jueves, 29 de julio de 2021

DINAMO organiza un Curso de Comedia na Coruña

Durante tres venres a equipa profesional de DINAMO organiza un Curso de Comedia para mozas e mozos dentro do Programa de Lecer "Nocturnia" promovido polo Concello da Coruña. 

Cada sesión, de dúas horas de duración terá caráctar temático e serán impartidas por cómicas cunha dilatada traxectoria, como Ángela Triana, Diana Sieira e Marita Martínez Arcay.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades xuvenís, de lecer, formativas e en moi diferentes eidos, como pode ser o das artes escénicas e a comedia en particular.

As datas do curso serán o 23 e 30 de Xullo e o 6 de Agosto. Para participar nas sesións formativas é necesaria a inscrición previa en www.coruna.gal/nocturnia



viernes, 16 de julio de 2021

DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares ó CEIP Santiago Apóstolo (Mugardos)

O pasado 22 de xuño a equipa profesional de DINAMO organizou unha Xornada de Xogos Populares e Tradicionais no CEIP Santiago Apóstolo, en Franza, Mugardos. 

As pequenas e pequenos xogaron á chave, á rá. ó metediscos, ó tiralatas, ós zancos, ás carreiras de chapas, ós bolos e a unha manchea de xogos de onte, hoxe e sempre.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de eventos  vencellados co xogo popular e tradicional e para todo tipo de entidades: concellos, centros educativos, asociacións, festivais...



sábado, 10 de julio de 2021

DINAMO levou a Caravana de Xogos ó CEIP Bormoio-Agualada (Coristanco)

 O pasado 22 de xuño a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó CEIP Bormoio-Agualada do concello de Coristanco.

As nenas e nenos descubriron unha manchea de xogos populares e tradicionais como por exemplo a rá, a chave, os zancos, o metediscos, o tiralatas, os bolos, o plinko, a serpe, o sapo, as carreiras de chapas...

Dende DINAMO organizamos todo tipo de eventos vencellados cos xogos populares e tradicionais por toda Galicia.

viernes, 2 de julio de 2021

DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares ó CEIP A Mahía (Bertamiráns, Ames)

O pasado 21 de xuño a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó CEIP A Mahía de Bertamiráns (AMES).

Durante toda a xornada matinal instaláronse máis de 30 xogos populares e tradicionais para que todas as nenas e nenos do centro fosen xogando, organizados en diferentes quendas.

Os xogos estiveron dinamizados e supervisados pola equipa profesional de DINAMO.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de eventos vencellados co mundo dos xogos populares e tradicionais. 



martes, 29 de junio de 2021

DINAMO organizou un Obradoiro Formativo en Consumo nos Mercados Municipais

Os pasados 22, 23 e 25 de xuño a equipa profesional de DINAMO organizou un Obradoiro Formativo en Consumo para futuros praceiras e praceiros dos mercados municipais do Concello da Coruña.

Durante as tres xornadas de traballo abordaron diferentes cuestións vencelladas cos dereitos das persoas consumidoras nos mercados municipais. Dende a etiquetaxe alimentaria ata as follas de reclamacións, pasando por as diferentes ordenanzas municipais e autonómicas de aplicación no seu traballo diario.

Esta formación enmárcase dentro do Programa Municipal de Educación para o Consumo da OMIC do Concello da Coruña que xestionamos dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL



viernes, 25 de junio de 2021

DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares ó CEIP Recimil (Ferrol)

O pasado 18 de xuño a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó CEIP de Recimil en Ferrol.

Durante toda a mañá as alumnas e alumnos do centro descubriron os principais xogos e xoguetes tradicionais galegos, aqueles entretementos que siguen sobrevivindo dende tempos inmemoriais. Xogos ós que xa xogaron as súas nais e pais, e tamén as súas avoas e avós.

Xogos como a rá, o sapo, o tiralatas, o metediscos, os zancos, os bolos, os aros, as carreiras de chapas, os crebacabezas, os futbolíns, as torres de madeira, os memoris... conformaron unha serie de módulos nos que as cativas e cativos poideron participar.

miércoles, 23 de junio de 2021

DINAMO organizou un "Parti da Igualdade" en Bóveda

 O pasado 23 de xuño a equipa profesional de DINAMO organizou un Obradoiro de Igualdade de Xénero no Concello de Bóveda. 

O obradoiro foi un "Parti da Igualdade" no que as nenas e nenos fabricaron o seu propio taboleiro de xogo e despois descubriron e aprenderon as diferentes probas e seccións do Parti.

Todas as probas son temáticas en igualdade de xénero, pero siguen o estilo do archicoñecido xogo de mesa "Pary&Co". 

Dunha maneira lúdica, dinámica e divertida as e os participantes traballan sobre os estereotipos e roles de xénero, as discriminacións machistas e as súas consecuencias, e sobre todo as ferramentas necesarias para revertir a situación e acadar a igualdade entre homes e mulleres.

Esta actividade enmárcase dentro do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero.