Mostrando entradas con la etiqueta desafío do apalpador. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta desafío do apalpador. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de enero de 2022

DINAMO organizou o "Desafío do Apalpador" no CEIP Pazo da Mercé (As Neves)

O pasado 20 de decembro a equipa profesional de DINAMO organizou o "Desafío do Apalpador" no CEIP Pazo da Mercé de As Neves.

As alumnas e alumnos do colexio pontevedrés gozaron dunha mañá diferente paraticipando nunha manchea de xogos e probas temáticas arredor da figura e da tradición do Apalpador. Dunha mneira lúdica e dinámica coñeceron a súa orixe, o seu día a día, o que xeracións e xeracións foron transmitindo de nais / pais a fillas/os sobre o "carboeiro" do Courel que apalpaba a barriguiña das cativas e cativos e lle deixaba castañas e xoguetes.

O "Desafía do Apalpador" é unha magnífica actividade para celebrar o Nadal en centros educativos, entidades sociais, departamentos municipais...

domingo, 16 de enero de 2022

DINAMO organizou o "Desafío do Apalpador" no CEIP Alborada (A Coruña)

Os pasados 14 e 15 de decembro a equipa profesional de DINAMO organizou o "Desafío do Apalpador" no CEIP Alborada da Coruña.

O "Desafío do Apalpador" trátase dun gran xogo de probas e pistas arredor da figura do carboeiro do Courel, que en Nadal visita as casas das nenas e nenos para apalparlle as súas barriguiñas e deixarlle castañas e agasallos. As pistas e probas van encamiñadas a que as cativas e cativos descubran a tradición do Apalpador dunha maneira lúdica, a través de xogos, cancións, probas...

Esta actividade de Nadal foi unha das máis demandadas polos centros educativos para celebrar estas festas dunha maneira diferente, activa e dinámica.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades de Nadal, dende animacións teatrais e musicais, ata xincanas, pasando por espectáculos, contacontos...