sábado, 24 de abril de 2021

DINAMO creou un Video Didáctico sobre Residuos para a Casa Grande de Xanceda

A equipa educativa e artística de DINAMO creou un video didáctico sobre residuos e a súa xestión para a Casa Grande de Xanceda.

Deseñamos e realizamos un vídeo formativo sobre a separacion en orixe dos residuos e a súa xestión na Planta de Tratamento de Residos de SOGAMA. Esta peza audiovisual ten como principal obxectivo servir de formación para o persoal da Casa Grande de Xanceda. Dunha maneira entretida e dinámica abórdase os 3 R, nomeadamente a reducción, a reutilización e a reciclaxe.

Dende DINAMO producimos diferentes proxectos audiovisuais didácticos e formativos de moi diferentes temas.



martes, 20 de abril de 2021

DINAMO organizou un "Parti da Igualdade" en Catoira

 O pasado 17 de abril a equipa educativa de DINAMO levou a cabo un Obradoiro en Igualdade de Xénero titulado "Parti da Igualdade" no Concello de Catoira.

Trátase dunha nova actividade lúdica destinada a traballar a perspectiva de xénero dunha maneira dinámica e divertida con nenas e nenos de 6 a 12 anos. Durante 90 minutos as e os participantes deben superar unha serie de probas seguindo a metodoloxía e a estrutura do clásico xogo "Party&Co" con preguntas, retos, dinámicas...

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades lúdicas e formativas en igualdade de xénero para levar a cabo en concellos, entidades sociais, centros educativos...



domingo, 18 de abril de 2021

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no CEIP Alborada

 O pasado 25 de marzo a equipa educativa de DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no CEIP Alborada, con diferentes actividades para cada grupo escolar ou aula.

As e os participantes na xincana tiveron que superar unha serie de probas temáticas en igualdade de xénero, traballando sobre os estereotipos e roles de xénero, as discriminacións derivadas deste sistema machista, as consecuencias que teñen para as mulleres dende os micromachismos ata as cuestións consideradas como violencia machista.

Todo isto enfocado dende un punto de vista positivo e optimista centrado en promover relacións afectivas saudables e igualitarias. 

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades lúdicas e formativas en igualdade de xénero en particular, así como na educación en valores en xeral.





viernes, 16 de abril de 2021

DINAMO organizou un Ciclo de Contacontos en Igualdade en Fisterra

No pasado mes de marzo o Concello de Fisterra organizou un ciclo de contacontos nos centros de ensino do concello, levando diferentes espectáculos a prol da igualdade, a cargo de Pedro Brandariz.

Os espectáculos escollidos foron "Non Máis Princesas" e Heroes e Heroas", ambos cunha fonda perspectiva de xénero, con historias lúdicas e moi divertidas, encamiñadas á sensibilización na igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas.

O 17 de marzo foron catro pases no Colexio Nosa Señora do Carme, e o 18 de marzo foi o turno do CEIP Mar de Fora e o CEIP Areouta con tres pases en cada centro.

O número de pases foi tan elevado debido a que se realizou unha sesión por cada grupo-aula, para cumprir os protocolos de hixiene e seguridade esixidos pola actual crise da COVID19.



miércoles, 14 de abril de 2021

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no CEIP Curros Enríquez de Ourense

 O pasado 9 de marzo a equipa educativa de DINAMO levou a cabo unha serie de xincanas temáticas en igualdade de xénero con diferentes grupos do CEIP Curros Enríquez de Ourense.

As xincanas, adaptadas totalmente ás circunstancias COVID19, compóñense de diferentes probas lúdicas e didácticas sobre a perspectiva de xénero. A partir de xogos e dinámicas trabállase os roles de xénero, os estereotipos, as discriminacións... pero sobre todo unha perspectiva positiva, promovendo relacións afectivas sanas e positivas, a prevención de todo tipo de violencias machistas...

Dende DINAMO realizamos todo tipo de actividades didácticas en moi diferentes formatos: xincanas, obradoiros, sesións temáticas, contacontos...



sábado, 3 de abril de 2021

DINAMO organizou un ciclo de Contacontos pola Igualdade no Concello de Oroso

 Os pasados 24, 25 e 26 de marzo o Concello de Oroso organizou un ciclo de contacontos nos centros de ensino do concello, levando diferentes espectáculos a prol da igualdade, a cargo de Pedro Brandariz.

Os espectáculos escollidos foron "Non Máis Princesas" e Heroes e Heroas", ambos cunha fonda perspectiva de xénero, con historias lúdicas e moi divertidas, encamiñadas á sensibilización na igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas.

O 24 de marzo foron tres pases no CEIP Camiño Inglés, o 25 de marzo catro pases nos diferentes CRAs de Oroso, e finalmente o 26 de marzo fixemos 6 pases no CEIP Sigüeiro. Todas as sesións estiveron destinadas ao alumnado de Educación Infantil dos centros.

O número de pases foi tan elevado debido a que se realizou unha sesión por cada grupo-aula, para cumprir os protocolos de hixiene e seguridade esixidos pola actual crise da COVID19.



jueves, 1 de abril de 2021

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos)

O pasado 8 de marzo a equipa educativa de DINAMO organizou unha xincan pola igualdade en Mazaricos, máis concretamente no CEIP Víctor Sáenz. Nesta actividade participaron todas as alumnas e alumnos de Educación Infantil e Primaria do centro.

As cativas e cativos pasaron unha mañá diferente realizando todo tipo de xogos e dinámicas temáticas encamiñadas cara a sensibilización en igualdade de xénero. Dunha maneira lúdica e divertida as pequenas e pequenos traballaron sobre os estereotipos e roles de xénero, os micromachismos, as discriminacións, as violencias machistas... e sobre todo novas formas relacionais baseadas na igualdade e na equidade, novas masculinidades...

Dende DINAMO levamos a cabo todo tipo de actividades en torno á igualdade de xénero e prevención das violencias machistas.

Ademais todas as actividades que realizamos nestes tempos cumpren todos os protocolos hixiénicos e sanitarios esixidos pola actual crise sanitaria da COVID19. Todas as e os participantes e o monitorado utilizan máscaras de protección, trabállase por grupos burbulla e entre cada grupo desinfectase todo o material utilizado. Así mesmo as e os participantes desinféctanse con xel hidroalcólico no comezo e no remate da actividade.