martes, 27 de diciembre de 2016

DINAMO organiza Actividades de Nadal en Culleredo

Durante os vindeiros días 27, 28, 29 e 30 de Decembro a equipa profesional de DINAMO levará a cabo un amplo programa de obradoiros para nenas/os e mozas no Centro Social de Fonteculler e no Edificio de Villa Melania (Vilaboa).

Algunhas das actividades que se levarán a cabo son:

- Obradoiro de Galletas Nadaleñas
- Obradoiro de Cake Pop.
- Obradoiro de Letras con Decoupage
- Obradoiro de Adornos con Reciclaxe
- Obradoiro de Hamma Beads
- Obradoiro de Complementos de Nadal
- Obradoiro de Pulseiras de Coiro

Son actividades tanto para nenas/os como para mozas e mozos.


domingo, 25 de diciembre de 2016

O Apalpador de DINAMO percorre todas as parroquias de Cambre

Neste mes de decembro o Apalpador de DINAMO percorrerá todas as parroquias do Concello de Cambre cun espectáculo teatral no que, xunto con Xía a Trasna do Monte, contan as súas aventuras para chegar a todas as casas de Galicia onde hai cativas e cativos para apalpar as súas barriguiñas e deixarlle algún xoguetiño feito de madeira.

Despois da peza teatral as cativas e cativos realizan un obradoiro no que confeccionan un monicreque do Apalpador.  

Este programa xa se desenvolveu o ano pasado con gran éxito de participación. No 2015 a actividade central era un contacontos, mentres que desta volta é un espectáculo teatral.

Os datos de participación deste ano están sendo moito maiores e as cativas e cativos amosan un coñecemento da figura do Apalpador moito maior que en anos anteriores.

Cada ano son máis os concellos e entidades que promocionan ó Apalpador e as tradicións asociadas a esta figura tan senlleira da cultura galega.




martes, 20 de diciembre de 2016

O Apalpador de DINAMO visitou a Livraría Suévia

O pasado domingo 18 de decembro a equipa profesional de DINAMO fixo posible que O Apalpador visitase a una manchea de nenas e nenos que ateigaban a Livraría Suévia da Coruña.

O Apalpador chegou camiñando, seguramente dende o Courel, e cando viu a tantas cativas e cativos na librería decidiu parar a contarlle uns contiños e falarlle das súas propias aventuras.

A partir de agora o Apalpador visitará diferentes concellos, colexios e outras entidades por toda Galicia da man de DINAMO, que se encarga directamente de avisalo e facilitarlle o traslado a todas as entidades que así o demanden.

Para máis información podedes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com





lunes, 12 de diciembre de 2016

DINAMO organizou un Obradoiro de Escrita de Guión de Curtametraxes no Forum Metropolitano

O pasado venres 2 de Decembro, a equipa artística de DINAMO organizou un Obradoiro de Escrita de Guión de Curtametraxes no Fórum Metropolitano.

O obradoiro, cunha duración de dúas horas, serviu para abordar as claves prácticas da escrita de guión cinematográfico, dende o punto de vista das curtametraxes.

As e os participantes no obradoiro poideron desenvolver algunhas das súas ideas, dende as etapas máis incipientes ata á estruturación, personaxes, escaletado, diálogos, desgloses...

Esta actividade enmarcouse dentro do Programa Nocturnia de Ocio Alternativo para a Mocidade, organizado pola Concellería de Participación e Innovación Democrática.


domingo, 11 de diciembre de 2016

DINAMO organizou o Programa de Prevención da Violencia de Xénero nos IES de Cambre

Durante os pasados meses de outubro e novembro a equipa profesional de DINAMO desenvolveu o Programa de Prevención de Violencia de Xénero nos IES de Cambre (IES Alfonso X O Sabio e IES David Buján) levando a cabo seis sesión de traballo con nove grupos de 2ºESO e creando un produto final que tivo como obxectivo sensibilizar ó resto do alumnado.

Durante as sesións de tradballo as mozas e mozos descubriron os principais estereotipos machistas e roles de xénero, así como as súas consecuencias na vida cotiá, analizando discriminacións, situacións de violencia de xénero... Na última fase tentaron buscar solución a esta lacra da sociedade e por último prepararon dous lipdubs de sensibilización en igualdade de xénero, que foron proxectados para todo o alumnado dos centros.

Aquí vos deixamos os dous lip dubs.





miércoles, 30 de noviembre de 2016

DINAMO organizou o Magosto Popular de Muxía

O pasado sábado 26 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou o Magosto Popular de Muxía, encargándose evidentemente do asado e reparto das castañas, así como das actividades paralelas do evento: xogos populares, obradoiro con noces e castañas, animación musical...

O evento completouse cun Festival de Folclore organizado pola Asociación Abaladeiras de Muxía.

Nestes meses de outuno dende DINAMO organizamos unha manchea de magostos e outros eventos vencellados cos froitos do bosque.

Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades para o Tempo dos Magostos e o Samaín podes solicitala no 619.345.100 ou escribindo a dinamo@dinamoxestion.com




lunes, 28 de noviembre de 2016

DINAMO participa con 2 Obradoiros no Programa Nocturnia, de Lecer Alternativo para a Mocidade

Nesta nova edición de Nocturnia, o programa de lecer alternativo para a mocidade coruñesa, a equipa de DINAMO desenvolve dous obradoiros xuvenís.

Un deles é o de "Creación de Guións de Curtametraxes", que se levará a cabo o venres 2 de decembro no Forum Metropolitano da Coruña. 

En cambio o venres 9 do mesmo mes o turno será para o "Obradoiro de Cabaret" no Centro Ágora.

Ambos obradoiros serán de 21 a 23 horas e precisan de inscrición previa.

Dende os inicios do programa xuvenil o Concello da Coruña ven contando cos servizos de DINAMO para conformar a oferta de actividades para a mocidade.





domingo, 27 de noviembre de 2016

DINAMO organizou o Espazo de Crianza en Laborando,a Feira de Experiencias de Vida Feministas

O pasado sábado 26 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou o Espazo de Crianza da Feira de Experiencias de Vida Feministas "Laborando". Un espazo para todas as cativas e cativos, cheo de actividades e propostas lúdicas e didácticas moi variadas.

Mentres as nais e pais disfrutaban das múltiples posibilidade da feira (expositoras, actividades, obradoiros, charlas, encontros...) as nenas e nenos participaron en divertidas actividades, todas elas de carácter coeducativo e dotadas dunha clara perspectiva de xénero.

Obradoiros artísticos, de cociña, parti da igualdade, murais polo 25N, contacontos... foron algunhas das propostas que conformaron este espazo de crianza, no que a equipa de DINAMO coidou das rapazas e rapaces, velando pola súa seguridade, ao mesmo tempo que dinamizando unha experiencia, tamén para elas e eles, moi transformadora. 


viernes, 25 de noviembre de 2016

DINAMO organizou Obradoiros de Hip Hop pola Igualdade en Muros e Carnota

A mañá do 25 de novembro a equipa educativa de DINAMO levou a cabo 5 obradoiros de Hip Hop pola Igualdade de Xénero nos IES de Muros e Carnota, promovidos polo CIM de Muros que abrangue os dous concellos.

Unha educadora con formación e experiencia no eido da igualdade e prevención da violencia de xénero e o rapeiro Ricky Hombre Libre artellaron un obradoiro no que as mozas e mozos aprenden a rimar, descubren as técnicas básicas e do rap e practican o freestyle, sempre dende a perspectiva de xénero. Desta maneira crean cancións e letras para sensibilizar na igualdade de xénero e na prevención da violencia machista.

Os obradoiros de hip hop son unha magnífica ferramenta para traballar contidos educativos e sobre todo dentro da perspectiva de xénero

Son unha das actividades estrela desta tempada e realizamos este tipo de obradoiros en outro moitos concellos.

Se queres recibir a nosa proposta de Obradoiros para a Mocidade ou a Proposta de Actividades para a Igualdade de Xénero e Prevención da Violencia Machista podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com



lunes, 21 de noviembre de 2016

DINAMO impartiu un Obradoiro de Risoterapia para o Voluntariado da UDC

O pasado venres 18 de novembro, a equipa profesional de DINAMO impartiu un Obradoiro de Risoterapia dentro do Curso de Animación Hospitalaria para as voluntarias e voluntarios do Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña.

A risoterapia é unha técnica moi útil para traballar cas nenas e nenos nas súas estancias, máis ou menos prolongadas, en centros hospitalarios.




lunes, 14 de noviembre de 2016

DINAMO organizou, un ano máis, o Túnel do Terror de Novo Mesoiro

Dentro da festa de Samain organizada pola Asociación de Veciñas/os de Novo Mesoiro,a equipo profesional de DINAMO organizou o Túnel do Terror, unha das actividades máis demandadas polas cativas e cativos.

A equipa de DINAMO monta todo o Túnel do Terror en apenas tres horas, a partir dun pavillón totalmente diáfano (con estruturas,  andamios, divisións... Creamos un circuito envolvente con diferentes calexóns onde aparecen as múltiples personaxes terroríficas.

Se queres montar un Túnel do Terror na túa entidade ou concello chama ao 619 345 100 o escribe a dinamo@dinamoxestion.com

jueves, 10 de noviembre de 2016

DINAMO organizou un Obradoiro de Maquillaxe Terrorífico en Mugardos

O pasado luns, 7 de novembro, a equipa profesional de DINAMO desenvolveu un Obradoiro de Maquillaxe de Efectos ou FX, ambientado no eido do "terror" e dentro do Programa de Actividades do Samaín do concello mugardés. 

As mozas e mozos poideron crear maquillaxes medoñentos, feridas sanguentas, cicatrices empozoñadas... e sobre todo super divertidas.

Os obradoiros de Maquillaxe de Efectos ou FX son unha das actividades máis demandadas pola mocidade e, evidentemente, está dentro da nosa Proposta de Actividades para a Mocidade que podes solicitar no 619.345.100 ou en dinamo@dinamoxestion.com



martes, 8 de noviembre de 2016

DINAMO organizou parte das Actividades na Festa do Outono da Cidade Vella da Coruña

O pasado 5 de novembro a equipa profesional de DINAMO organizou varias actividades na Festa do Outono da Cidade Vella da Coruña.

Por unha banda dende DINAMO levamos a cabo toda a decoración da Praza da Azcárraga, baseada en máis de 40 calacús (cabazas alumeadas), guirnaldas, figuras xigantes...

En canto ás actividades organizamos un Obradoiro de Cabazas para cativas e cativos, así como un Contacontos de Samaín.

Ademáis dinamizamos a Procesión da Santa Compaña con diferentes personaxes teatrais, e como fin de festa organizamos a dramatización do Conxuro da Queimada. 

Son todas estas actividades que desenvolvemos dende DINAMO para todo tipo de entidades, colectivos, asociacións, concellos, centros educativos...






lunes, 7 de noviembre de 2016

DINAMO organizou dous Magostos no Colexio Fogar de Santa Margarida

Os dous últimos venres a equipa profesional de DINAMO levou a cabo dous macro.magostos para todas as alumnas/os de Educación Infantil e Primaria do Colexio Fogar de Santa Margarida da Coruña.

O venres 28 de Outubro foi o turno de Educación Primaria e ademáis das castañas asadas as nenas e nenos poideron disfrutar dunha xincana de xogos tradicionais, com máis de 30 estacións e xogos.

E o venres 4 de Novembro tocoulle as cativas e cativos de Educación Infantil, que ademáis das castañas asistiron a un contacontos de Pedro Brandariz.

DINAMO encargase da materia prima, do asado das castañas e das actividades lúdicas. De feito levamos moitos anos organizando magostos por toda a xeografía galega.

Se queres organizar un magosto na túa entidade ponte en contacto con nós e pasarémosche un orzamento o máis axustado posible. 



domingo, 6 de noviembre de 2016

DINAMO organizou unha Festa de Samaín no Concello da Rúa

O pasado 29 de outubro a equipa de DINAMO desenvolveu unha divertida Festa de Samaín para as cativas e cativos do Concello da Rúa, con animación musical, xogos magosteiros, obradoiros de globoflexia e maquillaxe...

Esta foi unha das moitas festas, obradoiros e outras actividades que dende DINAMO levamos a cabo nos últimos días de outubro e primeiros de novembro, en torno ao Samaín e aos Magostos.





martes, 1 de noviembre de 2016

DINAMO organizou a PequeFesta de Samaín de Carballo

O pasado sábado 29 de Outubro a equipa profesional de DINAMO organizou unha Festa de Samaín na Ludoteca de Carballo, dentro do programa Apego, desenvolvido por diferentes equipos de Normalización Lingüistica municipais. 

Nesta pequefesta realizáronse actividades de animación musical, xogos dende escenario, maquillaxe infantil, globoflexia, obradoiro de noces e castañas, fotocol terrorífico...

E todas as actividades, as cancións, os xogos en galego pois desénvolveronse dentro do Proxecto Apego, de socialización en galego de nenas e nenos ata os seis anos. De todos xeitos as actividades foron en galego, como o son todas as actividades que desenvolvemos dende DINAMO.

Dende DINAMO ofrecemos unha ampla Proposta de Actividades para a Normalización Lingüistica. Se queres recibir a nosa proposta podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com





domingo, 30 de octubre de 2016

DINAMO organizou o Samaín Xuvenil de Culleredo

O pasado venres 28 de outubro a equipa profesional de DINAMO levou a cabo un amplo programa de actividades dentro da Gran Festa de Samaín do Concello de Culleredo.

A programación realizouse no novo Centro Social de Fonteculler, recentemente inaugurado e contou coas seguintes actividades: túnel do terror, discoteca de Samaín, obradoiros, cócteles sen alcol, flashmob, maquillaxe fx...

Foi un extenso programa de actividades que tivo como colofón o "túnel do terror" que foi instalado durante toda a semana previa.

Ademáis tamén se realizaron animacións teatrais nos institutos para difundir a programación da Festa de Samaín.

Dende DINAMO organizamos unha manchea de actividades vencelladas co Samaín e os Magostos. Podes solicitar a nosa proposta chamando ó 619.345.100 ou escribindo a dinamo@dinamoxestion.com





lunes, 24 de octubre de 2016

DINAMO organizou un Obradoiro de Cociña de Samaín na Feira das Fabas de Moeche

Este domingo, 23 de outubro, a equipa profesional de DINAMO levou a cabo un Obradoiro de Cociña de Samaín para cativas e cativos na Feira das Fabas de Moeche.

Dunha maneira lúdica e divertida as nenas e nenos eleboraron diferentes receitas elaboradas con produtos de tempada: castañas, cabazas, cogumelos...

As actividades de cociña son unha magnífica oportunidade didáctica para as rapazas e repaces, pois son unha actividade totalmente práctica e permiten que as e os participantes perdan o medo a cociñar e sobre todo para falar con elas e eles de corresponsabilidade e reparto igualitario de tarefas no fogar.

Dende DINAMO organizamos este tipo de actividades ofrecendo tanto os ingredientes como todo o material necesario: mesas, cociña de inducción, forno, microondas, utensilios de cociña, gorros e mandilóns...

Se queres recibir máis información das nosas propostas podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com



jueves, 20 de octubre de 2016

DINAMO organiza un Obradoiro de Clown no Centro Ágora da Coruña

Dende o pasado mes de setembro a equipa profesional de DINAMO organiza un Obradoiro de Clown e Teatro Cómico no Centro Ágora, dentro do Programa de Ocio da entidade.

Todos os xoves un grupo de 20 participantes aprenden as técnicas básicas do teatro cómico e da técnica pallasística co obxectivo de montar a final de curso un espectáculo con números individuais, por parellas e colectivos.

Está é unha das múltiples actividades que dende DINAMO ofrecemos no eido das Artes Escénicas. Se queres recibir o noso catálogo podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com



lunes, 17 de octubre de 2016

DINAMO impartiu Obradoiros de Skate e DJ para a mocidade en Ponteceso

O pasado 8 de outubro, a equipa profesional de DINAMO levou a cabo dous obradoiros para a mocidade no Concello de Ponteceso: un de skate-boarding e outro de DJ (picadiscos). Ambos obradoiros foron organizados polo Concello de Ponteceso, por iniciativa da área de mocidade, e contaron co colaboración da Xunta de Galicia.

Ambos obradoiros fixéronse no Edificio das Escolas e gozaron dun alto nivel de participación, debido á gran difusión realizada polo concello e por ser a resposta a unha demanda da mocidade do concello.

Ambas actividades forman parte da Proposta de Actividades para a Mocidade de DINAMO, na que se recolle un amplo catálogo de actividades de "cultura urbana". Ademáis de DJ e Skate podes atopar Breakdance, Parkour, Grafite, Hip Hop...

Se queres recibir a nosa proposta chama ó 619.345.100 ou escribe a dinamo@dinamoxestion.com




miércoles, 12 de octubre de 2016

DINAMO organiza un Obradoiro de Risoterapia en Barbadás

Dende o pasado mes de setembro a equipa profesional de DINAMO organiza un Obradoiro de Risoterapia no Concello de Barbadás, por iniciativa da Concellería de Igualdade e destinado para mulleres do municipio.

O obradoiro desenvolverase todos os sábados ata o mes de decembro e exclusivamente para mulleres, pois dende a concellería preténdese crear un grupo de mulleres, sobre todo un espazo para as mulleres, para que se atopen, para que se coñezan, para que falen e se comuniquen, creen un clima de relaxación e confianza. 

Dende DINAMO organizamos diferentes obradoiros, cursos e outras actividades vencelladas coa risoterapia, por toda Galicia.





DINAMO organizou Obradoiros de Cociña Creativa en San Sadurniño

O pasado 27 de agosto a equipa profesional de DINAMO levou a cabo dous Obradoiros de Cociña Creativa na VIII Feira Rural de San Sadurniño.

As cativas e cativos prepararon deliciosas receitas con produtos de temporada. Dunha maneira divertida as nenas e nenos aprenderon a cociñar, a manter hábitos saudables e sobre todo a valorar a riqueza dos produtos da terra, e por conseguinte a vida no rural.

Dende DINAMO organizamos unha gran cantidade de obradoiros de cociña para nenas/os e mozas/os polo seu gran potencial educativo e de creación de hábitos saudables,


lunes, 12 de septiembre de 2016

DINAMO pecha un verán cheo de Campamentos

Este verán foi do máis activo para a equipa profesional de DINAMO, que durante os meses de xuño a setembro, desenvolveu un amplo programa de actividades campamentais, con diferentes entidades e de moi diversa índole.

Estes foron algúns dos principais campamentos levados a cabo por DINAMO:

  • Campamento Urbano de Muxía: dende o 15 de Xullo ao 31 de Agosto.
  • Campamento Urbano na Casa Museo Picasso (A Coruña): dende o 22 de Xuño ao 31 de Agosto.
  • Campamento Urbano na Casa Museo María Pita (A Coruña): dende o 22 de Xuño ao 31 de Agosto.
  • Campamento Urbano na Casa Museo Casares Quiroga (A Coruña): dende o 22 de Xuño ao 31 de Agosto.
  • Campamentos Específicos para Persoas con Diversidade Funcional (R.X. Panxón): do 1 ao 10 de Xullo e do 1 ao 10 de Setembro.
  • Programa de Ocio Saudable do Concello da Coruña: Xullo e Agost
As actividades campamentais, tanto as de mañá como as de pernocta, son un dos piares de DINAMO, pois conta con equipas especializadas para este tipo de actividades.


lunes, 25 de julio de 2016

DINAMO organiza Obradoiros de Cociña para Mozxs no Centro Cívico de Monelos

Durante o mes de xullo e parte de agosto a equipa profesional de DINAMO leva a cabo tres Obradoiros Semanais de Cociña Básica para mozas e mozos.

Son cinco sesións para cada grupo de idade, dende os 12 ata os 30 anos, nas que as e os participantes aprenden o básico para cociñar de maneira autónoma. E de paso descubren pratos e receitas un pouco máis específicas e diferentes, co obxectivo de que cociñar sexa algo divertido para elas e eles.

Trátase de ofrecer unha capacitación das máis básicas, e ao mesmo tempo traballar no eido da igualdade de xénero, fuxindo de estereotipos e roles machistas, así como na boa alimentación e nutrición.

Estas actividades están enmarcadas dentro do Programa de Ocio Saudable que o Concello da Coruña, a través de Servizos Sociais, leva a cabo nos centros cívicos.

Os obradoiros de cociña son unha magnífica oportunidade didáctica para mozas/os e para nenas/os. Se queres coñecer a nosa Proposta de Obradoiros de Cociña non dubides en chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


domingo, 24 de julio de 2016

DINAMO organiza os Campamentos das Casas Museo da Coruña

Durante todo o verán, dende a última semana de xuño e ata que remate agosto estánse a desenvolver Campamentos Urbanos nas Casas Museo da Coruña, levados a cabo pola equipa profesional de DINAMO.

Realízanse nas tres Casas Museo (Casa Picasso, Casa María Pita e Casa Casares Quiroga) e en diferentes quendas de aproximadamente dúas semanas.

Nestes campamentos levanse a cabo actividades lúdicas e artísticas para dar a coñecer figuras coruñesas tan insignes como María Pita, Santiago Casares Quiroga ou o neno Picasso, dinamizar os espazos museísticos e fomentar o espíritu e a capacidade crítica entre as nenas e nenos.

Dende DINAMO levamos a cabo moitas actividades campamentais de diferente tipoloxía: urbanos, con pernocta, pequeno formato...

Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades Campamentais podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com





viernes, 22 de julio de 2016

DINAMO participou no Ribadeo Diversx con varias actividades

O pasado 14 de xullo a equipa escénica de DINAMO levou a cabo dúas actividades no Parque de San Francisco da vila ribadense. En primeiro lugar representouse o espectáculo "E ti cantas nais tes?" no que se fala de diferentes modelos da familia, e sobre todo das que acollen a realidade LGTBQI.

Despois levouse a cabo un Obradoiro Artístico sobre as diferentes opcións e dereitos persoais en canto a diversidade sexual.

Ambas actividades estaban enmarcadas no Programa Ribadeo Diversx que durante o mes de xullo programou unha manchea de actividades.

Dende DINAMO levamos a cabo actividades en torno á igualdade de xénero, educación afectivo-sexual e á defensa dos dereitos persoais. Se queres recibir a nosa proposta podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


jueves, 21 de julio de 2016

DINAMO desenvolveu un Curso de Habilidades Sociais para o Voluntariado Xuvenil de Cambre

No pasado mes de xuño a equipa profesional de DINAMO impartiu un Cursiño de Habilidades Sociais e de Traballo cara o Público con voluntarias/os xuvenís de Cambre.

O obxectivo primordial do curso foi o de dotar ás mozas e mozos dunha serie de capacidades para desenvolver a súa labor da maneira máis óptima, cun trato ás persoas cordial e correcto.

Traballáronse os diferentes mecanismos de comunicación, a comunicación non verbal, a escoita activa, a asertividade, a empatía, o autoconcepto e a autoestima, os dereitos persoais, a retroalimentación, a resolución de conflitos...

Desta maneira as mozas e mozos despois da formación xa estiveron preparadas para colaborar na despensa de alimentos, na horta municipal, na atención a nenas/os con discapacidade nos campamentos do Concello, nas actividades do PIX do Temple... 

Dende DINAMO ofrecemos un amplo catálogo de accións formativas e didácticas. Se queres recibir máis información chama ó 619.345.100 ou escribe a dinamo@dinamoxestion.com


miércoles, 20 de julio de 2016

DINAMO organiza Obradoiros de Maxia nos Centros Cívicos da Coruña

Durante os meses de xullo e agosto a equipa profesional de DINAMO leva a cabo Obradoiros de Iniciación á Maxia para mozas e mozos.

Nestes obradoiros as e os participantes aprenden técnicas e xogos básicos de maxia con cartas, moedas, dados e obxectos cotiás, do día a día. Practican a modalidade de maxia de cerca.

Os centros escollidos para o desenvolvemento destas actividades son o Centro Cívico de Monte Alto e o Centro Cívico dos Mallos. Estas propostas enmárcanse no Programa de Ocio Saudable para Mozas e Mozos do Concello da Coruña. 

Dende DINAMO ofrecemos un amplo programa de actividades para a mocidade. Se queres recibir a nosa proposta non dubides en poñerte en contacto con nós no 619.345.100 ou en dinamo@dinamoxestion.com


martes, 19 de julio de 2016

DINAMO organizou a Noite Branca de Culleredo 2016

O pasado venres 15 de xullo a equipa profesional de DINAMO xestionou as actividades da Noite Branca de Culleredo, concretamente na Zona Comercial do Burgo.

Durante todo o día desenvolvéronse unha manchea de actividades e propostas para todas as idades.

Pola tarde as actividades tiveron lugar na Praza Europa: hinchables, obradoiros, photocall, xogos populares, festa infantil, lip dub, flash mob... E á noite a actividade trasladouse ás ruas peonís do Burgo con propostas como: speaker, postos de flocos de millo, concerto de Robert Pier e de Los Mecánicos, animación teatral...

Ademáis organizouse unha Happy Hour onde participaron moitos dos establecementos comerciais. Neste caso a decoración e ambientación dos postos tamén foi labor de DINAMO.





lunes, 11 de julio de 2016

DINAMO levou a cabo, un ano máis, o Programa de Envellemento Activo de Cabanas

Un ano máis a equipa profesional de DINAMO retomou o Programa de Envellecemento Activo de Cabanas, no que se realizan actividades de carácter físico e intelectual para poñer en forma o corpo e a mente: ximnasia de mantemento, obradoiros de memoria e habilidades mentais...

Pero este ano introducimos outro tipo de actividades como obradoiro de contacontos, saídas culturas, obradoiros de historia local e xeral... 

A pretensión principal deste programa é a de ofrecer actividades motivadoras, novidosas e atractivas para as e os maiores de Cabanas, para que desta maneira poidan prolongar a súa vida autónoma, gozando de boa saúde e mantendo inquedanzas culturais e intelectuais.




jueves, 7 de julio de 2016

DINAMO organizou un Obradoiro de Acrobacias na Casa da Xuventude de Cambre

Este mércores 7 de xullo, a equipa de DINAMO levou a cabo un Obradoiro de Acrobacias e Equilibrios Circenses na Casa da Xuventude de Cambre, ubicada na Casa das Palmeiras do Temple.

Neste obradoiro as mozas e mozos de Cambre poideron aprender as técnicas máis básicas das técnicas circenses da acrobacia e dos equilibrios, moi similares a técnicas de cultura urbana como o parkour.

Dende DINAMO ofrecemos un amplo abano de propostas circenses e de cultura urbana para a mocidade.


DINAMO desenvolveu Accións Ambientais no Reparto de Madeira na Noite de San Xoán coruñesa

A pasada noite de San Xoán unha equipa de 32 persoas desenvolveu tarefas de educación ambiental e prevención de residuos no reparto de madeira nos areais couñeses, organizado polo Área de Medio Ambiente do concello herculino.

Dende o concello organizaron o reparto de madeira para evitar que se queimaran residuos tóxicos, plásticos e outro elementos nos areais. Polo tanto as educadoras/es ademáis de repartir a madeira sensibilizaron na prevención de residuos, indicando os numerosos puntos de recollida, contenedores de vidro...

Froito desta acción que se leva realizando varios anos, cada vez mitígase o devastador efecto do lixo nas praias e en casos concretos, como a praia de San Amaro case non se recolleu lixo na area.

Dende DINAMO deseñamos e executamos todo tipo de campañas e programas de educación ambiental, tanto a pequeno como gran formato.


domingo, 3 de julio de 2016

"E ti cantas nais tes?" de DINAMOteatro no Orgullo da Diversidade de Barbadás

O pasado 29 de xuño, e dentro do programa de actividades "O Orgullo da Diversidade" do Concello de Barbadás, a compañía DINAMOteatro representou o espectáculo "E ti cantas nais tes'" para as máis cativas e cativos. 

A través deste contacontos preténdese concienciar e dar a coñecer a diversidade das familias, así como sensibilizar no respecto por todas as orientación sexuais e todas as persoas, sexan heterosexuais, homosexuais, gais, lesbianas, transexuais...

Cada vez son máis os concellos que celebran o Día Do Orgullo LGTBQI co obxectivo de normalizar a diversidade, e dende DINAMO ofrecemos un amplo catálogo de posibilidades para a dinamización sociocultural dende este eido.


martes, 7 de junio de 2016

DINAMO organiza Obradoiros de Cociña e Cócteles sen Alcol en San Sadurniño

Durante catro venres de maio e xuño a equipa profesional de DINAMO desenvolverá Obradoiros de Cociña e Cócteles sen Alcol dentro do Programa de Lecer Alternativo "Venres en Sansa", organizado polo Concello de San Sadurniño para a mocidade.

"Venres en Sansa" trátase dun programa de actividades lúdicas e formativas para fomentar hábitos saudables entre a xuventude e previr condutas nocivas.

A equipa de DINAMO desenvolve neste programa Obradoiros de Cociña e Cócteles sen Alcol. As actividades de cociña supoñen unha magnífica oportunidade didáctica para a mocidade, pois apórtalles capacidades e autonomía, trabállase a igualdade de xénero, e foméntase hábitos alimentarios positivos. E os cócteles sen alcol teñen unha funcionalidade clara. amosar ás mozas e mozos que se poden beber cócteles moi eleborados, pero moi saudables. 

Dende DINAMO levamos a cabo unha manchea de actividades e propostas para a mocidade. Se queres recibir a nosa proposta só tes que chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




domingo, 5 de junio de 2016

DINAMO levou a cabo o Programa "Comida e Saude" nos tres IES de Oleiros

Durante todo o curso escola 2015-16 as alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO dos tres IES do Concello de Oleiros participaron no Programa Educativo “Comida e Saúde”, organizado polo Concello de Oleiros e xestionado e desenvovido pola equipa profesional de Dinamo.

Trátase de actividades en torno a un dos piares básicos da Educación para a Saude: a alimentación, sobre todo nun sector de poboación tan importante como a mocidade.

O obxectivo primordial é o de promover hábitos de vida saudable a nivel físico e e emocional, sentando as bases do benestar nas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de mercado.

Dinámicas de grupo, traballo en equipo, xogos, rollplai, estudo de casos, reflexións e debates, consulta de materiais … son algunhas das actividades que se levaron a cabo nas sesións de traballo coas mozas e mozos.

Este ano o programa dividese en dous bloques temáticos:

-       Vida saudable: para as alumnas e alumnos de 1ºESO.
-       Alimentación e Deporte: para as alumnas e alumnos de 2ºESO

“Comida e Saúde” é tan só un dos múltiples programas educativos que DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL  desenvolve en diferentes concellos e entidades, e dos que damos conta neste blogue de forma periódica



martes, 31 de mayo de 2016

DINAMOteatro inaugurou o novo Auditorio de Culleredo, no Edificio de Servizos Múltiples

O pasado 13 de maio a compañía DINAMOteatro estreou o remozado Auditorio Municipal de Culleredo, ubicado no complexo de Servizos Múltiples do Burgo. 

A estrea do espazo foi do máis concurrida pois a proposta escollida para a reapertura foi "Os Contos da Espiña de Toxo", unha adaptación escénica para todos os públicos da obra de Manuel María "Aventuras e Desventuras dunha Espiña de Toxo chamada Berenguela". 

A compañía DINAMOteatro síntese moi honrada por ser a escollida para a inauguración de tan insgne espazo, onde xa ten actuado en múltiples ocasións (antes da reforma integral).



lunes, 30 de mayo de 2016

DINAMO organizou un Obradoiro de Cociña no Día dos Mercados en Pontedeume

O pasado sábado 28 de Maio, a equipa profesional de DINAMO levou a cabo un Obradoiro de Cociña no Mercado de Pontedeume, para cativas e cativos. 

Esta actividade enmarcouse dentro da celebración do Día Europeo dos Mercados e Prazas de Abastos.

Os obradoiros de cociña son unha magnífica oportunidade para educar ás nenas e nenos en moi diferentes dimensións. Dende a máis funcional (aprender a cociñar), ata a educación en valores, igualdade de xénero...

Dende DINAMO ofrecemos un amplo catálogo de Actividades de Cociña para nenas/os, mozas/os e persoas adultas.



domingo, 29 de mayo de 2016

O Centro de Lecer Xuvenil Portaberta cumple nove anos coa xestión de DINAMO

O Centro de Lecer Xuvenil Portaberta, situado no núcleo urbano de Santa Cruz (Oleiros) ven de celebrar o seu noveno aniversario nos últimos días de maio.

Dende o ano 2007 a equipa profesional de DINAMO ven desenvolvendo as labores de xestión, planificación e execución de actividades e servizos para a mocidade oleirense neste centro xuvenil.

Trátase dun espazo para a xuventude onde poden participar en gran cantidade de actividades programadas para cada xornada, así como beneficiarse da ampla carteira de servizos que se ofrecen dende o centro: carné xove, asesoramento académico e laboral, así como afectivo sexual, propostas formativas, lúdicas...

Neste nove anos o centro converteuse, dende o primeiro momento, en punto de referencia para as mozas e mozos entre 12 e 18 anos, así como un espazo para o seu tempo de lecer, sexa libre ou organizado. 

O centro, as actividades e servizos xurden por iniciativa do Concello de Oleiros, que manten o servizo dende maio do 2007.



Dende DINAMO temos gran experiencia na xestión deste tipo de espazos, así como na programación de actividades para a mocidade. Se queres recibir as nosas propostas só tes que escribir a dinamo@dinamoxestion.com ou chamar ó 619.345.100.

viernes, 27 de mayo de 2016

DINAMO xestiona o Espazo de Mocidade PLANET CLUB en Pontedeume

A equipa profesional de DINAMO leva varios anos xestionando o Espazo de Lecer para a Mocidade Planet Club, do Concello de Pontedeume. 

Esta última etapa do programa xuvenil comezou en xaneiro e desenvolverase durante todo o ano (facendo unha parada na época estival). Cada sábado as mozas e mozos eumeses (de Pontedeume e Cabanas) teñen un espazo á súa disposición (de 18:00 a 22:00)  cunha manche ade actividades para que poidan participar, aprender e sobre todo pasar unha tarde de sábado divertida e saudable. 

Este lonxevo programa de atención á mocidade é iniciativa do Concello de Pontedeume e do Concello de Cabanas, que colaboran neste servizo pois tanto participan mozas e mozos dun e doutro concello. 

Dende DINAMO estamos especializadas/os na xestión de espazos xuvenís e na programación de actividades para a mocidade.


jueves, 26 de mayo de 2016

DINAMO levou a cabo as actividades do Día dos Museos nas Casas Museo da Coruña

O pasado 21 de maio a equipa profesional de DINAMO xestionou e executou un amplo programa de actividades para celebrar o Día dos Museos nas Casas Museo da Coruña (Casa Picasso, Casa María Pita e Casa Casares Quiroga).

O amplo programa de actividades desenvolveuse da seguinte maneira:

12:00 a 14:00 Animacións das Personaxes dos Museos nas rúas da Coruña.
18:00 Monólogo sobre o "Neno Picasso" na Casa Museo Picasso (a cargo de Pedro Brandariz).
18:00 a 20:00 Xogos Populares na Casa Casares Quiroga.
19:00 Contacontos sobre "María Pita" na Casa Museo María Pita (a cargo de Noemí Miranda)
21:00 Concerto de "Feminino Plural" (Silvia Penide e Carla López) na Casa Casares Quiroga.

Estas actividades forman parte do plan de dinamización das Casas Museo, pois DINAMO xestiona o programa de visitas e actividades complementarias das mesmas.






lunes, 23 de mayo de 2016

"Os Contos da Espiña de Toxo" contou con 19 representacións neste mes de Maio

No mes de maio, o mes das Letras Galegas, adicadas este ano ó gran poeta da Terra Chá "Manuel María", a compañía DINAMOteatro produciou un espectáculo de narración oral baseado na recoñecida obra do autor "Aventuras e Desventuras dunha Espiña de Toxo chamada Berenguela". Trátase dun espectáculo onde se mestura a narración oral co teatro de títeres e monicreques, ofrecendo así ó público infantil e familiar unha proposta narrativa e visual ó mesmo tempo.

O encargado de interpretara peza teatral foi o recoñecido actor e cómico Pedro Brandariz, pero nalgún dos espazos a proposta foi interpretada a dúas voces, coa axuda da actriz Leticia Miranda.

O espectáculo tivo moito éxito e representouse en gran variedade de espazos, ata en 19 ocasións:

Sábado 30 de Abril. En Brexo e Santa María de Vigo (Cambre)
Domingo 8 de Maio. Na Barcala e O Temple (Cambre)
Xoves 12 de Maio. Na Biblioteca de As Pontes.
Venres 13 de Maio. No Auditorio de Servizos Múltiples. Culleredo.
Sábado 14 de Maio. En Cambre e San Lourenzo (Cambre)
Domingo 15 de Maio. No Castelo de Moeche.
Luns 16 de Maio. No Festiletras. Ponteceso.
Martes 17 de Maio. En Anceis e Andeiro (Cambre)
Xoves 19 de Maio. Na Casa da Cultura do Barqueiro (Mañón)
Venres 20 de Maio. CEIP. Eladia Mariño. Cabanas.
Sábado 21 de Maio. En Sigrás e Cecebre (Cambre)
Sábado 28 de Maio. En Pravio e Bribes (Cambre)
Domingo 29 de Maio. En Cela (Cambre)

A idea da compañía é a de que o espectáculo siga vivo e poida representarse durante todo este ano adicado a Manuel María, e incluso máis adiante, para axudar a lembrar unha figura de tal magnitude.




miércoles, 4 de mayo de 2016

DINAMO leva a Cambre o programa Contos na Lareira

Durante todo o mes de maio desenvolverase no Concello de Cambre o programa "Contos na Lareira" no que se percorren ata trece localizacións diferentes, tanto urbanas como rurais do concello cun programa de actividades centrado nos contos e nos xogos populares.

As actividades teñen unha duración dunha hora. Na primeira parte Pedro Brandariz ou Leticia Miranda interpretan unha serie de contos e na segunda parte as cativas/os e as non tan cativas/os poden participar nos diferentes módulos de xogos populares, que van cambiando día a día, para aumentar desta maneira a participación.

A narración oral céntrase nunha obra de Manuel María, autor homenaxeado este ano 2016 co Día das Letras Galegas. O texto escollido é o de "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela".

Ademáis dos contos e dos xogos populares tamén hai que salientar a instalación ou recreación que se fai dunha lareira tradicional, co lume, co pote, cos tallos...

Esta iniciativa parte da Concellería de Cultura de Cambre que pretende descentralizar as diferentes actividades culturais. 


martes, 29 de marzo de 2016

DINAMOteatro estreou o seu novo espectáculo "O Poder das Árbores" en Culleredo

Con motivo da celebración do Día Internacional das Árbores o pasado 21 de marzo, a compañía escénica DINAMOteatro presentou o seu novo espectáculo "O Poder das Árbores" no Concello de Culleredo, por iniciativa da Concellería de Medio Ambiente, dentro do seu programa de actividades.

"O Poder das Árbores" é un espectáculo de temática ambiental, que anima ás nenas e nenos, dunha maneira lúdica e divertida, a coidar das árbores, dos bosques e da natureza en xeral.

A peza, dirixida a público familiar, está protagonizada por Leticia Miranda e Pedro Brandariz

A intención da compañía é levar as historias do "Carballo Raimundo" (personaxe central) por todos os colexios e teatros posibles, espallando unha mensaxe de respecto cara o medio ambiente.

Para máis información e contratación podedes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com

lunes, 28 de marzo de 2016

DINAMO levou a Cee os "Monólogos pola Igualdade"

O pasado 4 de marzo, o cómico Pedro Brandariz actuou na Casa da Cultura de Cee para máis de 300 mozas e mozos (en dous pases) cos seus "Monólogos pola Igualdade".

O programa foi iniciativa do CIM de Cee para conmemorar o 8 de Marzo, o Día Internacional das Mulleres, e enmárcase nun extenso programa de actos e actividades.

Dende DINAMO ofrecemos diferentes espectáculos para traballar no eido da igualdade, así como todo tipo de actividades de sensibilización.


DINAMO levou o seu espectáculo "Contamos por Igual" ós colexios de Carballo

No pasado mes de marzo o Concello de Carballo, a través do CIM (Centro de Información ás Mulleres) organizou un programa de actuacións nos centros de ensino primario,con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres.

O espectáculo "Contamos por Igual", una montaxe de narración oral interpretado por Pedro Brandariz, foi representado en oito ocasións en 6 centros de ensino de Carballo, para alumnas e alumnos de 5 e 6º Curso de Educación Primaria.

Consideramos esta idade como idónea para eliminar estereotipos de xénero e actitudes sexistas e fomentar comportamentos máis igualitarios.

Esta é unha das moitas actividades que dende DINAMO organizamos para educar en igualdade.



domingo, 13 de marzo de 2016

DINAMO levou a cabo a Campaña "A-Ténde-T" do Concello da Coruña

Do 8 ó 12 de Marzo de 2016 no Mercado de San Agustín levouse a cabo a Campaña de Sensibilización en Igualdade "A-ténde-T", organizada polo Concello da Coruña e xestionada e executada pola equipa profesional de DINAMO.

A campaña consistiu na instalación dun gran tendal onde as mulleres poideran exponer as súas necesidades, anhelos e expectativas de cambio.

Dúas educadoras puxeron á súa disposición "prendas de roupa" simuladas en goma-eva para que se tomasen o seu tempo e escribisen sobre elas as súas demandas e peticións e quedaran, posteriormente, "colgadas" e expostas nos tendais.

A pretensión fundamental foi a de ofrecerlles ás mulleres un espazo de relax e reflexión (creado incluso físicamente) para que tiveran un tempo para elas, fora de obrigas laboráis, familiares, domésticas ou do tipo que fosen. E que nese tempo expresaran que cousas deixaron de facer ou de vivir por toda esa carga de obrigas que depositamos nas mulleres.

A actividade desenvolveuse polas mañás e o sábado rematou cun obradoiro para cativas e cativos.

Esa actividade está enmarcada no amplio e extenso programa de actividades que a Concellaría de Igualdade e Diversidade levou a cabo para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, na cidade da Coruña.