lunes, 26 de diciembre de 2011

DINAMO organiza unha manchea de Festas e Actividades de Nadal


Nestas datas de Nadal sucédense as celebracións festivas para as máis cativas e cativos. Son moitos os concellos, asociacións e outras entidades que dende finais de decembro ata o día de Reis organizan actividades nas súas instalacións.

DINAMO organiza este tipo de actividades e eventos festivos, e como mostra informamos de varias que xa fixemos ou que aínda imos facer:

Xoves 22 de Decembro: Contacontos e Presentación da Festa de Nadal no Centro Cívico de Palavea (A Coruña)

Venres 23 de Decembro: Organización da Festa Infantil de Nadal do Concello de Moeche
Luns 26 de Decembro:  Obradoiro de Adornos e Postais de Nadal no Centro Cívico de Mesoiro (A Coruña)

Luns 26 de Decembro: Organización da Festa Infantil de Nadal no Centro Cívico de Monelos (A Coruña)

Martes 27: Contacontos de Caxoto na Pobra do Caramiñal

E ademáis todas as visitas do Apalpador, os obradoiros na Biblioteca da Sagrada Familia (A Coruña), a animación da Pista de Patinaxe da Zona Obelisco … das que xa daremos conta en vindeiras entradas.

E como se dí nestes casos “Bo Nadal e Próspero 2012”


viernes, 23 de diciembre de 2011

O Apalpador xa pasou por DINAMO e tamén visitou a moitas nenas e nenos galegos


Nesta semana previa á Noite Boa e ó día de Nadal o Apalpador xa visitou a moitas nenas e nenos galegos,e as educadoras e educadores de DINAMO foron testemuñas directas destas visitas.


A semana comezou o martes 20 na Escola Infantil Raiola de Compostela onde as pequenas e pequenos quedaron abraiadas/os coa presenza da figura máis representativa do Nadal galego.

No mércores 21 a cita foi dobre, pola mañá visitou o Colexio Andaina de Culleredo e á tarde estivo agasallando á nenas e nenos do Centro Cívico de Novo Mesoiro.


O venres 23 poidemos escoitar a súa grave voz polas ondas de Radio Estrada, e na noite do 24 chegará a todos os fogares galegos, para apalpar as barriguiñas das pícariñas e picariños e agasallalos con castañas e pequenos xoguetes.


Se estades interesadas e interesados en que o Apalpador visite o voso concello, escola, centro … podedes falar coa xente de DINAMO que seica ten comunicación directa co mesmiño Apalpador.



jueves, 15 de diciembre de 2011

DINAMO participa no Festival Ecolóxico TERRACTIVA de Arzúa


Esta fin de semana a equipa profesional de DINAMO participará en diferentes accións do Festival Ecolóxico Terractiva, que xestiona a empresa Coperactiva Cultural e conta coa promoción do Concello de Arzúa e a Deputación da Coruña.


Durante toda a fin de semana dúas monitoras/es de DINAMO levarán a cabo as actividades da Eco-Ludoteca, na que participarán as máis pequenas e pequenos. Obradoiros ecolóxicos, xogos ambientais, xincanas … serán algunha das actividades que se desenvolverán durante o sábado 17 e domingo 18 de outubro.


Ademáis, o domingo 18, ás 17:30 Pedro Brandariz dinamizará un Obradoiro de Consumo Responsable para todas as persoas interesadas.


O Festival Terractiva é unha cita ineludible nos meses de outono na vila de Arzúa onde se poden descubrir unha manchea de entidades, iniciativas e actividades vencelladas cun estilo de vida sostible e saudable. Feira ecóloxica, teatro, música, actividades formativas, obradoiros, charlas, roteiros, demostracións ...  faise difícil non atopar nada que non che interese. 


Agardámoste.





viernes, 9 de diciembre de 2011

DINAMO organiza un Obradoiro de Risoterapia para ASPESOR


Mañá sábado, 10 de decembro DINAMO organiza un Obradoiro de Risoterapia para Persoas Sordas na Coruña, concretamente nas instalacións da Asociación de Persoas Sordas de A Coruña (ASPESOR).

Serán dúas horas de diversión asegurada, onde as e os participantes comprobarán os beneficios da risa, as técnicas básicas da risoterapia e aplicacións útiles para a vida diaria.

A iniciativa xurde  da propia Asociación de Persoas Sordas de A Coruña e será impartida por Pedro Brandariz.


lunes, 5 de diciembre de 2011

Exitosa participación de DINAMO no Culturgal


A pasada fin de semana (do 1 ó 3 de decembro) celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra a Feira das Indrustrias Culturais “Culturgal” na que participou DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.

Durante os tres días o stand de DINAMO foi dos máis visitados da feira, polo seu atractivo deseño, polas chapas feitas en directo que se agasallaron a todas as persoas visitantes e polo interese amosado nos servizos e actividades de DINAMO.


Pero ademáis do stand a presenza de DINAMO fixose patente cunha actividade dentro do programa oficial, a actuación de Caxoto Contacontos, o domingo ás catro e media, na que participaron case un cento de cativas e cativos e as súas correspondentes nais e país.

Desta maneira DINAMO amosou unha vez máis o seu compromiso co cultura galega e os servizos que se ofrecen no eido da xestión cultural.



jueves, 1 de diciembre de 2011

DINAMO organiza as actividades de información sobre a SIDA do Concello de Oleiros


Durante toda es semana as alumnas e alumnos dos IES de Oleiros recibiron nutrida información sobre como previr, detectar e actuar ante os casos de SIDA, a través de charlas temáticas, stands informativos en cada centro, reparto de preservativos …

Nas charlas informativas participan diferentes representantes da Sociedade Galega Interdisciplinaria da SIDA, ademáis das educadoras e educadores do programa “Resposta Sexual Oleiros” (xestionado por DINAMO)

Os stands de materiais estiveron disponibles para as alumnas e alumnos toda esta semana, pero o propio 1 de Decembro (Día Internacional de Loita Contra a SIDA) estiveron atentidos pola equipa educativa, para solucionar todas as dúbidas das mozas e mozos, repartir preservativos …


lunes, 28 de noviembre de 2011

DINAMO participa nos Actos de Conmemoración do 25 de Novembro en Pontedeume


Como cada ano o Concello de Pontedeume conmemorou o 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Foi un dos socios de DINAMO, Felipe Díaz “Caxoto” quen presentou o acto de entrega de premios do IV Certame de Relatos Breves pola Igualdade, que se organiza co obxectivo de sensibilizar na igualdade entre homes e mulleres e previr a violencia de xénero.

O acto celebrouse o propio día 25 de Novembro ás 12:30, sendo precedido polo Acto Central, onde se leu o manifesto de repulsa á violencia machista.


viernes, 25 de noviembre de 2011

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade en Moeche

Este xoves, 24 de Novembro, a equipa educativa de DINAMO levou a cabo unha “xincana pola igualdade de xénero” no CEIP San Ramón de Moeche, por iniciativa do propio concello.
As alumnas e alumnos tiveron unha mañá atípica, pero por unha boa causa, para amosar a súa repulsa a calquera tipo de violencia e discrimación contra as mulleres.
A xincana contiña unha gran cantidade de probas, dinámicas, xogos, preguntas … todas vencelladas co eido da corresponsabilidade no fogar, coa eliminación de estereotipos e roles sexistas, e sobre todo coa detección e prevención da violencia de xénero.
As “xincanas pola igualdade” é unha actividade que DINAMO realiza en moitos centros educativos ó longo de todo o ano, pois permite concienciar e sensibilizar ás cativas e cativos dunha maneira lúdica e sobre todo didáctica.

jueves, 24 de noviembre de 2011

DINAMO organiza o Acto Central da Campaña de Prevención da Violencia de Xénero do Concello de Cambre

Este xoves, ás 20:00 no Centro Sociocultural do Graxal, o Concello de Cambre leva a cabo o Acto Central da Campaña de Prevención da Violencia de Xénero cun programa de accións multidisplinares.
Neste acto, co que o concello cambrés adiantase ó 25 de Novembro (Día Internacional contra a Violencia de Xénero), as persoas que asistan poderán visionar as curtametraxes guionizadas polas alumnas e alumnos dos IES de Cambre, unha pequena peza teatral sobre o tema da violencia machista, un concerto do músico local Hugo Torreiro e moitas cousas máis.
Desta maneira pechase a campaña municipal de sensibilización que ten por lema “Canto me quere! Canto me quere? Na Violencia de Xénero, un signo basta.  Esta campaña levouse a cabo con diferentes accións:
-          Obradoiros de Bó Trato nos IES de Cambre: actividades educativas e de sensibilización
-          Edición de carteis, folletos, chapas, bolsas co lema e imaxe da campaña.
-          Actuacións teatrais temáticas
-          E o propio acto que se celebra o día 24 de Novembro.

viernes, 18 de noviembre de 2011

DINAMO organiza un Obradoiro de Velas en Begonte


Hoxe venres 18 de Novembro a equipa profesional de DINAMO desenvolverá un Obradoiro de Confección de Velas na Escola Vella de Begonte, por iniciativa da Asociación de Mulleres Rurais do mesmo municipio.

A actividade desenvolverase dende as 16:30 ata as 18:30 e está aberta a toda aquela persoa que estea interesada.

Esta non é a primeira das actividades que DINAMO desenvolve para este colectivo, senón que durante todo ano realizáronse diferentes accións socioculturais.


miércoles, 16 de noviembre de 2011

DINAMO leva a cabo o Programa Educativo "Somos 2. Eu tamén conto" do CIM da Coruña


Nos vindeiros días a equipa educativa comezará a impartir as accións educativas do Programa Educativo en Igualdade e Prevención de Violencia de Xénero “Somos 2. Eu tamén conto”, iniciativa do Centro de Información ás Mulleres do Concello da Coruña.

Serán alumnas e alumnos de numerosos centros de ensino secundario da cidade herculina as e os que participen nos obradoiros educativos.

Nas tres sesións de traballo que se desenvolven con cada grupo-aula, as educadoras/es traballan coas mozas e mozos, sobre os estereotipos de xénero, os roles, o sistema sexo-xénero, o noviazgo saudable, as relacións de parella, o bo trato e o maltrato, a violencia machista, tipos de violencia …

Boa parte das sesións centranse en torno ao 25 de novembro (Día Internacional contra a Violencia Machista), pero como son moitos os centros educativos que solicitan tales actividades, dentro do programa Aprender en Coruña, as sesións exténderanse ó 2º e 3º trimestre do curso.


viernes, 11 de noviembre de 2011

Os Contos de Caxoto recalan na Coruña e en Viveiro

Xa pasou o Samaín, pero aínda queda o mes de San Martiño e moitos Magostos por celebrar e Caxoto Contacontos amenizará coas súas historias e narracións dúas destas xuntanzas festivas.
O venres 11, a cita será ás 13:00 no IES Puga Ramón da Coruña, onde as afortunadas e afortunados serán as alumnas e alumnos de 1º e 2º cursos da ESO.

E o sábado 12, a sesión de contos será na Asociación de Mulleres Rurais Fraga das Saímas, en Boimente (Viveiro). Nesta caso os contos e historias serán para persoas adultas, que tamén teñen dereito a desfrutar dos contos.

En ambos casos as historias que narrará Caxoto serán ambientadas no tempo dos Magostos, do Samaín e do San Martiño, nada mellor para sobrelevar o frío deste tempo.



jueves, 10 de noviembre de 2011

DINAMO imparte os obradoiros do Programa Educativo RSO de Oleiros

Dende o o comezo do mes de novembro a equipa educativa de DINAMO está a desenvolver os obradoiros educativos do Programa “Resposta Sexual Oleiros” organizado pola Concellería de Xuventude e Ensino do Concello de Oleiros. 

As sesións de traballo están destinadas a alumnas e alumnos do 3º Curso da ESO (Educación Secundaria Obligatoria). Son un total de cinco obradoiros por grupo-aula no que traballan sobre a idea dunhas relacións sexuais saudables e enriquecedoras, afondado na educación afectivo-emocional e sexual das mozas e mozos.

As actividades desenvolvense non tres institutos públicos do Concello de Oleiros: IES Miraflores (Oleiros), IES Xosé Neira Vilas (Perillo) e IES María Casares (Bastiagueiro).