domingo, 30 de junio de 2019

DINAMO organizou a Festa de Fin de Curso do CEIP Celso Currás (Trabada)

O pasado 21 de xuño a equipa profesional de DINAMO organizou una Festa de Animación Musical para celebrar o Fin de Curso no CEIP Celso Currás de Trabada, con xogos, bailes, coreografías, globoflexia, maquillaxe…

As actividades de animación son unha das especialidades da equipa profesional de DINAMO, realizando todo tipo de eventos lúdicos por toda Galicia e durante todo o ano.


jueves, 27 de junio de 2019

DINAMO organizou a Festa de Fin de Curso da ANPA do CEIP Sanjurjo de Carricarte

O pasado 21 de xuño a equipa profesional de DINAMO organizou una manchea de actividades para celebrar o remate do curso escolar no CEIP Sanjurjo de Carricarte, da man da súa Asociación de Nais e Pais.

Festa de animación musical con bailes, xogos e coreografías, festa da escuma, caravana de xogos populares... foron algunhas das actividades nas que as cativas e cativos poideron participar.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de eventos lúdicos e de animación, aínda que sempre con carácter didáctico e pedagóxico.


lunes, 24 de junio de 2019

DINAMO organizou un Curso de Mediacion Escolar no IES de Ordes

No pasado mes de maio a equipa profesional de DINAMO organizou un pequeño Curso Formativo en Mediación Escolar no IES Nº1 de Ordes.

Unha selección de alumnas interesadas e interesados na mellora da convivencia do centro educativo recibiron tres xornadas formativas en técnicas de resolución pacífica de conflictos, máis concretamente ferramentas de mediación, aplicadas á convivencia escolar. 

A formación, eminentemente práctica, está composta por dinámicas e exercicios de simulación para que as e os participantes aprendan a dinamizar de maneira pautada un proceso de mediación real entre alumnas e alumnos.

Durante o curso escolar dende DINAMO organizamos numerosos obradoiros formativos de mediación escolar, prevención do acoso, resolución pacífica de conflictos...




domingo, 16 de junio de 2019

DINAMO organizou Obradoiros de Hip Hop pola Igualdade de Xénero en Sanxenxo

Os pasados 30 e 31 de maio a equipa profesional de DINAMO levou a cabo diferentes obradoiros de Rap pola Igualdade de Xénero e Prevención da Violencia Machista coa mocidade de Sanxenxo.

Unha equipa multidisciplinar formada por educadoras/es sociais e rapeiras/os fixo en cada sesión de traballo una introducción á temática da igualdade de maneira transversal, para logo abordar mínimamente a cultura hip-hop e a música rap, dando paso ó centro do traballo que foi a creación de rimas específicas pola igualdade de xénero e de prevención das violencias machistas, coa posterior posta en común e exhibición das rapeiras e rapeiros.

O obxectivo destas acción é traballar a igualdade entre mozas e mozos dende centros de interese potentes para a mocidade como ven sendo o rap.

Trátase dunha actividade que dende DINAMO desenvolvemento en moitos concellos, centros educativos, entidades sociais… polo que o sistema de traballo é moi rápido e eficaz.




domingo, 2 de junio de 2019

DINAMO organizou o Programa "Machismos GAME OVER" coa mocidade de Ponteceso

Durante os pasados meses de marzo, abril e maio a equipa profesional de DINAMO levou a cabo un Programa Educativo de Sensibilización en Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero no IES Eduardo Pondal de Ponteceso, por iniciativa da área de Servizos Sociais do Concello de Ponteceso.

As actividades consistiron en charlas educativas conformadas por dinámicas de grupo e exercicios participativos, deseño e edición de materiais gráficos (chapas e pegatinas)…

As alumnas e alumnos da ESO deseñaron os eslogans, logotipos e imaxes da campaña que despois foron editados e repartidos para todo o alumnado do centro.