miércoles, 29 de junio de 2011

DINAMO e o CLX Portaberta organizan un Triple Concerto de Rap este venres 1 de Xullo.

O Centro de Lecer Xuvenil Portaberta, xestionado por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL, organiza para este venres 1 de Xullo un concerto de rap. Tal concerto contará coa participación de tres grupos:

-          Peter Rast
-          DobleDL
-          Dementes

Dende as 20:00 as mozas e mozos oleirenses poderán desfrutar das actuacións musicais no centro ubicado na rúa Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, nº5 de Santa Cruz, Oleiros.

O concerto do venres forma parte do amplo programa de actividades que se realizan diariamente no centro de lecer, destinado sobre todo a mozas e mozos de 12 a 18 anos.


martes, 28 de junio de 2011

Todas as datas de DINAMOteatro para o Mes de Xullo

Coa chegada do verán o teatro sae ás rúas e ás prazas e a compañía escénica DINAMOteatro comeza  a súa xira de verán. Caxoto Contacontos, Pedro Brandariz e DINAMOteatro  presentarán os seus espectáculos por toda a xeografía galega nos meses estivais.

De momento só adiantamos as datas do mes deXullo, pero en Agosto ides ter moitísimas ocasións de ver a DINAMOteatro. Ahí vos quedan as de Xullo:

Martes 28 de Xuño. Caxoto Contacontos. Carballedo.
Luns 4 de Xullo. Caxoto Contacontos. A Pobra de Caramiñal.
Xoves 14 de Xullo. DINAMOteatro. “A Familia do Pindirico”. Barbadás.
Venres 22 de Xullo. Caxoto Contacontos. Mesía
Sábado 30 de Xullo. Pedro Brandariz. Carballedo.
Domingo 31 de Xullo. Pedro Brandariz. Folgoso do Courel.


lunes, 27 de junio de 2011

DINAMO organiza unha charla sobre o Tabaquismo no Concello de Vilarmaior

O pasado sábado 25 de Xuño celebrouse na Casa da Cultura de Vilarmaior unha charla sobre o Tabaquismo,  referido ás causas, consecuencias e alternativas de tratamento.

A charla foi impartida por Dª Mª Carmen Míguez, Profesora da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Os contidos da disertación xiraron en torno a tres eixos: físico, psíquico e social. E a ponente deixou moi claro que é posible deixar de fumar sen sufrir.

Ademáis esta acción non é unha proposta aillada, senón que forma parte dun proxecto a longo prazo no que participarán todas as veciñas e veciños de Vilarmaior interesadas/os.
No mes de setembro aquelas persoas con problemas de tabaquismo poderán iniciar un tratamento coa psicóloga citada para abandonar a súa adicción. Tal tratamento ten unha duración de seis meses, con sesión semanas durante os dous primeiros meses, e con menor frecuencia nos seguintes.

Esta é unha nova vía de acción de DINAMO Xestión de Actividades Sociculturais SL que día a día innova no sector sociocultural.



miércoles, 22 de junio de 2011

DINAMO organiza actividades de fin de curso en múltiples centros escolares.

Coa chegada do verán acaban as obrigas escolares de nenas/os, mozas/os, mestras/es … e por iso moitos centros educacivos e asociación de nais e país organizan actividades lúdicas para despedir o curso escolar. E moitas veces contan con servizos externos, como os que presta DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.

De feito a equipa educativa de DINAMO organiza actividades de fin de curso en numerosos centros escolares. Algunha das actividades máis importantes son as seguintes:

Luns 20 e Mércores 22: Semana Cultural no IES Fragas do Eume
Martes 21: Festa de Fin de Curso no CEIP de Baamonde (Begonte)
Xoves 23: Obradoiros de Grafite e Makeo de Camisetas no CPI Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro)
Xoves 23: Monólogo de Pedro Brandariz no IES 12 de Outubro (Ourense)

Estas son só algunhas das actividades organizadas para festexar o peche do curso 2010/2011


lunes, 20 de junio de 2011

DINAMO xestiona o programa de actividades “SAÍDA 21” organizado polo Concello de Cabanas.

O programa “Saída 21” organizado polo Concello de Cabanas e que conta coa colaboración da Deputación da Coruña ofrece a todas as alumnas e alumnos do IES Fragas do Eume a posibilidade de participar nunha manchea de actividades culturais e xuvenís para pechar o curso escolar.

Neste programa non só participarán as mozas e mozos de Cabanas, senón todo o alumnado do centro, aínda que procedan doutros concellos: Pontedeume, A Capela, Monfero, Vilarmaior …

O nome do programa “Saída 21” refírese á saída da autoestrada AP-9  e quérese convertir nun sinal de identidade.

As actividades desenvolveranse os días 20 e 22 de Xuño, en horario escolar.

Luns 20
Obradoiro de Grafitte
Obradoiro de Clown
Obradoiro de Elaboración de Velas

Martes 22
Obradoiro de Curtametraxes
Xinkana Ecolóxica
Monólogo de Pedro Brandariz

Todas as actividades serán dinamizadas pola equipa educativa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.


miércoles, 15 de junio de 2011

O Concello de Cambre organiza a II Mostra Intercultural Solidaria

Os vindeiros sábado 18 e domingo 19 o Concello de Cambre, a través da Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Solidariedade,  organiza a II Mostra Intercultural Solidaria na que DINAMO xestiona e leva a cabo parte das actividades.

Dende as 11:30 ata as 21:00 dos dous días as veciñas e veciños de Cambre poderán coñecer as principais iniciativas solidarias e de voluntariado que xurden no concello cambrés e na súa área de influencia, así como participar en todas as actividades organizadas.

Ademáis dos stands informativos de ONGs, colectivos, asociacións, institucións, iniciativas … o programa de actividades está conformado por obradoiros infantís, animacións de rúa, charlas, demostracións, actuacións musicais e teatrais, contacontos …

A equipa educativa e escénica de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais dinamizará algunhas das actividades,e asimismo colaborará nas tarefas de coordinación.


lunes, 13 de junio de 2011

O vindeiro venres 17 de Xuño DINAMO participará na Xuntanza das Familias de Arteixo

O Concello de Arteixo  organiza unha xornada formativa e de convivencia para as familias do concello.  O venres 17 de Xuño dende as 16:00 no Centro Tecnolóxico as persoas inscritas participarán nas actividades:

-         Obradoiros formativos para persoas adultas, nais/pais, titoras/es e profesionais do ámbito socio-familiar.
     16:00 Recollida de Materiais
     16:15 Presentación da Xuntanza (a cargo do Alcalde e Concelleiro de Área)
     16:30 Conferencia de “Sonia Cervantes”
     “Da rebeldía ó cambio” Psicóloga e orientadora dos programas “El Campamento” e "Hermano Mayor”.
     18:30 Obradoiros Formativos
     19:30 Mesa Redonda “O acollemento familiar como alternativa de familia”
-         
          Obradoiros lúdicos para nenas e nenos.
As persoas adultas terán a oportunidade de inscribir ás/ós menores ó seu cargo. Haberá coidado de nenas e nenos.


As actividades lúdicas consistirán en xogos tradicionais, dinámicas cooperativas, inchables …


20:30 Actuación do Mago Berto.

As actividades lúdicas e parte das formativas están organizadas por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.

Para máis información ou para inscribirse pódese chamar  ó 981.640.836 ou entrar na páxina web www.arteixo.org (as actividades son totalmente gratuitas).


jueves, 2 de junio de 2011

A equipa de DINAMO imparte un Obradoiro de Habilidades para a Busca de Emprego en Arteixo

A equipa educativa de DINAMO imparte durante este mes de xuño un obradoiro de achegamento ó mundo laboral e ás técnicas de busca de emprego. A actividade está principalmente dirixida á poboación xitana do Concello de Arteixo.

Os obxectivos xerais destas acción son:
-   Facilitar o acceso á rede de recursos normalizados de emprego e formación.
- Coñecer e valorar as propias capacidades e habilidades e tomar conciencia da importancia que teñen nos contextos laborais.
   Favorecer o acceso ó emprego normalizado.

Utilizaranse distintas técnicas e dinámicas de grupo, así como diferentes recursos tecnolóxicos, internet ... que funcionarán como elementos motivadores da participación. 

A actividade está dentro dun programa moito máis amplio que o Concello de Arteixo destina para toda a poboación xitana.