Os pasados 14 e 15 de decembro a equipa profesional de DINAMO organizou o "Desafío do Apalpador" no CEIP Alborada da Coruña.
O "Desafío do Apalpador" trátase dun gran xogo de probas e pistas arredor da figura do carboeiro do Courel, que en Nadal visita as casas das nenas e nenos para apalparlle as súas barriguiñas e deixarlle castañas e agasallos. As pistas e probas van encamiñadas a que as cativas e cativos descubran a tradición do Apalpador dunha maneira lúdica, a través de xogos, cancións, probas...
Esta actividade de Nadal foi unha das máis demandadas polos centros educativos para celebrar estas festas dunha maneira diferente, activa e dinámica.
Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades de Nadal, dende animacións teatrais e musicais, ata xincanas, pasando por espectáculos, contacontos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario