domingo, 29 de mayo de 2016

O Centro de Lecer Xuvenil Portaberta cumple nove anos coa xestión de DINAMO

O Centro de Lecer Xuvenil Portaberta, situado no núcleo urbano de Santa Cruz (Oleiros) ven de celebrar o seu noveno aniversario nos últimos días de maio.

Dende o ano 2007 a equipa profesional de DINAMO ven desenvolvendo as labores de xestión, planificación e execución de actividades e servizos para a mocidade oleirense neste centro xuvenil.

Trátase dun espazo para a xuventude onde poden participar en gran cantidade de actividades programadas para cada xornada, así como beneficiarse da ampla carteira de servizos que se ofrecen dende o centro: carné xove, asesoramento académico e laboral, así como afectivo sexual, propostas formativas, lúdicas...

Neste nove anos o centro converteuse, dende o primeiro momento, en punto de referencia para as mozas e mozos entre 12 e 18 anos, así como un espazo para o seu tempo de lecer, sexa libre ou organizado. 

O centro, as actividades e servizos xurden por iniciativa do Concello de Oleiros, que manten o servizo dende maio do 2007.



Dende DINAMO temos gran experiencia na xestión deste tipo de espazos, así como na programación de actividades para a mocidade. Se queres recibir as nosas propostas só tes que escribir a dinamo@dinamoxestion.com ou chamar ó 619.345.100.

No hay comentarios:

Publicar un comentario