domingo, 29 de octubre de 2017

DINAMO encargouse do Programa de Actividades Lúdicas do Encontro Autonómico de Down Galicia

O pasado 21 de outubro a equipa profesional de DINAMO encargouse do Programa de Actividades Lúdicas do Encontro Autonómico de de Persoas Usuarias, Familiares e Profesionais de Down Galicia, celebrado no IES Politécnico de Santiago de Compostela e que reuniu a máis de 400 persoas. 

Durante toda a xornada as nenas/os e mozas/os participaron nun amplo programa de actividades lúdicas, artísticas, manuais, deportivas, escénicas, audiovisuais... dinamizadas por unha equipa de máis de 14 educadoras/es pertencentes a DINAMO.

Houbo grupos dende case neonatos (0-3 anos) ata os maiores de idade (+ 18 anos), e todos tiveron actividades acaídas ás súas idades, coñecementos e intereses.

Dende DINAMO traballamos na coordinación e dinamización de grandes grupos e ademáis contamos cunha ampla experiencia no eido da diversidade funcional.



jueves, 26 de octubre de 2017

"A Carapuchina Feroz" un novo proxecto da factoría DINAMO

En DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais estamos de estrea. A partir do 28 de outubro iniciamos un novo proxecto empresarial, abrindo as portas dunha nova librería infantil, "A Carapuchina Feroz". 

Pode que nos tempos que corren abrir un espazo adicado á literatura infantil e xuvenil sexa una auténtica utopía, incluso una tolemia, pero á equipa profesional de DINAMO vivimos de retos, xa sexa dende o eido socioeducativo, cultural ou escénico. 

"A Carapuchiña Feroz" pretende ser unha librería viva, dinámica e chea de actividade. Levaremos a cabo diferentes plans de dinamización sociocultural e de animación á lectura. Faremos obradoiros, contacontos, presentaciíns de libros, clubes de lectura, actividades para as familias... ahh e tamén venderemos libros.

A librería está ubicada na rúa Fanny Garrido da cidade da Coruña, ao ladiño das oficinas de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.



domingo, 22 de octubre de 2017

DINAMO leva a cabo os Obradoiros de Bó Trato nos IES de Cambre

A pasada semana comezaron nos Institutos de Ensino Secundario de Cambre os Obradoiros de Bó Trato, dentro do Programa de Prevención da Violencia de Xénero do Concello de Cambre. 

Durante os meses de outubro e novembro a equipa profesional de DINAMO desenvolverá catro sesións de traballo con 9 grupos-aula, do IES David Buján e IES Alfonso X O Sabio.

As actividades rematarán na semana do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, realizando una gran campaña de sensibilización, que se enmarcará dentro do programa de "Cambre en Negro contra a Violencia de Xénero"

Dende DINAMO levamos a cabo moi diferentes programas educativos de prevención das violencias machistas, de educación afectivo-sexual, de educación para a saúde...


viernes, 13 de octubre de 2017

DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares á Cervefeira de Sada

O pasado 1 de outubro a equipa profesional de DINAMO organizou unha tarde de xogos tradicionais na Cervefeira de Sada, una feira adicada á promoción das cervexas de elaboración artesanal.

Durante toda a tarde as cativas/os e maiores poideron divertirse cos máis de 30 xogos tradicionais que se instalan na actividade da "Caravana dos Xogos Populares".

Dúas monitoras/es instalan todos os xogos e despois explican o funcionamento e a dinámica dos mesmos, animan a participar e dinamizan un espazo público dunha maneira moi creativa.

Se queres que a "Caravana dos Xogos Populares" recale na túa praza, no teu centro, na túa vila tan só tes que chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


martes, 10 de octubre de 2017

DINAMO leva a cabo un Programa de Alfabetización para Persoas Adultas no Centro Cívico de Palavea

Durante os meses de setembro, outubro e novembro a equipa profesional de DINAMO desenvolve un Curso de Alfabetización para Persoas Adultas no Centro Cívico de Palavea.

O curso ten unha duración de 50 horas, repartidas en 25 sesións de dúas horas cada unha. En cada sesión realízanse actvidades conxuntas, pero sobre todo lévase a cabo un traballo individualizado para partir do nivel e dos coñecementos de cada participante.

A actividade parte da Concelleria de Serizos Sociais e Coidados do Concello da Coruña.

Dende DINAMO organizamos actividades de alfabetización, apoio e reforzo escolar, técnicas de estudo... Se queres recibir o noso catálogo formativo podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




lunes, 9 de octubre de 2017

A Caravana dos Xogos Populares de DINAMO chegou ás Festas do Couto (Ponteceso)

O pasado 30 de Setembro a Aldea do Couto en Ponteceso celebrou as Festas do Sacramento, unha das múltiples citas festivas, lúdicas e culturais que dende a Asociación Monte Branco O Couto organizan durante todo o ano.

A equipa profesional de DINAMO tivemos a sorte de levar a nosa "Caravana de Xogos Populares" á citada festa. Así nenas e nenos, veciñas e veciños e demáis visitantes poideron xogar á rá, ó sapo, ós aros, á ferradura, ós zancos, ó tiralatas, ó metediscos, ó matraquiño, ós birlos, ó pescapeixes, ó pescabotellas, á tartaruga, ó recolle-recolle... e así ata máis de 30 xogos que instalamos e dinamizamos.

A "Caravana dos Xogos Populares" non para e despois dun verán cheo de viaxes inicia a tempada de Outono preparada para visitar Magostos e festas de Samaín.


domingo, 1 de octubre de 2017

DINAMO organizou un Curso de Mediadoras/es Escolares no IES Neira Vilas

Nos últimos días de setembro a equipa profesional de DINAMO organizou un Curso de Mediación para alumnas e alumnos do IES Neira Vilas. 

Durante una semana as mozas e mozos participaron nunha formación totalmente práctica aprendendo as diferentes fases e procesos da mediación escolar e practicando moi diferentes casuísticas. 

Con este curso preténdese que o alumnado teña  os recursos e capacidades para evitar as consecuencias negativas dos conflitos, mediar nos casos que sexa necesario e afrontar os mesmos desde un punto de vista positivo.

Dende DINAMO ofrecemos un amplo catálogo de accións formativas para os centros educativos, tanto de Educación Primaria como Secundaria.