jueves, 20 de enero de 2022

DINAMO organizou a Campaña "Dálle á Lingua" para a promoción do galego

 Durante o pasado mes de decembro a equipa profesional de DINAMO percorreu as sete cidades galegas organizando a actividade "Dálle á Lingua" que tiña como principal obxectivo a promoción do uso da lingua galega entre as nenas e nenos e mozas e mozos en particular e a sociedade en xeral.

Realizáronse actividades lúdicas en torno é galego en parques e espazos infantís para achegarse ás cativas e cativos dunha maneira diferente, pero sempre activa e participativa.

Un curioso "surtidor de retos" poñía a proba ás e ós participantes que debían superar tales retos para acadar diferentes premios e agasallos, como xogos de mesa, camisetas...

O programa "Dálle á Lingua" é unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia, e neste caso DINAMO foi da man da empresa "Sal de Marketing" para executar o proxecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario