Este martes 6 de setembro un grupo de 25 mozas e mozos de 14
a 18 anos iniciaron a súa viaxe cara Portugal, como gañadoras/es dos sorteos de
Ocioleiros.
Nesta ocasión a viaxe é a Povoa de Lanhoso. Estarán albergados nas instalacións de
Diverlanhoso e ademáis de realizar actividades de aventura (rapel, tirolina, sendeirismo …) realizarán visitas culturais ás cidades de Braga, Guimaraes, Viana do
Castelo …
A viaxe ten unha duración de catro días, comezando o día 6
de setembro e rematando o 9 do mesmo mes.
A actividade está organizada polo Concello de Oleiros e
conta coa monitoraxe de apoio de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.
No hay comentarios:
Publicar un comentario