lunes, 24 de agosto de 2015

DINAMO organizou a Festa das Palabras no Couto (Ponteceso)

O pasado mércores 19 de agosto a equipa profesional de DINAMO estivemos no Couto (Ponteceso) dinamizando a Festa das Palabras, unha actividade de promoción da lingua galega, organizada polo Concello de Ponteceso e apoiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüistica.

A "Festa das Palabras" consiste nunha actividade de animación musical, xogos, obradoiros, maquillaxe, globoflexia, contos en galego e para o galego. Con música en galego, xogos da tradición popular propia...

En definitiva, unha actividade para que as cativas e cativos, dende ben pequenas e pequenos vivencien o galego como algo normal e que sexan conscientes de que en galego, tamén se poden divertir. 

Esta actividade forma parte dunha programación máis extensa da que iremos dando conta, con xogos populares, obradoiros de curtametraxes, escrita creativa...


No hay comentarios:

Publicar un comentario