lunes, 25 de diciembre de 2017

DINAMO encargouse da Animación da 2ª Festa Solidaria do Centro Recreativo e Cultural de Rutis-Vilaboa

O pasado 16 de decembro a equipa profesional de DINAMO encargouse da animación infantil dentro da 2ª Festa Solidaria organizada polo Centro Recreativo e Cultural de Rutis.Vilaboa.

Dentro dun extenso programa de actividades, as nosas monitoras/es organizaron una festa de animación musical con xogos, bailes, coreografías, globoflexia, maquillaxe...

A participación da nosa equipa foi grazas á implicación do Concello de Culleredo, que desta maneira colaborou coa celebración desta cita solidaria. 

Dende DINAMO organizamos todo tipo de eventos de animación e dinamización para moi diferentes entidades.



DINAMO levou ó Apalpador ós centros educativos de Fene

O pasado luns 18 e martes 19 de decembro O Apalpador do Courel e Xía a Trasna do Monte visitaron os centros educativos do Concello de Fene, grazas á equipa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais e por iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Fene.

Foron dúas xornadas percorrendo a xeografía de Fene, pois percorreron seis centros educativos. Nos colexios levaron a cabo un contacontos, protagonizado polo propio Apalpador, e una sesión de xogos nadaleños dinamizados por Xía. 

Fene é un dos múltiples concellos que O Apalpador do Courel visitará da man de DINAMO neste remate do ano 2017: Cambre, Viana do Bolo, A Coruña...


domingo, 10 de diciembre de 2017

DINAMO organizou Magostos en varios centros educativos

Durante os meses de outono a equipa profesional de DINAMO organizou varios magostos festivos en varios colexios da xeografía galega.

Nalgúns tan só se ocuparon do asado das castañas, como no CPI San Sadurniño e noutros centros como o Colexio Fogar de Santa Margarida (de A Coruña) levamos a cabo o asado de castañas, así como una xincana de xogos populares.


miércoles, 6 de diciembre de 2017

DINAMO imparte os Obradoiros de Prevención Educativa do Concello de Cambre

Dende o pasado mes de outubro a equipa profesional de DINAMO imparte os Obradoiros de Prevención Educativa organizados polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cambre. 

Trátase de actividades que se desenvolven en Cambre e no Graxal, con grupos de Educación Primaria e Secundaria. En cada sesión hai una primeira parte de reforzó educativo e outra parte de actividades socioeducativas, para o traballo de habilidades sociais, educación en valores... 

Neste tipo de sesión faise un seguemento moi individualizado que permite compartir o traballo e os resultados coas familias e incluso cos centros educativos. 

Dende DINAMO disponemos de persoal con ampla experiencia neste tipo de actividades e servizos. Se queres recibir máis información podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




martes, 5 de diciembre de 2017

DINAMO organizou as Actividades Lúdicas da Festa do Outono da Cidade Vella (A Coruña)

O pasado 11 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou boa parte das actividades lúdicas da Festa do Outono da Cidade Vella da Coruña.

Ademáis de decorar a praza coa temática de Samaín leváronse a cabo Obradoiros de Decoración de Cabazas, Contacontos de Medo, xincana de xogos populares e tradicionais...

Dende DINAMO realizamos todo tipo de actividadade vencelladas co Samaín, co tempo dos Magostos... Se queres recibir a nosa proposta só tes que chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com