útiles para a vida diaria.

A iniciativa xurde  da propia Asociación de Persoas Sordas de A Coruña e será impartida por Pedro Brandariz.


miércoles, 2 de noviembre de 2011

DINAMO animou o Magosto da ANPA Andares do CRA de Ponteceso


O pasado domingo 30 de outubro a equipa de DINAMO organizou varias actividades lúdicas no Magosto da ANPA Andares do CRA de Ponteceso, na propia vila.

Dende as cinco da tarde as cativas e cativos, as nais e país, e as mestras e mestres participaron nunha sesión de "xogos magosteiros” onde as castañas foron as auténticas protagonistas.

A continuación pequenas/os e maiores pasaron un bó anaco descubrindo e lembrando xogos tradicionais como a rá, os sacos, os aros, a sogatira ...

E para rematar a festa animación musical e globlofexia.

Ademáis todas as e os participantes poideron merendar na propia carpa habilitada para a actividade. Unha merenda ofrecida pola propia Asociación de Nais e Pais.

DINAMO organiza unha manchea de actividades no tempo dos magostos e do Samaín, algunha das cales iredes coñecendo neste blogue.


viernes, 30 de septiembre de 2011

DINAMOteatro voltou animar e concienciar a Festa de Bréamo


Outra edición máis a compañía DINAMOteatro interviu na romería popular de Bréamo en Pontedeume. Como sempre o obxectivo foi o de  animar á xente, pero sobre todo concienciar na necesidade de comportamentos cívicos. Falamos neste caso de actitudes respectousas cara o medio ambiente e a natureza.

O espectáculo itinerante  “Tres hippies nada repipis” convenceu á xente nova e non tan nova da importancia de exercer o mínimo impacto posible sobre a contorna natural: evitando a xeneración masiva de residuos, reducindo o efecto negativo sobre a vexetación …

Este tipo de accións organizadas polo Concello de Pontedeume, xa teñen unha longa tradición nas Romerías de Bréamo. Do mesmo xeito as animación teatrais con intencións didácticas son moi traballadas pola equipa artística e educativa de DINAMO Xestión de Actvidades Socioculturais.



miércoles, 7 de septiembre de 2011

DINAMO presenta o seu catálogo de Actividades Extraescolares e Educativas

Nestes días DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL está dando a coñecer o novo catálogo de Actividades Extraescolares e outros Servizos Educativos.
Trátase de actividades para centros escolares, asociacións de nais e país, concellos, … aínda que as beneficiarias/os principais son as alumnas e alumnos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.
As actividades propostas son do máis variado, dende as máis novidosas como obradoiro de rap, hip-hop, grafite, banda deseñada, …  ata as máis clásicas de baile galego, informática ou deportes.
Ademais existen actividades para todas as idades, tanto para as máis cativas/os como para as e os maiores (Ed. Secundaria).
Se queredes máis información ou solicitar que vos enviemos o catálogo de propostas podedes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com

martes, 6 de septiembre de 2011

DINAMO participa na Viaxe a Portugal de Ocioleiros 2011


Este martes 6 de setembro un grupo de 25 mozas e mozos de 14 a 18 anos iniciaron a súa viaxe cara Portugal, como gañadoras/es dos sorteos de Ocioleiros.

Nesta ocasión a viaxe é a Povoa de Lanhoso.  Estarán albergados nas instalacións de Diverlanhoso e ademáis de realizar actividades de aventura (rapel, tirolina, sendeirismo …) realizarán visitas culturais ás cidades de Braga, Guimaraes, Viana do Castelo …

A viaxe ten unha duración de catro días, comezando o día 6 de setembro e rematando o 9 do mesmo mes.

A actividade está organizada polo Concello de Oleiros e conta coa monitoraxe de apoio de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.


lunes, 5 de septiembre de 2011

O pasado sábado estreouse en Mera "Unha experiencia relixiosa"


O sábado 4 de setembro  o Grupo de Teatro Portaberta estreou no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera (Oleiros) o espectáculo teatral “Unha experiencia relixiosa”, co apoio técnico de DINAMOteatro.

O espectáculo mesturou a partes iguais teatro e danza, compoñendo un produto escénico moi valorado polo público asistente.

Nove actrices e actores foron dirixidos pola equipa escénica de DINAMOteatro, nun espectáculo que analizou a presenza excesiva do mundo eclesiástico na esfera pública, na política e nos medios de comunicación.


A actuación foi a primeira dun Ciclo de Teatro Xuvenil organizado polo Concello de Oleiros que se desenvolverá durante todo o mes de setembro.

O Grupo de Teatro Portaberta xurde dunha actividade continuada no Centro de Lecer co mesmo nome. As actrices e actores recibiron formación en diferentes obradoiros de teatro, clown, expresión corporal, danza … no centro e a posta en escea ven a culminar un proceso creativo de varios meses.