O pasado domingo 30 de outubro a equipa de DINAMO organizou
varias actividades lúdicas no Magosto da ANPA Andares do CRA de Ponteceso, na
propia vila.
Dende as cinco da tarde as cativas e cativos, as nais e país,
e as mestras e mestres participaron nunha sesión de "xogos magosteiros”
onde as castañas foron as auténticas protagonistas.
A continuación pequenas/os e maiores pasaron un bó anaco
descubrindo e lembrando xogos tradicionais como a rá, os sacos, os aros, a
sogatira ...
E para rematar a festa animación musical e globlofexia.
Ademáis todas as e os participantes poideron merendar na
propia carpa habilitada para a actividade. Unha merenda ofrecida pola propia Asociación
de Nais e Pais.
DINAMO organiza unha manchea de actividades no tempo dos
magostos e do Samaín, algunha das cales iredes coñecendo neste blogue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario