Este xoves , 6 de Outubro, no Centro de Maiores de A Baiuca,
en Arteixo organízase o acto central da Semana da Lactancia Materna do grupo de
aleitamento arteixán Tetola.
A partir das catro da tarde sucederanse diferentes actos,
sendo o principal de eles a conferencia impartida por Dº Eva Gonzalez Souto
(presidente de ALMA, grupo de apoio á lactancia materna).
Paralelamente as nenas e nenos que asistan participarán en
diferentes actividades lúdicas organizadas pola equipa educativa de DINAMO.
E finalmente haberá unha gran merendola para cativas/os e
non tan cativas/os.
No hay comentarios:
Publicar un comentario