Mostrando entradas con la etiqueta xincana. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xincana. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de enero de 2022

DINAMO organizou o "Desafío do Apalpador" no CEIP Pazo da Mercé (As Neves)

O pasado 20 de decembro a equipa profesional de DINAMO organizou o "Desafío do Apalpador" no CEIP Pazo da Mercé de As Neves.

As alumnas e alumnos do colexio pontevedrés gozaron dunha mañá diferente paraticipando nunha manchea de xogos e probas temáticas arredor da figura e da tradición do Apalpador. Dunha mneira lúdica e dinámica coñeceron a súa orixe, o seu día a día, o que xeracións e xeracións foron transmitindo de nais / pais a fillas/os sobre o "carboeiro" do Courel que apalpaba a barriguiña das cativas e cativos e lle deixaba castañas e xoguetes.

O "Desafía do Apalpador" é unha magnífica actividade para celebrar o Nadal en centros educativos, entidades sociais, departamentos municipais...

domingo, 16 de enero de 2022

DINAMO organizou o "Desafío do Apalpador" no CEIP Alborada (A Coruña)

Os pasados 14 e 15 de decembro a equipa profesional de DINAMO organizou o "Desafío do Apalpador" no CEIP Alborada da Coruña.

O "Desafío do Apalpador" trátase dun gran xogo de probas e pistas arredor da figura do carboeiro do Courel, que en Nadal visita as casas das nenas e nenos para apalparlle as súas barriguiñas e deixarlle castañas e agasallos. As pistas e probas van encamiñadas a que as cativas e cativos descubran a tradición do Apalpador dunha maneira lúdica, a través de xogos, cancións, probas...

Esta actividade de Nadal foi unha das máis demandadas polos centros educativos para celebrar estas festas dunha maneira diferente, activa e dinámica.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades de Nadal, dende animacións teatrais e musicais, ata xincanas, pasando por espectáculos, contacontos...

jueves, 6 de enero de 2022

DINAMO organizou 6 Xincanas pola Igualdade no CEIP Barrié de la Maza (Mondego, Sada)

O pasado 10 de decembro a equipa profesional de DINAMO organizou un total de 6 Xincanas pola Igualdade para o alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria do Colexio Barrié de la Maza, de Mondego, Sada.

As alumnas e alumnos repartidos nos seus correspondentes grupos-burbulla participaron nunha actividade temática para concienciar na igualdade de xénero e na prevención das violencias machistas. Trátase de xogos, dinámicas, probas, entretementos que supoñen unha clara inmersión na perspectiva de xénero, dende un punto de vista positivo e optimista.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades educativas para centros de ensino, departamentos municipais, asociacións... e outras entidades.

martes, 28 de diciembre de 2021

DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó CEIP Galán (Oseiro. Arteixo)

O pasado 19 de novembro a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó CEIP Galán de Oseiro (Arteixo). 

As cativas e cativos e as súas familias gozaron dunha tarde de xogos populares e tradicionais para todas as idades.

A rá, o sapo, os aros, o metediscos, os zancos, o tiralatas, os bolos... son só algúns dos máis de trinta xogos que conforman a Caravana de Xogos Populares.

Dende DINAMO levamos os nosos xogos tradicionais a todo tipo de localizacións e organízanse de moi diferentes maneiras, adaptándonos ás circunstancias de cada cliente.



martes, 22 de junio de 2021

DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares ó CEIP Igrexa-Calo (Teo)

O pasado 18 de xuño a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó CEIP Igrexa-Calo de Teo.

As nenas e nenos xogaron con diferentes xogos populares e tradicionais como a rá, os zancos, o metediscos, o tiralatas, os bolos, a chave, os sacos, os aros... que se repartiron en diferentes módulos que foron desinfectados e hixienizados segundo os protocolos derivados da COVID19.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de eventos vencellados cos xogos populares e tradicionais por toda Galicia.

miércoles, 16 de junio de 2021

DINAMO organizou Xincanas pola Igualdade nas Escolas Unitarias de Vimianzo

O pasado 11 de xuño a  equipa profesional de DINAMO levou a cabo tres xincanas temáticas en igualdade nas Escolas Unitarias de Vimianzo. 

As actividades desenvolvéronse no CEIP Castromil, na EEI Carantoña e na EEI Carnés. Dúas educadoras/es levaron a cabo unha serie de probas, dinámicas e xogos en torno á igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas.

A través das diferentes dinámicas abórdanse os estereotipos e roles de xénero, as discriminacións que sufren as mulleres e as consecuencias tan graves que o machismo actual ten na sociedade. Todo isto dende unha perspectiva de xénero e dende un punto de vista positivo e optimista.

Dende DINAMO organizamos unha manchea de actividades diferentes en torno á igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas.



sábado, 12 de junio de 2021

DINAMO organizou Xincanas das Letras Galegas en diferentes colexios de Galicia

O pasado mes de maio a equipa profesional de DINAMO levou a cabo varias Xincanas das Letras Galegas en diferentes centros educativos da xeografía galega. 

As nenas e nenos aprenderon dunha maneira lúdica e divertida unha morea de cousas sobre a cultura galega, o noso idioma e as escritoras/es das Letras Galegas.

A partir de xogos e dinámicas descubriron que dos máis de 60 autores homenaxeados no Día das Letras Galegas tan só hai 5 mulleres. Puxeron en valor a vida e a obra desas 5 escritoras, que van dende Rosalía de Castro ata Xela Arias, a homenaxeada neste 2021.

Os centros nos que se levaron a cabo estas xincanas foron o CEIP A Maía (Bertamiráns, Ames), CEIP Ponte do Porto (Camariñas), CEIP Cardeal Quiroga Palacios (Santiago de Compostela), e CEIP Santa María do Castro (Boiro).

Dende DINAMO organizamos unha manchea de actividades a prol da lingua e a cultura galega, tanto lúdicas como didácticas e formativas.



viernes, 28 de mayo de 2021

DINAMO organizou a Xincana do Camiño na Cidade da Cultura

Os pasados 24 e 25 de abril a equipa profesional de DINAMO organizou e dinamizou a Xincana do Camiño, unha proposta didáctica e lúdica para familias.

Instaláronse diferentes módulos didácticos con xogos populares e tradicionais galegos nos que as familias en pequenos grupos de convivintes tiveron que superar diferentes probas vencelladas con diferentes xogos populares.

Cada módulo simulaba unha etapa do camiño xacobeo da Vía da Prata en Galicia, co obxectivo de dar a coñecer esta vía xacobea.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de xincanas didácticas e lúdicas para todo tipo de equimanentos culturais, museos, centros educativos...





domingo, 18 de abril de 2021

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no CEIP Alborada

 O pasado 25 de marzo a equipa educativa de DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no CEIP Alborada, con diferentes actividades para cada grupo escolar ou aula.

As e os participantes na xincana tiveron que superar unha serie de probas temáticas en igualdade de xénero, traballando sobre os estereotipos e roles de xénero, as discriminacións derivadas deste sistema machista, as consecuencias que teñen para as mulleres dende os micromachismos ata as cuestións consideradas como violencia machista.

Todo isto enfocado dende un punto de vista positivo e optimista centrado en promover relacións afectivas saudables e igualitarias. 

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades lúdicas e formativas en igualdade de xénero en particular, así como na educación en valores en xeral.





miércoles, 14 de abril de 2021

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no CEIP Curros Enríquez de Ourense

 O pasado 9 de marzo a equipa educativa de DINAMO levou a cabo unha serie de xincanas temáticas en igualdade de xénero con diferentes grupos do CEIP Curros Enríquez de Ourense.

As xincanas, adaptadas totalmente ás circunstancias COVID19, compóñense de diferentes probas lúdicas e didácticas sobre a perspectiva de xénero. A partir de xogos e dinámicas trabállase os roles de xénero, os estereotipos, as discriminacións... pero sobre todo unha perspectiva positiva, promovendo relacións afectivas sanas e positivas, a prevención de todo tipo de violencias machistas...

Dende DINAMO realizamos todo tipo de actividades didácticas en moi diferentes formatos: xincanas, obradoiros, sesións temáticas, contacontos...



jueves, 1 de abril de 2021

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos)

O pasado 8 de marzo a equipa educativa de DINAMO organizou unha xincan pola igualdade en Mazaricos, máis concretamente no CEIP Víctor Sáenz. Nesta actividade participaron todas as alumnas e alumnos de Educación Infantil e Primaria do centro.

As cativas e cativos pasaron unha mañá diferente realizando todo tipo de xogos e dinámicas temáticas encamiñadas cara a sensibilización en igualdade de xénero. Dunha maneira lúdica e divertida as pequenas e pequenos traballaron sobre os estereotipos e roles de xénero, os micromachismos, as discriminacións, as violencias machistas... e sobre todo novas formas relacionais baseadas na igualdade e na equidade, novas masculinidades...

Dende DINAMO levamos a cabo todo tipo de actividades en torno á igualdade de xénero e prevención das violencias machistas.

Ademais todas as actividades que realizamos nestes tempos cumpren todos os protocolos hixiénicos e sanitarios esixidos pola actual crise sanitaria da COVID19. Todas as e os participantes e o monitorado utilizan máscaras de protección, trabállase por grupos burbulla e entre cada grupo desinfectase todo o material utilizado. Así mesmo as e os participantes desinféctanse con xel hidroalcólico no comezo e no remate da actividade. 





martes, 2 de julio de 2019

DINAMO levou a cabo unha Xincana pola Igualdade en Moeche

O pasado 29 de Xuño a equipa profesional de DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no Mercado de Moeche, na que as nenas e nenos participantes aprenderon a detectar estereotipos de xénero, micromachismos e conductas non igualitarias, co obxectivo de una vez identificadas poder axudar a previr que se produzan na vida real. 

A xincana temática está conformada por probas lúdico-didácticas que resultan moi atractivas para as cativas e cativos. Dende DINAMO organizamos numerosas xincanas en igualdade de xénero en moitos concellos, centros educativos, entidades sociais…



jueves, 19 de marzo de 2015

DINAMO organiza as actividades da Día da Árbore de Culleredo

O vindeiro 21 de marzo é o Día Internacional das Árbores, e no Concello de Culleredo sempre levan a cabo un gran programa de actividades de sensibilización para as máis cativas e cativos.

Este ano, e coa xestión da equipa educativa de DINAMO, o programa de actividades consta de varias sesións de contacontontos e unha gran festa-xincana final temática.

O mércores 18 e xoves 19 desénvolveronse dúas sesións de contacontos por xornada. Contacontos arrador da sorprendente vida das árbores e de toda a vida que hai arredor dela: animais, trasnos... Todas as historias teñen o obxectivo de concienciar no coidado das árbores e dos bosques. 

E o vindeiro día 23 de marzo pecharase a campaña cunha gran festa no Xardín Botánico do Burgo. A festa contará con bailes, actuacións, xincana de probas, e moitas sorpresas. 

Dende DINAMO dispoñemos dun amplo catálogo de actividades de Educación Ambiental. Se queres máis información podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com








martes, 6 de agosto de 2013

DINAMO organizou unha Xincana Acuática en Boimorto

O pasado domingo 4 de agosto, unhas cuarenta rapazas e rapaces participaron nunha xincana acuática, dinamizada pola equipa profesional de DINAMO, na piscina municipal de Boimorto.

A xincana enmarcábase dentro dun extenso programa de actividades para as máis cativas e cativos. Pero durante unha hora, as e os participantes molláronse con divertidas probas que tiveron que superar en pequenos grupos.

As probas e a xincana non só foi moi entretida para as nenas e nenos, senón tamén para o "público" espontáneo que se foi formando, composto por nais, pais, e outros familiares que se entretiñan a gargalladas contemplando as diferentes probas.

DINAMO leva a cabo todo tipo de actividades lúdicas e educativas para as cativas e cativos, tanto de pequena como de gran escala. Se queres solicitar información podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com



jueves, 2 de mayo de 2013

DINAMO presenta a súa Proposta de Actividades para as Letras Galegas #RVB2013

Chega maio cheo de letras, de libros, de teatro e as actividades culturais florecen por todos os recunchos. Por iso dende DINAMO presentamos a nosa Proposta de Actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, adicada principalmente a lembrar a figura de Roberto Vidal Bolaño, ademáis de fomentar o uso da lingua galega, así como os hábitos de lectura. 

Presentamos unha manchea de propostas de moi diferente calado, dende obradoiros lúdicos ata espectáculos teatrais, xincanas temáticas, concertos, actividades formativas ... Ademais o abano de actividades vai dende as máis cativas e cativos ata as persoas adultas. 

A proposta estrela é o espectáculo "Espaguetes á Bolañesa", un espectáculo de narración oral, protagonizado por dous grandes da escena galega (Pedro Brandariz e Felípe Díaz "Caxoto") que achegará ás nenas e nenos a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño.

Se queres recibir o noso catálogo de actividades podes solicitalo no 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com

Nos vindeiros días iremos dando a coñecer as actividades que iremos levando a cabo por toda a xeografía galega.



lunes, 11 de marzo de 2013

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade en Moraña

O pasado venres, 8 de Marzo, foi o Día Internacional das Mulleres e DINAMO levou a cabo múltiples actividades conmemorativas. Unha delas foi unha Xincana pola Igualdade no concello pontevedrés de Moraña.

Durante dúas horas as cativas e cativos divertíronse cunha serie de probas temáticas no eido da igualdade. Desta maneira ademáis de ofrecerlles unha actividade lúdica tamén se traballa na sensibilización en igualdade de xénero, rompendo os estereotipos sexistas, os roles de xénero ...

As probas van encamiñadas cara a consecución de actitudes e aptitudes de corresponsabilidade, sobre todo nas tarefas do fogar. "Non consiste en axudar, senón en repartir" é unha das principales mensaxes que lembraron as cativas e cativos ó finalizar a actividade.


viernes, 9 de noviembre de 2012

DINAMO animou a XXIII Feira do Mel de Oleiros

O pasado domingo 4 de Novembro celebrouse no Mercado Municipal de Perillo (Oleiros) a XXIII edición da Feira do Mel, unha cita ineludible no outono oleirense.  Dentro das actividades complementarias a equipa profesional de DINAMO encargouse da animación das máis cativas e cativos. 

A través de grandes xogos, xincanas e obradoiros as nenas e nenos pasaron unha tarde moi divertida aprendendo un feixe de cousas sobre o mel, as abellas e a apicultura. Namentras as súas nais e pais poideron visitar tranquilamente todos os stands da feira, así como facer as mercas oportunas.

A Feira do Mel está organizada polo Concello de Oleiros e conta coa participación de boa parte das apicultoras/es de Galicia



miércoles, 6 de junio de 2012

Actividades Lúdicas para as Festas do Verán, a nova proposta de DINAMO

Mentres imos dando a benvida ao verán e se van preparando as festas e celebracións populares dende DINAMO damos a coñecer a nosa Proposta de Actividades Lúdicas para as Festas do Verán.

Propoñemos a celebración de xincanas, xogos populares, festas temáticas, obradoiros, sesións de xogos ... para complementar as festas de vilas, aldeas e cidades.

Se queredes recibir a nosa proposta podedes solicitala no 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com


lunes, 4 de junio de 2012

DINAMO presenta a súa Proposta de Actividades para Fin de Curso

Todos os anos, coa chegada co mes de xuño, a actividade nos colexios e centros educativos revolucionase, pois está moi próximo o remate do curso escolar.


Nos últimos días lectivos en todos os centros levanse a cabo festas e actividades lúdicas para despedir o curso dunha maneira amena e divertida.


Dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais ofrecemos unha ampla proposta de posibilidades para levar a cabo no remate de curso: festas temáticas, animación musical, obradoiros, xincanas, espectáculos teatrais ...


Ademais adaptamos as actividades para todas as idades, tanto para as cativas e cativos de Educación Infantil ou Primaria como para as mozas e mozos de Educación Secundaria.


Se queredes que vos enviemos a proposta detallada solicitadea no 647.488.688 ou no correo electrónico dinamo@dinamoxestion.com

jueves, 15 de diciembre de 2011

DINAMO participa no Festival Ecolóxico TERRACTIVA de Arzúa


Esta fin de semana a equipa profesional de DINAMO participará en diferentes accións do Festival Ecolóxico Terractiva, que xestiona a empresa Coperactiva Cultural e conta coa promoción do Concello de Arzúa e a Deputación da Coruña.


Durante toda a fin de semana dúas monitoras/es de DINAMO levarán a cabo as actividades da Eco-Ludoteca, na que participarán as máis pequenas e pequenos. Obradoiros ecolóxicos, xogos ambientais, xincanas … serán algunha das actividades que se desenvolverán durante o sábado 17 e domingo 18 de outubro.


Ademáis, o domingo 18, ás 17:30 Pedro Brandariz dinamizará un Obradoiro de Consumo Responsable para todas as persoas interesadas.


O Festival Terractiva é unha cita ineludible nos meses de outono na vila de Arzúa onde se poden descubrir unha manchea de entidades, iniciativas e actividades vencelladas cun estilo de vida sostible e saudable. Feira ecóloxica, teatro, música, actividades formativas, obradoiros, charlas, roteiros, demostracións ...  faise difícil non atopar nada que non che interese. 


Agardámoste.