miércoles, 15 de mayo de 2013

Todas as actividades de DINAMO para celebrar o Día das Letras Galegas

Nestes días, arredor do 17 de Maio, dende DINAMO organizamos unha manchea de actividades para conmemorar e dar a coñecer a figura de Roberto Vidal Bolaño, o dramaturgo homenaxeado este ano.

Un das principais actividades é "Espaguetes á Bolañesa", un contacontos sobre a vida e obra de Vidal Bolaño, narrado por Caxoto Contacontos. Desta maneira achégase ás máis cativas e cativos a figura do autor compostelán.

Algunhas das actividades que levaremos a cabo son:

Luns 13. 17:00. Monólogo de Pedro Brandariz. Na Casa da Cultura de San Cibrao. Cervo.
Xoves 16. 19:30.No CLX Portaberta. Xincana sobre Autores/as Galegos/as
Venres 17. 19:30. Monólogo de Victor Grande. No Concello de Fisterra.
Venres 17. 20:00. "Espaguetes á Bolañesa". Edificio do Liceo. Betanzos
Sábado 18. 11:00. "Espaguetes á Bolañesa", Biblioteca de Narón.
Martes 22. 10:40. Obradoiro "Vidal Bolaño Pop" no IES Aquis Celenis. Caldas de Reis.
...



jueves, 9 de mayo de 2013

DINAMO participa na Hora do Conto das Bibliotecas de Oleiros


Nos meses de Abril e Maio estase a levar a cabo o Programa "A Hora do Conto" nas Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros. Este programa é todo un clásico da animación á lectura das bibliotecas oleirenses.

Desta volta a participación de DINAMO veu da man do monologuista, cómico e contacontos Pedro Brandariz que narrou un feixe de historias nas bibliotecas de Santa Cruz e de Lorbé, para un abultado público de cativas, cativos, nais e pais en cada unha das bibliotecas

Na sesión de abril (Biblioteca de Santa Cruz) os contos e historias serviron para conmemorar o Día Internacional do Libro e a Lectura, mentres que a sesión de maio (Biblioteca de Lorbé) foi encamiñada cara o coñecemento da figura de Roberto Vidal Bolaño, a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.

Dende DINAMO contamos cun amplo catálogo de espectáculos para as máis cativas e cativos, así como diferentes contadoras e contadores de historias. Se queres recibir máis información podes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com


miércoles, 8 de mayo de 2013

DINAMO organiza un Obradoiro de Creatividade no IES Fragas do Eume

Dende o pasado mes de marzo e ata o remate do curso escolar, todas as alumnas e alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria do IES Fragas do Eume están a participar nun Obradoiro de Creatividade, impartido por Pedro Brandariz. Cada grupo participa nunha sesión semanal.

O obxectivo destas sesións é acadar un nivel óptimo de desinhibición escénica, así como a adquisición de capacidades creativas, para que as mozas e mozos desenvolvan a súa expresión oral e corporal.

Trabállase dende as técnicas escénicas (teatro, clown, improvisación, narración oral...) as cicncias audiovisuais ... 

Estas actividades son dinamizadas pola equipa educativa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL e promovidas polo Concello de Cabanas que sugrafa os custes das mesmas.

martes, 7 de mayo de 2013

DINAMO organiza un Obradoiro de Grafite en Padrón

O pasado 19 de abril DINAMO organizou un Obradoiro de Grafite no Concello de Padrón, concretamente nunha xornada temática sobre o voluntariado.

De feito o grafite levou como mensaxe central "Padrón Solidario". A actividade estivo dinamizada polo recoñecido grafiteiro coruñés Aiser, e contou co apoio da equipa educativa de DINAMO.

Dende DINAMO levamos a cabo moitas actividades deste tipo, específicas para a xuventude e propias da cultura urbana: grafite, breakdance, hip-hop... Se queredes recibir máis información podes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico dinamo@dinamoxestion.com






jueves, 2 de mayo de 2013

DINAMO presenta a súa Proposta de Actividades para as Letras Galegas #RVB2013

Chega maio cheo de letras, de libros, de teatro e as actividades culturais florecen por todos os recunchos. Por iso dende DINAMO presentamos a nosa Proposta de Actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, adicada principalmente a lembrar a figura de Roberto Vidal Bolaño, ademáis de fomentar o uso da lingua galega, así como os hábitos de lectura. 

Presentamos unha manchea de propostas de moi diferente calado, dende obradoiros lúdicos ata espectáculos teatrais, xincanas temáticas, concertos, actividades formativas ... Ademais o abano de actividades vai dende as máis cativas e cativos ata as persoas adultas. 

A proposta estrela é o espectáculo "Espaguetes á Bolañesa", un espectáculo de narración oral, protagonizado por dous grandes da escena galega (Pedro Brandariz e Felípe Díaz "Caxoto") que achegará ás nenas e nenos a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño.

Se queres recibir o noso catálogo de actividades podes solicitalo no 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com

Nos vindeiros días iremos dando a coñecer as actividades que iremos levando a cabo por toda a xeografía galega.