jueves, 1 de abril de 2021

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos)

O pasado 8 de marzo a equipa educativa de DINAMO organizou unha xincan pola igualdade en Mazaricos, máis concretamente no CEIP Víctor Sáenz. Nesta actividade participaron todas as alumnas e alumnos de Educación Infantil e Primaria do centro.

As cativas e cativos pasaron unha mañá diferente realizando todo tipo de xogos e dinámicas temáticas encamiñadas cara a sensibilización en igualdade de xénero. Dunha maneira lúdica e divertida as pequenas e pequenos traballaron sobre os estereotipos e roles de xénero, os micromachismos, as discriminacións, as violencias machistas... e sobre todo novas formas relacionais baseadas na igualdade e na equidade, novas masculinidades...

Dende DINAMO levamos a cabo todo tipo de actividades en torno á igualdade de xénero e prevención das violencias machistas.

Ademais todas as actividades que realizamos nestes tempos cumpren todos os protocolos hixiénicos e sanitarios esixidos pola actual crise sanitaria da COVID19. Todas as e os participantes e o monitorado utilizan máscaras de protección, trabállase por grupos burbulla e entre cada grupo desinfectase todo o material utilizado. Así mesmo as e os participantes desinféctanse con xel hidroalcólico no comezo e no remate da actividade. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario