No pasado mes de xullo a equipa profesional de DINAMO organizou e levou a cabo un Obradoiro de Maxia para mozas e mozos no Centro Cívico da Cidade Vella, dentro do programa de Ocio Saudable para xente moza..
No obradoiro un mago profesional transmitiulle ás e ós participantes os rudimentos e técnicas básicas dos xogos de maxia con cartas e pequenos obxectos. Unha vez explicadas as técnicas practicaron e ensaiaron os seus propios xogos.
Durante toda unha semana estiveron preparando diferentes números para o último día facer unha representación para as cativas e cativos dun campamento que tamén de desenvolveu no centro cívico nesas datas.
Dende DINAMO ofrecemos todo tipo de actividades lúdicas, formativas e atractivas para a mocidade, para que ó mesmo tempo que o pasan ben poidan aprender e descubrir novas cousas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario