O pasado 30 de Setembro a Aldea do Couto en Ponteceso celebrou as Festas do Sacramento, unha das múltiples citas festivas, lúdicas e culturais que dende a Asociación Monte Branco O Couto organizan durante todo o ano.
A equipa profesional de DINAMO tivemos a sorte de levar a nosa "Caravana de Xogos Populares" á citada festa. Así nenas e nenos, veciñas e veciños e demáis visitantes poideron xogar á rá, ó sapo, ós aros, á ferradura, ós zancos, ó tiralatas, ó metediscos, ó matraquiño, ós birlos, ó pescapeixes, ó pescabotellas, á tartaruga, ó recolle-recolle... e así ata máis de 30 xogos que instalamos e dinamizamos.
A "Caravana dos Xogos Populares" non para e despois dun verán cheo de viaxes inicia a tempada de Outono preparada para visitar Magostos e festas de Samaín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario