Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de enero de 2022

DINAMO organizou a Campaña "Dálle á Lingua" para a promoción do galego

 Durante o pasado mes de decembro a equipa profesional de DINAMO percorreu as sete cidades galegas organizando a actividade "Dálle á Lingua" que tiña como principal obxectivo a promoción do uso da lingua galega entre as nenas e nenos e mozas e mozos en particular e a sociedade en xeral.

Realizáronse actividades lúdicas en torno é galego en parques e espazos infantís para achegarse ás cativas e cativos dunha maneira diferente, pero sempre activa e participativa.

Un curioso "surtidor de retos" poñía a proba ás e ós participantes que debían superar tales retos para acadar diferentes premios e agasallos, como xogos de mesa, camisetas...

O programa "Dálle á Lingua" é unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia, e neste caso DINAMO foi da man da empresa "Sal de Marketing" para executar o proxecto.

jueves, 8 de junio de 2017

DINAMO organizou a Festa da Lingua en Cambre

O pasado 17 de Maio a equipa profesional de DINAMO dinamizou a "Festa da Lingua para Cativas/os" que se desenvolveu en dúas localizacións: Cambre e O Graxal.

Realizáronse actividades lúdicas e de promoción do galego como o "Parti das Letras Galegas", "Carlos Casares Pop", "Obradoiro de Chapas en Galego".

Estas son algunas das actividades que dende DINAMO levamos a cabo para a promoción da lingua galega, durante todo o ano. Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades para a Normalización Lingüística e Promoción e Fomento do Galego podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




lunes, 24 de agosto de 2015

DINAMO organizou a Festa das Palabras no Couto (Ponteceso)

O pasado mércores 19 de agosto a equipa profesional de DINAMO estivemos no Couto (Ponteceso) dinamizando a Festa das Palabras, unha actividade de promoción da lingua galega, organizada polo Concello de Ponteceso e apoiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüistica.

A "Festa das Palabras" consiste nunha actividade de animación musical, xogos, obradoiros, maquillaxe, globoflexia, contos en galego e para o galego. Con música en galego, xogos da tradición popular propia...

En definitiva, unha actividade para que as cativas e cativos, dende ben pequenas e pequenos vivencien o galego como algo normal e que sexan conscientes de que en galego, tamén se poden divertir. 

Esta actividade forma parte dunha programación máis extensa da que iremos dando conta, con xogos populares, obradoiros de curtametraxes, escrita creativa...


martes, 29 de abril de 2014

DINAMO presenta a súa Proposta de Actividades para as Letras Galegas 2014

Como todos os anos, por estas datas a equipa educativa de DINAMO presenta a Proposta de Actividades para as Letras Galegas, 

Trátase dunha serie de propostas educativas, lúdicas e escénicas que teñen como obxectivo potenciar o uso do galego, fomentar a animación á lectura e dar a coñecer a figura homenaxeada neste ano, Xosé María Díaz Castro. 

En moitos concellos, centros educativos, asociacións e outros colectivos celebran arredor da data do 17 de Maio diversas actividades para potenciar a lingua galega e a súa literatura. 

Dende DINAMO ofrecemos actividades moi variadas para celebrar o 17 de Maio, dende xogos, xincanas e obradoiros temáticos, ata contacontos, monólogos, espectáculos, concertos, charlas... todo co obxectivo de facilitar a planificación deste tipo de actividades ás entidades organizadoras.

A "proposta estrela" deste ano é o espectáculo "Díaz Castro, o tradutor" un monólogo cómico a partir dos poemas de Nimbos, de Xosé María Díaz Castro.

Se queres recibir a nosa proposta de actividades ou máis información sobre os nosos servizos tan só tes que chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




viernes, 18 de abril de 2014

DINAMO realizou dous Lip Dub no IES A Pobra do Caramiñal.

A equipa de DINAMO realizou dous lip dub co alumnado do IES A Pobra do Caramiñal dentro do proxecto "21 días co galego" do centro e como parte da iniciativa do Concello da Pobra de Caramiñal de ofrecer actividades de alfabetización tecnolóxica ás mozas e mozos do concello.

Este proxecto terá continuidade coa grabación de curtas por parte do alumnado.

A grabación de curtas, lip dubs e outros proxectos audiovisuais é unha actividade moi exitosa entre a mocidade, por iso dende DINAMO ofrecemos todo tipo de actividades vencelladas co eido audiovisual.








miércoles, 2 de mayo de 2012

DINAMO presenta as súas propostas para o 17 de Maio,Día das Letras Galegas

Como cada ano Maio é o mes das letras, o mes das Letras Galegas, e o panorama cultural e literario actívase dunha maneira totalmente marabillosa.

Concellos, centros educativos, asociacións, colectivos e outras entidades organizan unha manchea de iniciativas para celebrar o 17 de Maio, o día das Letras Galegas, para lembrarnos da gran riqueza que supón ter unha lingua e unha literatura galegas.

Dende DINAMO presentamos un amplo catálogo de propostas para levar a cabo na conmemoración do 17 de Maio. Propostas literarias, lúdicas, de animación á lectura, didácticas, festivas ... para todos os públicos: tanto para as máis cativas e cativos, como para as nosas avoas e avós ... para toda a sociedade.

Teatro, xogos, contacontos, repichocas poéticas, concertos ... son actividades que se levarán a cabo para lembrar que a figura homenaxeada nese 2012 é Valentín Paz Andrade. E tamén daremos a coñecer que todo o ano 2012 foi declarado Ano Celso Emilio Ferreiro.

Se queredes recibir o noso catálogo de propostas para o 17 de Maio só tedes que solicitalo no 647.488.688 ou escribindo un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com

En poucos días daremos a coñecer o programa de actividades que DINAMO levará a cabo en diferentes concellos de Galicia (Cambre, Fisterra, Cee ...).


viernes, 30 de marzo de 2012

DINAMO imparte varios módulos do Curso "O Galego Campa"

A equipa educativa de DINAMO imparte esta fin de semana (30 e 31 de marzo) varios módulos do Curso "O Galego Campa". Este curso forma parte do Plan de Formación para as Monitoras/es organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.


Pero ademáis este curso inclúese nun programa de dinamización lingüistica denominada "O galego Campa" promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.


Neste curso as monitoras e monitores descubrirán e coñecerán unha manchea de recursos e actividades que poderán levar a cabo nos campamentos e outras actividades, pero en galego. 


Froito da análise realizada nos múltiples campos de acción da equipa de DINAMO no eido do lecer e tempo libre comprobouse que nas cantigas, nos xogos, nos entretementos ... predomina o castelán. Isto é debido á falla de recursos deste tipo en lingua galega. Pois ben este tipo de cursos ven a cubrir esas necesidades.


O curso celebrarase nas instalacións do Albergue Xuvenil de Gandarío.