Cada ano, por estas datas de Outono chega o tempo dos
Magostos, e tamén as celebracións do Samaín (ou noite de Santos), que cada vez gozan
de maior participación.
Dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais
presentamos unha ampla proposta de actividades para dinamizar este tipo de
celebracións.
As propostas que van dende o lúdico e festivo, ata o
formativo pasando polas escénicas, teñen como obxectivo primordial contribuir ó
mantemento e recuperación de tradicións tan ancestrais como o Magosto e o Samaín
.
Ademais das intencións acerca de conservar as
tradicións as actividades sirven para dinamizar socioculturalmente á comunidade.
Dento da proposta hai actividades para todas as idades
(xerais e específicas), as cales pódense levar a cabo en concellos, centros de
ensino, asociacións ….
Se queredes o Catálogo
de Actividades para o Magosto e o Samain podedes solicitalo no correo
dinamo@dinamoxestion.com ou chamando ó 647.488.688
No hay comentarios:
Publicar un comentario