lunes, 15 de enero de 2018

DINAMO organizou un Ciclo de Contacontos en Cambre

Os pasados 2, 3 e 4 de Xaneiro a equipa de DINAMO organizou un pequeno Ciclo de Contacontos de Nadal en diferentes locais sociais e culturais do Concello de Cambre.

As sesións, destinadas a cativas/os e ás súas familias, foron desenvolvidas polo contacontos e cómico Pedro Brandariz.

O martes 2 de Xaneiro foi o turno do Centro Sociocultural do Graxal coa sesión "Contos de Aninovo". O mércores 3, trasladámonos ó Centro Sociocultural da Barcala, coa sesión "Contos de Nadal". E o último día, 4 de Xaneiro foi o turno da Biblioteca Central de Cambre, coa sesión "Contos de Reis".

Este programa foi promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Cambre e xusto despois de cada sesión proxectouse unha película infantil.

Dende DINAMO levamos a cabo un amplo abano de actividades de animación á lectura, dende contacontos, pasando por obradoiros, xincanas...





domingo, 14 de enero de 2018

DINAMO organizou Obradoiros de Nadal para nenas/os e mozas/os en Culleredo

Os pasados 27,28 e 29 de Decembro a equipa profesional de DINAMO levou a cabo una extensa programación de obradoiros de Nadal para nenas/os e mozas/os.

Leváronse a cabo en dúas localizacións municipais de Culleredo: Centro Social de Fonteculler e Centro Social de Villamelania. 

Obradoiros de galletas, obradoiros de cociña, xoguetes reciclados, recortables, carteiriás con mandalas, adornos de Nadal, hamabeads... encheron de actividade os días de Nadal para as máis cativas/os.



jueves, 4 de enero de 2018

DINAMO levou a cabo a Programación de Dinamización Comercial de Cambre

Durante boa parte de decembro e nos primeiros días de xaneiro nas rúas de Cambre desenvolveuse una programación de actuacións teatrais, circenses, musicais...

Pedro Brandariz, Isla Le Triska, Malala Ricoy, Robert Pier, Mamen Bazarra, Víctor Noir, Iago Gordillo... foron algúns dos artistas que pasaron polas rúas do Temple, o Graxal, A Barcala, Cambre...

O obxectivo deste programa é dinamizar as rúas e as zonas comerciais do Concello de Cambre, dunha maneira divertida, dinámica e interesante. 

Contacontos, monólogos cómicos, malabares, música rumbeira, máxia, animacións de rúa... encheron de ledicia, ilusión e bó rollo as rúas de Cambre.


miércoles, 3 de enero de 2018

O Apalpador de DINAMO e Xía A Trasna do Bosque estiveron en Viana do Bolo

O pasado 23 de Decembro o Apalpador do Courel, acompañado da súa inseparable amiga Xía, a Trasna do Bosque visitaron ás cativas e cativos de Viana do Bolo.

Unha vez que chegaron á Casa da Cultura o Apalpador do Courel contoulle ás pícariñas e picariños a súa historia e o que facía en Nadal e despois Xía amenizou una gran festa con xogos e animación musical.

Todo foi grazas ó Concello de Viana do Bolo que avisou ó Apalpador do Courel a través dos profesionais de DINAMO.


martes, 2 de enero de 2018

DINAMO encargouse das Visitas de Papa Noel en Culleredo

O pasado venres 22 de decembro o Concello de Culleredo organizou varias Recepcións de Papá Noelen diferentes localizacións do termo municipal.

En Villa Melania, en Fonteculler e no Burgo instaláronse tres carpas que foron decoradas con motivos nadaleños e nas que se albergaron tanto Papa Noel como tres elfos/as para recibir ás nenas e nenos e poder escoitar as súas peticións, recoller as súas cartas, e darlle caramelos para endulzar o tempo de Nadal.

Dende DINAMO levamos a cabo multitude de actividades de animación para o tempo de Nadal, dende animacións, pasarúas, obradoiros, contacontos, cabalgatas...









lunes, 1 de enero de 2018

O Apalpador do Courel visitou as parroquias de Cambre da man de DINAMO

Durante o pasado mes de decembro o Apalpador do Courel visitou todas as parroquias do Concello de Cambre, acompañado por Xía A Trasna do Monte

En cada centro social ou veciñal a equipa profesional de DINAMO realizou un Obradoiro Manual sobre o Apalpador e despois o propio "carboeiro· do Courel levoua cabo un Contacontos onde se narra a vida do Apalpador, as súas costumes, o se traballo, as súas rutinas para repartir agasallos...

O concello de Cambre leva varios anos desenvolvendo proxectos de achegamento ás cativas e cativos da figura do Apalpador. Isto fai que as nenas e nenos coñezan a figura e pouco a pouco se vaia recuperando e afianzando.

Dende DINAMO levamos as actividades e os contacontos do Apalpador por moitos dos concellos de Galicia.