Mostrando entradas con la etiqueta pedro brandariz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pedro brandariz. Mostrar todas las entradas

miércoles, 5 de enero de 2022

DINAMO participou con diferentes actividades no Acendido das Luces de Nadal de ACOCEM

O pasado 4 de decembro a equipa profesional de DINAMO encargouse de organizar as actividades lúdicas do Acendido das Luces de Nadal de ACOCEM, Asociación de Comerciantes do Castrillón, Eirís e Monelos.

Durante toda a tarde sucedéronse diferentes actividades lúdicas na cúpula cuberta do Parque de Eirís, e dende DINAMO organizamos a Caravana dos Xogos Populares, coa instalación, supervisión e dinamización de máis de trinta xogos tradicionais, así como un contacontos a cargo de Pedro Brandariz.

Dende DINAMO ofrecemos un amplo catálogo de actividades e propostas para dinamizar este tipo de eventos para entidades, comerciantes, concellos...



jueves, 4 de enero de 2018

DINAMO levou a cabo a Programación de Dinamización Comercial de Cambre

Durante boa parte de decembro e nos primeiros días de xaneiro nas rúas de Cambre desenvolveuse una programación de actuacións teatrais, circenses, musicais...

Pedro Brandariz, Isla Le Triska, Malala Ricoy, Robert Pier, Mamen Bazarra, Víctor Noir, Iago Gordillo... foron algúns dos artistas que pasaron polas rúas do Temple, o Graxal, A Barcala, Cambre...

O obxectivo deste programa é dinamizar as rúas e as zonas comerciais do Concello de Cambre, dunha maneira divertida, dinámica e interesante. 

Contacontos, monólogos cómicos, malabares, música rumbeira, máxia, animacións de rúa... encheron de ledicia, ilusión e bó rollo as rúas de Cambre.


martes, 25 de julio de 2017

DINAMO organizou o Ciclo de Monólogos "Chanzas na Rúa" en Riveira

Durante este mes de xullo todos os venres (exceptuando o día 21) está a celebrarse, en diferentes prazas e terrazas de Riveira, monólogos cómicos a cargo de catro recoñecidos monologuistas galegos: Xan Veiga, Tito Rober, Padre Merino e Pedro Brandariz.

O ciclo foi organizado pola Concellería de Cultura de Riveira e xestionado por DINAMO, que abre con este de Riveira unha serie de ciclos de comedia en diferentes concellos galegos.

Dende DINAMO disponemos dun gran catálogo de cómicos e monologuistas que podedes solicitar no 619.345.100 ou no correo electrónico dinamo@dinamoxestion.com


lunes, 23 de mayo de 2016

"Os Contos da Espiña de Toxo" contou con 19 representacións neste mes de Maio

No mes de maio, o mes das Letras Galegas, adicadas este ano ó gran poeta da Terra Chá "Manuel María", a compañía DINAMOteatro produciou un espectáculo de narración oral baseado na recoñecida obra do autor "Aventuras e Desventuras dunha Espiña de Toxo chamada Berenguela". Trátase dun espectáculo onde se mestura a narración oral co teatro de títeres e monicreques, ofrecendo así ó público infantil e familiar unha proposta narrativa e visual ó mesmo tempo.

O encargado de interpretara peza teatral foi o recoñecido actor e cómico Pedro Brandariz, pero nalgún dos espazos a proposta foi interpretada a dúas voces, coa axuda da actriz Leticia Miranda.

O espectáculo tivo moito éxito e representouse en gran variedade de espazos, ata en 19 ocasións:

Sábado 30 de Abril. En Brexo e Santa María de Vigo (Cambre)
Domingo 8 de Maio. Na Barcala e O Temple (Cambre)
Xoves 12 de Maio. Na Biblioteca de As Pontes.
Venres 13 de Maio. No Auditorio de Servizos Múltiples. Culleredo.
Sábado 14 de Maio. En Cambre e San Lourenzo (Cambre)
Domingo 15 de Maio. No Castelo de Moeche.
Luns 16 de Maio. No Festiletras. Ponteceso.
Martes 17 de Maio. En Anceis e Andeiro (Cambre)
Xoves 19 de Maio. Na Casa da Cultura do Barqueiro (Mañón)
Venres 20 de Maio. CEIP. Eladia Mariño. Cabanas.
Sábado 21 de Maio. En Sigrás e Cecebre (Cambre)
Sábado 28 de Maio. En Pravio e Bribes (Cambre)
Domingo 29 de Maio. En Cela (Cambre)

A idea da compañía é a de que o espectáculo siga vivo e poida representarse durante todo este ano adicado a Manuel María, e incluso máis adiante, para axudar a lembrar unha figura de tal magnitude.




martes, 29 de marzo de 2016

DINAMOteatro estreou o seu novo espectáculo "O Poder das Árbores" en Culleredo

Con motivo da celebración do Día Internacional das Árbores o pasado 21 de marzo, a compañía escénica DINAMOteatro presentou o seu novo espectáculo "O Poder das Árbores" no Concello de Culleredo, por iniciativa da Concellería de Medio Ambiente, dentro do seu programa de actividades.

"O Poder das Árbores" é un espectáculo de temática ambiental, que anima ás nenas e nenos, dunha maneira lúdica e divertida, a coidar das árbores, dos bosques e da natureza en xeral.

A peza, dirixida a público familiar, está protagonizada por Leticia Miranda e Pedro Brandariz

A intención da compañía é levar as historias do "Carballo Raimundo" (personaxe central) por todos os colexios e teatros posibles, espallando unha mensaxe de respecto cara o medio ambiente.

Para máis información e contratación podedes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com

sábado, 13 de diciembre de 2014

DINAMO leva a cabo nos institutos da Coruña o Programa Educativo "Somos 2. Eu tamén conto"

A equipa profesional de DINAMO desenvolve en boa parte dos institutos do municipio da Coruña o Programa Educativo en Igualdade de Xénero "Somos 2. Eu tamén conto",  con mozas e mozos de 3º e 4º da ESO. 

O programa consiste na realización de dúas sesións de traballo arredor das relacións de noivado xuvenil e sobre a desmitificación do "amor romántico". A partir de xogos, dinámicas e exercicios de traballo en común as mozas e mozos participantes fanse conscientes dos perigos que conlevan as desigualdades de xénero.

O programa "Somos 2. Eu tamén conto" é iniciativa do Centro de Información ás Mulleres do Concello da Coruña, e xestionado e levado a cabo por Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais SL.

A equipa de Dinamo é especialista no desenvolvemento deste tipo de programas en igualdade de xénero, hábitos saudables, alimentación, prevención de drogodependencias...






viernes, 12 de septiembre de 2014

DINAMO participou nas Actividades para Cativas/os da Feira Franca

O pasado 6 de setembro a compañía DINAMOteatro participou na Feira Franca de Pontevedra con varias actividades.

Por unha banda cunha animación teatral titulada "O Kamal Misterioso" e pola poutra co contacontos "Copérnico e o sol". 

A animación teatral desenvolveuse en tres pases e obtivo moi boa resposta por parte do público pontevedrés.

Estas actividades están enmarcadas na programación infantil do evento e realizámolas pola iniciativa da empresa Nova Xestión Cultural. 

DINAMOteatro é unha compañía especializada en animacións teatrais itinerantes onde o principal valor é a interacción directa co público. 

Se queres recibir o noso Catálogo de Espectáculos Teatrais podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com

Entrevista no Faro de Vigo



viernes, 25 de julio de 2014

DINAMO dálle a benvida a unha nova etapa

A enerxía nin se crea, nin se destrúe: transfórmase... E Dinamo, que sempre respectou as leis da física, tamén se transforma.

Dende este verán DINAMO entra nunha nova e ilusionante etapa na que Pedro Brandariz queda ós mandos do proxecto, mentres que Felipe Díaz “Caxoto”  se mantén como estreito colaborador dende a súa Trastenda dos Contos.

Entramos nesta etapa con moita ilusión, sendo conscientes de que seguimos contando co empuxe de toda a xente que nos apoiou dende o principio.

8 anos despois queremos darvos as grazas pola vosa confianza e agardamos que os vindeiros anos sexan igual de estimulantes. 

jueves, 22 de mayo de 2014

"E ti cantas nais tés?" Contacontos contra a Homofobia e a Transfobia, nos Centros Cívicos da Coruña, a cargo de DINAMOteatro

O pasado 17 de Maio celebrouse o Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia e dende a Concellería de Servizos Sociais do Concello da Coruña organízase un amplo Programa de Actividades.

Dentro dese programa unha parte importante son os Contacontos "E ti cantas nais tés?", contacontos de prevención da homofobia e a transfobia. 

As sesións de contacontos son interpretadas pola equipa de DINAMOteatro, concretamente por Felipe Díaz "Caxoto" e Pedro Brandariz. 

Os contacontos desenvolvense nos diferentes centros cívicos da Coruña. E as datas son as seguintes:

Centro

Maio
Hora
Castrillón
15, xoves
18:00-19:00
Rosales
19, luns
18:00-19:00
Monte Alto
20, martes
17:00-18:00
Os Mallos
21, mércoes
18:00-19:00
Elviña
22, xoves
18:00:19:00
Santa Margarita
23, vernes
17:30-18:30
Monelos
24, sábado
11.30-12:30
Eirís
26, luns
18.00-19:00
Labañou
27, martes
18.00-19:00
San Diego
28, mércores
18:00-19:00
Palavea
29, xoves
19:00-20:00
Mesoiro
30, venres
18:00-19:00
Novoboandanza
31, sábado
17:30-18:30




lunes, 28 de abril de 2014

Xira de Radio Torreiro, de DINAMOteatro

O espectáculo Radio Torreiro, creado pola compañía DINAMOteatro presenta xira nesta primavera de 2014.

Trátase dun espectáculo cómico, protagonizado por Felipe Díaz "Caxoto" e Pedro Brandariz. Un espectáculo sobre as festas, celebracións populares, e outros eventos que marcan a cultura e a forma de ser das galegas e galegos.

As vindeiras datas de representación serán:

Sábado 3 de Maio. 22:00. En La Tuerka 27. A Coruña

Sábado 24 de Maio. Teatro da Beneficencia. Ortigueira.

Venres 22 de Agosto. Miño.

O Espectáculo

“Radio Torreiro” é unha emisora radiofónica, e en cada función teatral faise unha emisión en directo co público como protagonista, e único receptor.

Esta emisora tan particular é temática: encárgase de recoller toda a información vencellada coas festas, verbenas, romarías e demáis celebracións populares que poboan Galicia durante todo o ano.

Os actores irán debullando os diferentes programas da grella onde se irán recollendo as escenas máis cómicas das festas: os bailes da sesión vermouth, as encherolas das festas, as repichocas das verbenas, as incómodas situacións á hora de pedir para a festa… Todo dende un punto de vista humorístico e mordaz que provocará as gargalladas do público.

A compañía

Felipe Díaz “Caxoto” e Pedro Brandariz conforman a compañía escénica DINAMOteatro, dende o ano 2006. Especializados en espectáculos cómicos DINAMOteatro utiliza un humor baseado nas técnicas do clown, da narración oral e sobre todo na improvisación e interacción co público.

Cos seus espectáculos teñen percorrido boa parte da xeografía galega levando as gargalladas alí onde chegan.


jueves, 13 de marzo de 2014

DINAMO organizou as Festas Infantís de Entroido de Cambre

Nos pasados días de Entroido a equipa profesional de DINAMO organizou e dinamizou sendas festas infantís de Entroido no Concello de Cambre, concretamente nos núcleos poboacionais do Temple e Cambre.

Foron festas multitudinarias onde a participación das cativas/os e dos seus pais e nais foi masiva.

O luns 3 de marzo, a festa foi no Temple e a equipa de DINAMO preparou unha festa repartida en diferentes estacións con probas e divertimentos. E o martes 4, en Cambre, como a afluencia aínda foi maior organizouse unha festa dirixida dende o propio escenario con animación musical, xogos, probas, coreografias, miniespectáculos teatrais...

Ademáis DINAMO tamén participou dunha maneira moi directa no sábado de Entroido, ou Entroido Pequeno pois Pedro Brandariz foi o presentador e dinamizador do concurso de disfraces, comparsas e carrozas da vila de Cambre.

En definitiva un Entroido como o de Cambre, da man de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.


lunes, 9 de septiembre de 2013

DINAMO participou na Festa da Xuventude do Concello de Oleiros

O pasado 31 de agosto a equipa profesional de DINAMO participou con dúas actividades na Festa da Xuventude, organizada polo Concello de Oleiros.

Por un lado levouse a cabo un Obradoiro de Tatuaxes con Henna para todas as mozas e mozos que quixeran participar. E pola outra, tamén se desenvolveu a dinamización e presentación de todas as actividades e do propio Festival Son Ría, co que rematou a festa da mocidade.

A dinamización e presentación correu a cargo de Pedro Brandariz.

As actividades xuvenís son un dos fortes das intervencións de DINAMO que ofrece ós concellos e outras entidades.




viernes, 1 de febrero de 2013

DINAMOteatro leva a Vigo o espectáculo "Pobreza 0,0"

Dende o outono do ano pasado a compañía DINAMOteatro, en colaboración coa Coordenadora Galega de ONGDs, está a representar o espectáculo "Pobreza 0,0" nas diferentes cidades galegas. De momento xa estiveron na Coruña e en Compostela, e desta volta tócalle o turno a Vigo.

Mañá sábado 2 de Febreiro, no local parroquial de Coia, ás 20:00 Felipe Díaz "Caxoto" e Pedro Brandariz subirán as táboas para representar un espectáculo que ten como principal obxectivo a sensibilización na idea da Pobreza 0, no reparto equitativo da riqueza, no comercio xusto, nunha democracia real ...

"Pobreza 0,0" analiza dende un punto de vista humorístico as relacións internacionais, a hipocresía do capitalismo, as novas máis actuais ... E tamén dunha maneira moi interactiva, pois o público participa moi activamente do espectáculo.

DINAMOteatro ten percorrido un longo camiño de estreita colaboración con diferentes organizacións non gubernamentais de axuda ó desenvolvemento: Solidaridad Internacional Galicia, Entreculturas, CGONGDS, EAPN-Galicia ...




lunes, 12 de noviembre de 2012

DINAMOteatro encheu de risas a vila de Cedeira

O pasado sábado 10 de novembro a compañía DINAMOteatro levou o seu "circo particular" ó Auditorio Municipal de Cedeira que estaba ateigado de cativas e cativos (coas súas respectivas nais e pais).

A Familia do Pindirico, formada polos actores e actrices da compañía, representou diferentes números cómicos que fixeron pasar un tarde moi divertida ó numeroso público alí congregado.

Este é un dos espectáculos máis senlleiros da compañía DINAMOteatro que protagonizan o cómico Pedro Brandariz e o contacontos Felipe Díaz "Caxoto" que comparten escenario coa actriz Carmen Cotelo.

Trátase dun espectáculo para todos os públicos e que ven de percorrer boa parte das vilas galegas. Nos vindeiros meses continuará o seu periplo pola xeografía galaica.



viernes, 9 de noviembre de 2012

DINAMO participou na Hora do Conto das Bibliotecas de Oleiros

Nos meses de Outubro, Novembro e Decembro estase a levar a cabo o Programa "A Hora do Conto" nas Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros. Este programa é todo un clásico da animación á lectura das bibliotecas oleirenses.

Desta volta a participación de DINAMO veu da man do monologuista, cómico e contacontos Pedro Brandariz que narrou un feixe de historias o pasado 7 de novembro na Biblioteca de Santa Cruz, para un abultado público de máis de 50 cativas e cativos coas súas respectivas nais e pais. 

Dende DINAMO contamos cun amplo catálogo de espectáculos para as máis cativas e cativos, así como diferentes contadoras e contadores de historias. Se queres recibir máis información podes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com



martes, 30 de octubre de 2012

DINAMO organiza varias das actividades de NOCTURNIA

Dende a semana pasada botou a andar unha nova edición de Nocturnia, o programa de lecer alternativo para a mocidade. Durante os meses de outubro, novembro e decembro a mocidade coruñesa pode participar nunha manchea de actividades, propostas e iniciativas.

Dende DINAMO organizamos varias das actividades que forman parte do programa:
- Obradoiro de Maquillaxe de Efectos (26 de Outubro): dinamizado por Lorena Cambón
- Obradoiro de Meiguiñas (2 de Novembro): dinamizado por Felipe Díaz Caxoto
- Obradoiro de Clown (2 e 16 de Novembro): dinamizado por Pedro Brandariz
- Obradoiro de Contacontos (1 e 15 de Decembro): dinamizado por Felipe Díaz Caxoto

Para participar nas actividades é necesario inscribirse na páxina www.coruna.es/nex. Para as actividades de novembro xa está aberto o prazo de inscrición.

A equipa profesional de DINAMO está especializada en actividades para a xuventude, programas xuvenis ...




lunes, 29 de octubre de 2012

Moitas risas en Arzúa con DINAMOteatro

O pasado domingo a compañía DINAMOteatro representou o espectáculo "Radio Torreiro" no Local Social de Burres en Arzúa. 

Felipe Díaz "Caxoto" e Pedro Brandariz protagonizan un espectáculo que ofrece unha análise humorística das festas galegas, das celebracións populares, das costumes ...

Durante 90 minutos os actores van enfiando un conxunto de esceas, a cada cal máis hilarante, nas que o público se ve identificado.

O que ven as espectadoras e espectadores é a gravación dun programa de radio, con bloques de titulares, programas de investigación, testemuñas, seccións musicais, deportivas ... todas elas moi, moi cómicas.

A actuación foi promovida pola Concellería de Cultura do Concello de Arzúa e a resposta por parte do público foi moi positiva.



lunes, 4 de junio de 2012

DINAMO presenta a súa Proposta de Actividades para Fin de Curso

Todos os anos, coa chegada co mes de xuño, a actividade nos colexios e centros educativos revolucionase, pois está moi próximo o remate do curso escolar.


Nos últimos días lectivos en todos os centros levanse a cabo festas e actividades lúdicas para despedir o curso dunha maneira amena e divertida.


Dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais ofrecemos unha ampla proposta de posibilidades para levar a cabo no remate de curso: festas temáticas, animación musical, obradoiros, xincanas, espectáculos teatrais ...


Ademais adaptamos as actividades para todas as idades, tanto para as cativas e cativos de Educación Infantil ou Primaria como para as mozas e mozos de Educación Secundaria.


Se queredes que vos enviemos a proposta detallada solicitadea no 647.488.688 ou no correo electrónico dinamo@dinamoxestion.com

sábado, 26 de mayo de 2012

DINAMOteatro chega a Valdoviño co seu espectáculo "Ás Andadas 2.0"


DINAMOteatro chega a Valdoviño co seu espectáculo “Ás Andadas 2.0”
O vindeiro domingo  27 de maio a compañía teatral DINAMOteatro presenta na Casa da Cultura de Valdoviño a montaxe teatral  “Ás Andadas. 2.0”.
Trátase dun espectáculo moi dinámico, no que dou actores” presentan diferentes historias, vencelladas todas elas, ás festas populares, ás verbenas, ás romarias … e todo o que teña que ver co carácter festivo das galegas e galegos.
E todos os scketchs están organizados baixo un fío condutor moi especial:  unha emisora de radio.
Felipe Díaz “Caxoto” e Pedro Brandariz son os protagonistas desta montaxe humorística, que  neste verán percorrerá varias vilas galegas.
Para máis información podedes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com