lunes, 30 de noviembre de 2020

DINAMO creou un Vídeo Didáctico sobre o Samaín para o Concello de Carral

 No pasado mes de outubro a equipa educativa e audiovisual de DINAMO produciron un vídeo didáctico sobre o Samaín para o Concello de Carral.

Neste vídeo a educadora Laura Barreiros amósalle ás nenas e nenos como decorar a súa cabaza para a Noite de Defuntos, dende o baleirado da mesma ata os últimos detalles e ornamentos, ademáis de falar da tradición dos calacús ou cabazas, do Samaín e da Noite de Difuntos, dende o punto de vista antropolóxico.

Este actividade que se tería feito de maneira presencial en condicións normais realizouse a través de vídeo para adaptarse ás medidas derivadas da crise sanitaria da COVID19.

Dende DINAMO producimos todo tipo de vídeos didácticos e lúdicos para moi diferentes proxectos sociais, culturais...




lunes, 5 de octubre de 2020

DINAMO organiza o Programa Formativo en Consumo da OMIC da Coruña

Dende o pasado mes de setembro a equipa educativa de DINAMO encárgase da xestión e a execución do Programa Formativo en Consumo da Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras.

Un gran parte deste programa formativo corresponde ós centos de charlas, obradoiros e outras actividades dirixidas ós centros educativos do Concello da Coruña e que se enmarcan dentro do Programa "Coruña Educa".

Durante todo o curso escolar a equipa educativa de DINAMO visita os diferentes centros educativos con todo tipo de propostas e iniciativas arredor do consumo consciente e responsable e dos dereitoas das persoas consumidoras.

Ademáis tamén se realizan actividades para centros cívicos, entidades sociais e veciñais... así como na propia OMIC (aínda que adaptándose ás circunstancias derivadas da crise sanitaria da COVID).

sábado, 1 de agosto de 2020

DINAMO organizou a Escola de Verán en Consumo do Concello da Coruña

O pasado mes de xullo a equipa educativa de DINAMO xestionou e levou a cabo a Escola de Verán da Oficina de Información ás Persoas Consumidoras do Concello da Coruña.

A "escola de verán" consiste nunha programación de actividades lúdico-didácticas para as  máis cativas/os, a modo de "campamento urbano matinal". Foron dúas quendas de dez días de actividades nas que as cativas e cativos achegáronse ó consumo responsable, ó comercio de proximidade, ás novas tecnoloxías…

As actividades tiveron moi boa acollida participando en presentación temáticas, sesión de xogos, xincanas didácticas, obradoiros, saídas, visitas, excursións…

Neste ocasión a Escola de Verán levouse a cabo no Centro de Emprego dos Rosales por dispoñer dunhas instalacións moi amplas que garantiron a seguridade, a hixiene e o cumprimento de todos os protocolos derivados da crise da COVID19.


viernes, 17 de enero de 2020

DINAMO imparte Formación en Narración Oral na Grande de Xanceda

Nos pasados días de decembro e xaneiro a equipa profesional de DINAMO impartiu varios obradoiros formativos en narración oral ás educadoras/es da Casa Grande de Xanceda.

Durante varias xornadas traballaron nas técnicas básicas, dende a preparación e estruturación da narración ata os recursos lúdicos e didácticos, pasando pola expresión oral e corporal, presenza escénica...

A formación foi impartida por Pedro Brandariz e Felipe Díaz "Caxoto" e tiña como obxectivo fundamental dotar á equipa educativa da Casa Grande de Xanceda de ferramentas para poder levar a cabo intervencións didácticas de maior impacto.

Dende DINAMO organizamos formación en artes escénicas en moi variados formatos e para diferentes entidades.





lunes, 13 de enero de 2020

O Apalpador do Courel chegou a máis de 20 localidades da man de DINAMO

Nas pasadas datas de Nadal a equipa artística de DINAMO fixo que o espectáculo "Os Contoa do Apalpador" chegase a máis de 20 localizacións, dende os 14 locais sociais do Concello de Cambre, onde o Apalpador fixo unha gran xira, pasando por concellos como Malpica de Bergantiños, Baio e Zas, e incluso o Luar da TVG. 

Dende DINAMO levamos varios anos levando a historia do Apalpador do Courel a cantidade de concellos, entidades sociais, centros educativos...






domingo, 12 de enero de 2020

DINAMO levou a Cambre a súa Caravana de Xogos Populares

O pasado 5 de xaneiro, a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares á Carpa de Nadal do Concello de Cambre, que durante a época nadaleña estivo instalada no Paseo Marítimo do Temple (Cambre) cunha programación diaria extensísima.

Instalamos máis de 30 xogos populares e tradicionais para o xogo libre de pequenas/os e maiores.

O xogo da rá, os zancos, os aros, o metediscos, a ferradura, o sapo, carreiras de sacos, tres en raia, torres de madeira... son só algúns dos xogos que se instalan nesta Carava de Xogos Populares.

Desta volta levamos a cabo a actividade da man da empresa Artestudio que xestionou o programa de actividades da citada carpa.


martes, 7 de enero de 2020

DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares á Festa de Reis de Fisterra

O pasado 5 de xaneiro, a equipa profesional de DINAMO levou a Caravana dos Xogos Populares á Festa dos Reis Magos que organizou Culturactiva para o Concello de Fisterra.

A equipa de DINAMO instalou máis de 30 módulos con xogos populares e tradicionais para que as cativas/os e non tan cativas/os poidesen participat libremente,

Ademáis dende DINAMO tamén nos ocupamos da instalación dos tres tronos reais e da correspondente decoración para que a recepción real fose do máis visual e colorista.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de eventos de Nadal, Reis Magos... ou calquera outra efeméride lúdica e/ou didáctica.