O pasado domingo 19 de Agosto a compañía DINAMOteatro presentou o seu espectáculo infantil " A Familia do Pindirico" na Praza Pablo Iglesias de A Coruña, dentro da programación das Festas de María Pita.
Dende as 19:00 unhas trescentas persoas presenciaron o espectáculo dirixido a todos os públicos, pero en especial ás máis cativas e cativos.
"A Familia do Pindirico" é un espectáculo de comedia, onde unha familia moi particular decide montar un circo dos de toda a vida. Durante 60 minutos as tres actrices e actores levan a cabo unha serie de skechts cómicos que provocan as gargalladas de todo o público.
DINAMOteatro é unha compañía que naceu no ano 2006, e conta con diferentes montaxes en cartel: Radio Torreiro, Con Sumo Gusto ...
martes, 21 de agosto de 2012
jueves, 16 de agosto de 2012
DINAMO organizou Tardes de Xogos Populares en Ourol e Cambre
O pasado domingo 12 e o xoves 16 de Agosto a equipa profesional de DINAMO levou a cabo dúas sesións de Xogos Populares no concello lucense de Ourol e no coruñés de Cambre.
Nunha e outra localización as veciñas e veciños participaron de múltiples xogos tradicionais, como a rá, a ferradura, o pescabotellas, os zancos, o cravapuntas, o futbolín tradicional, a torre de madeira, os aros, as carreiras de sacos, a corda, a comba, o lanzamento de alpaca ...
Estes xogos e entretementos teñen unha longa tradición e sempre funcionan entre pequenas/os e non tan pequenas/os.
Ambas tardes de actividades foron enmarcadas dentro da programación das festas locais.
Dende DINAMO organizamos actividades vencelladas co xogo tradicional, empregando materiais específicos e monitoras/es especializadas/os.

sábado, 11 de agosto de 2012
DINAMO participou no AlfarOleiros 2012
O pasado venres 10 de Agosto a equipa profesional de DINAMO organizou un Obradoiro de Barro para as máis cativas e cativos dentro da Feira AlfarOleiros, que se celebra estes días na vila de Santa Cruz.
As pequenas e pequenos durante dúas horas poideron modelar as súas figuras e creacións artísticas, coa axuda e supervisión de dúas monitoras/es especializadas
jueves, 9 de agosto de 2012
DINAMO organiza un Obradoiro de Rap no Centro Cívico de Novo Mesoiro
Dende o pasado martes 7 de Agosto as mozas e mozos de Novo Mesoiro poden participar nas clases de rap que imparte o coñecido MC Doble DL.
Todos os martes e xoves ata o 23 de agosto as e os participantes aprenderán as técnicas básicas do rap e do dj durante hora e media cada día.
Dende DINAMO organizamos multitude de actividades interesantes para a dinamización da mocidade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)