DINAMO leva a cabo os Obradoiros de Bó Trato nos IES de
Cambre
Dende hoxe 17 de outubro desenvolvense nos centros de ensino
secundario de Cambre os Obradoiros de Bó
Trato, por iniciativa do Concello de Cambre e coa xestión de DINAMO Xestión de
Actividades Socioculturais.
Neste Programa de Prevención da Violencia de Xénera
participarán todas as aulas de 1º e 2º Curso da ESO (Educación Secundaria
Obligatoria) dos dous institutos do concello de Cambre: IES David Buján
(Sigrás) e IES Alfonfo X O Sabio (A Barcala).
Cada aula-grupo participante traballará na perspectiva de
xénero e prevención da violencia de xénero durante 6 sesións de 50
minutos. Ademais recibirán formación na
técnica aufiovisual, pois crearán pequenos guións para un concurso de curtas
sobre o tema. Os guións gañadores terán a oportunidade de ser gravados.
De feito a gravación e proxección das curtas será unha das
accións máis importante do programa.
Ademais o Programa de Prevención da Violencia de Xénero
estará complementado con outras actividades das que daremos conta, edición de
materiais promocionais, …
No hay comentarios:
Publicar un comentario