Nos vindeiros días a equipa educativa comezará a impartir as
accións educativas do Programa Educativo en Igualdade e Prevención de Violencia
de Xénero “Somos 2. Eu tamén conto”, iniciativa do Centro de Información ás
Mulleres do Concello da Coruña.
Serán alumnas e alumnos de numerosos centros de ensino
secundario da cidade herculina as e os que participen nos obradoiros
educativos.
Nas tres sesións de traballo que se desenvolven con cada
grupo-aula, as educadoras/es traballan coas mozas e mozos, sobre os
estereotipos de xénero, os roles, o sistema sexo-xénero, o noviazgo saudable,
as relacións de parella, o bo trato e o maltrato, a violencia machista, tipos
de violencia …
Boa parte das sesións centranse en torno ao 25 de novembro
(Día Internacional contra a Violencia Machista), pero como son moitos os
centros educativos que solicitan tales actividades, dentro do programa Aprender
en Coruña, as sesións exténderanse ó 2º e 3º trimestre do curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario