O próximo sábado 29 e domingo 30 de outubro celebraranse
dous cursos de formación sobre a “Acción Voluntaria” organizados polo Concello
de Cambre para as súas e seus voluntarios. Un será de formación básica e outro
máis avanzado de formación específica.
Os cursos realizaranse no Albergue Xuvenil de Gandarío
(Bergondo) pois as xornadas do curso son completas e inclúen a pernocta.
A equipa educativa de DINAMO encargarase das actividades
máis lúdicas e de esparcemento, que son tan importantes como as propiamente
formativas.
A convivencia nun albergue durante dúas xornadas precisa se
momentos de descanso, de desconexión coas actividades formativas, de actividades informais, … e ahí estará a equipa educativa de DINAMO para que a
actividade resulte levadeira, pracenteira e sobre todo enriquecedora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario