Todos os anos por estas datas a equipa de DINAMO saca á luz
a súa nova proposta de Actividades de Igualdade, sobre todo en relación coa
celebración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Son propostas concretas para realizar en concellos, centros
educativos, entidades sociais … Todas elas coa pretensión de sensibilizar á
poboación na igualdade efectiva entre homes e mulleres: igualdade de
oportunidades, igualdade de trato … E particularmente, vencellado coa
celebración do 25 de Novembro, o obxectivo de acadar a eliminación de calquera
mostra de violencia contra as mulleres.
A proposta recolle actividades para todas as idades, dende
actividades para as máis cativas e cativos ata accións para a poboación adulta
ou a terceira idade, pasando por programas para a mocidade. O carácter das
actividades tamén é moi variado: campañas de sensibilización, accións educativas, obradoiros, xogos, propostas lúdicas, actuacións teatrais e musicais, …
Este tipo de propostas preséntanse con bastante tempo de
antelación para que as e os responsables de entidades municipais, centros
escolares, asociacións e outras entidades poidan planificar as súas actividades
e programas con tempo suficiente.
Se queredes recibir a proposta completa podedes solicitala
no correo electrónico dinamo@dinamoxestion.com ou chamando ó 647.488.688
No hay comentarios:
Publicar un comentario