lunes, 30 de diciembre de 2013

DINAMOteatro percorreu no 2013 a xeografía galega cos seus espectáculos

Neste 2013 a compañía escénica DINAMOteatro percorreu unha manchea de vilas galegas cos seus espectáculos. 

Foron bastantes citas con moi diferentes espectáculos. Propostas moi variadas para públicos diferenciados. 

Os espectáculos que foron representados e que actualmente siguen en cartel son os seguintes:

RADIO TORREIRO: comedia para persoas adultas
CON SUMO GUSTO: teatro xuvenil
A FAMILIA DO PINDIRICO: teatro familiar
MONÓLOGOS DE PEDRO BRANDARIZ: humor para persoas adultas
CONTOS E OUTRAS ANDRÓMENAS: contacontos para nenas e nenos
MAXIA CON DIEGO VILLAR: maxia para nenas e nenos
ANIMACIÓNS TEATRAIS ITINERANTES

Todos os espectáculos de DINAMOteatro están dispoñibles na Rede Galega de Teatros e Auditorios, así como na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Se queres contratar algún espectáculo podes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com



domingo, 29 de diciembre de 2013

DINAMO xestiona a Escola Infantil de Teatro de Ponteceso

A equipa profesional de DINAMO xestiona, dende o pasado mes de outubro, e ata maio de 2014 a Escola Infantil de Teatro de Ponteceso, con clases semanais en dous grupos diferenciados.

As e os participantes son cativas e cativos de 4 a 12 anos.

Todos os luns de 17:30 a 18:30 a actividade é para as cativas e cativos da Ponte, e de 19:40 a 20:40 o turno é para as nenas e nenos de Corme.

Coas clases semanais preténdese achegar ao teatro ás e ós participantes, dunha maneira lúdica, divertida e moi, moi participativa.

Ademáis, dende o primeiro momento iniciamos o traballo escénico, coa improvisación de pequenas esceas, e sobre todo coa preparación e ensaios de espectáculos que logo serán representados.

De feito o pasado 21 de decembro representáonse os dous primeiros espectáculos "O mellor do Nadal" e a "A foto de Nadal" no Espazo de Servizos Múltiples do Concello de Ponteceso.

No 2014 prepararanse outros dous espectáculos para representar a final de curso.


sábado, 28 de diciembre de 2013

DINAMO organizou Actividades Lúdicas na Biblioteca de Carral

Nos pasados meses de novembro e decembro a equipa profesional de DINAMO levou a cabo diferentes actividades lúdicas na Biblioteca de Carral.

Algunhas das actividades que se levaron a cabo foron:
. Maquillaxe de Terror
- Obradoiros de Samaín
- Festa de Samaín
- Adornos de Nadal

Trátase de actividades lúdicas para cativas/os pero que sempre teñen como obxectivo primordial o fomento e promoción da lectura.


viernes, 27 de diciembre de 2013

"De vacaciones con Picasso" un campamento artístico, organizado por DINAMO

Neste mes de decembro a equipa profesional de DINAMO está a levar a cabo na Casa Picasso da Coruña varias actividades para as máis cativas e cativos para darlles a coñecer a figura do pintor.

Trátase de actividades lúdicas e de creación artística para nenas e nenos de 4 a 10 anos

As actvidades son as seguintes: 

Baixas xogar con Picasso?: 14 e 21 de decembro
De vacacións con Picasso?: 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, e o 2 e 3 de xaneiro.

Todas as actividades se engloban no programa Club Picasso, son gratuitas e realizanse en horario de 11:00 a 13:30.

Esta é unha das actividades dentro do Programa de Visitas e Actividades ás Casas Museo da Coruña, da que resultou concesionaria a empresa DINAMO.


DINAMO organizou Obradoiros de Prevención de Violencia de Xénero nos Centros Cívicos da Coruña

No pasado mes de novembro a equipa profesional de DINAMO levou a cabo unha serie de obradoiros de "prevención da violencia de xénero", organizados polo Centro de Información ás Mulleres, dentro da Campaña do 25-N "Estamos Contigo". 

Foron 12 obradoiros biaxo tres modalidades diferentes:

Para nenas e nenos: traballando conceptos como a igualdade de xénero, a corresponabilidade... con xogos divertidos, a través dos contos infantís...

Para mozas e mozos: abordáronse as relacións de noivado, aprender a detectas os sinais de maltrato psicolóxico, as habilidades sociais ... a través de dinámicas amenas e participativas

Para as persoas adultas: abordouse o fenómeno da violencia de xénero, as súas causas e consecuencias, e sobre todo como fuxir desa relación de maltrato, ou como axudar a terceiras persoas.

Cada centro cívico da Coruña escolleu un ou varios dos obradoiros para traballar coas súas usuarias/os.

Esta foi unha actividade máis da Campaña "Estamos Contigo", do Concello da Coruña, para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 



jueves, 26 de diciembre de 2013

DINAMO organizou un Obradoiro de Ligue no Centro Cívico de Novo Mesoiro

Durante tres meses, dende outubro e ata decembro un grupiño de mozas e mozos de Novo Mesoiro participaron no Obradoiro de Ligue, organizado polo Centro Cívico do barrio e dinamizado pola equipa profesional de DINAMO.

En sesións de 90 minutos e cunha sesión semanal as mozas e mozos aprenderon diferentes técnicas e habilidades sociais, co obxectivo de acadar a autorresponsabilidade persoal e social na área das relacións persoais, relacións de parella, afectividade, sexualidade... facilitando deste xeito o desenvolvemento integral da persoa.

A través de xogos dinámicas moi entretidas foron abordando temas e profundizando en aspectos que para elas e eles, moitas veces, son tabú, temas prohibidos, vergoñentos... pero que son esenciais para un correcto desenvolvemento das mozas e mozos.

O nome de "obradoiro de ligue" evidentemente é un gancho para a poboación xove, pois o que realmente se traballa son as habilidades sociais, a afectividade, a sexualidade...

Esta é unha das moitas actividades que DINAMO ofrece para a xente moza. Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades para a Xuventude podes solicitala no 647.488.688 ou escribindo a dinamo@dinamoxestion.com






DINAMO organizou e impartiu un Curso de Especialización en Globoflexia en Padrón

Nos pasados meses de outubro e novembro a equipa profesional de DINAMO impartiu a un grupo de 25 voluntarias e voluntarios do Concello de Padrón un Curso de Especialización en Globoflexia, que tivo unha duración de 16 horas. 

No citado curso ás alumnas e alumnos aprenderon as técnicas básicas da globoflexia para logo crear as figuras máis complexas e espectáculares que se poden crear con globos. Non só asimilaron as técnicas e as figuras, senón que adquiriron destrezas para o traballo en público realizando figuras con globos a gran velocidade e vistosidade.

No último día de clase saíron ás rúas de Padrón para amosar as súas aprendizaxes e facer así as delicias de cativas/os e non tan cativos.

O curso foi promovido polo Concello de Padrón, e impartido pola equipa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.


miércoles, 25 de diciembre de 2013

DINAMO xestiona boa parte do Programa Vive o Nadal do Culleredo

Dende o pasado 13 de decembro e ata o vindeiro 3 de xaneiro DINAMO xestiona e dinamiza as actividades do Programa "Vive o Nadal" do Concello de Culleredo. 
O citado programa ofrece unha manchea de posibilidades para as máis cativas e cativos, mentras as súas nais e pais dispoñen de tempo para facer as mercas de Nadal, e deste maneira colaborar na promoción do pequeno comercio. 
O programa de actividades pretende crear espazos agradables que permitan a conciliación da vida familiar e laboral, e ao mesmo tempo dinamicen os espazos comerciais de Culleredo.
As actividades que xestiona e dinamiza a equipa de DINAMO son as seguintes:
Animación nas rúas.
Durante os días 13 o 23  de decembro en horario de 18:00 a 20:00 horas un Papa Noel e dous axudantes percorrerán as rúas do Concello animando e recibindo a todos os nenos/as que queiran entregarlle a súa carta. E dende o  27 de decembro ao 3 de xaneiro 2014 en horario de 18:00 a 20:00 horas, uns paxes reais percorrerán as rúas do Concello.

Obradoiros de Nadal. 
Venres 20
Obradoiros do Nadal 18.00 a 20.00 horas.
Adornos do nadal con goma eva e material de refugallo
No Burgo, Fonteculler (centro social) e no Pazo de Villa Melania.

Luns 23

Obradoiros do Nadal 18.00 a 20.00 horas
  • O Burgo: torneos de baile, coches futbol…wii, play station e xbox360
  • Fonteculler: obradoiro de galletas navideñas
  • Pazo de Villa Melania:  xogos do nadal
Trono de Papa Noel: recollida de cartas no Pazo de Villa Melania de 17.00 a 20.00 horas.

Venres 27

Obradoiros do Nadal 18.00 a 20.00 horas
  • O Burgo: obradoiro de galletas navideñas
  • Fonteculler: xogos do nadal
  • Pazo de Villa Melania: torneos de baile, coches futbol, wii, play station e xbox360
Luns 30

Obradoiros do Nadal 18.00 a 20.00 horas
  • O Burgo: xogos do nadal
  • Fonteculler: torneos de baile, coches futbol…wii, play station e xbox360
  • Pazo de Villa Melania:  obradoiro de galletas navideñas

jueves, 12 de diciembre de 2013

O Bus do 25-N do Concello da Coruña, dinamizado e atendido por DINAMO

 A equipa educativa de DINAMO prestou os servizos de atención e dinamización do Bus á pé de rúa da Campaña "Estamos Contigo" de Prevención da Violencia de Xénero, do Concello da Coruña. 

Con motivo da conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero o Concello da Coruña prantexou unha extensa campaña de sensibilización, na que unha das principais accións foi ofrecer ás coruñesas e coruñeses un punto de información e sensibilización móbil, a modo de autobús.

O "autobús violeta" percorreu durante a semana do 25 ao 29 de novembro boa parte das rúas e prazas da cidade, sempre atendido e dinamizado por persoal especializado, neste caso da empresa DINAMO.

Cada mañá e cada tarde o autobús ubicouse nun punto senlleiro da cidade herculina e a dinamizadora/or ofrecía información a todas as e os viandantes, resolvía dúbidas a todas as persoas que así o solicitaban e incluso se asesorou a mulleres que sufren a violencia machista, ofrecendo a información necesaria nese primeiro momento e derivandoa a servizos máis especializados.

A campaña foi promovida e xestionada polo Centro de Información ás Mulleres de A Coruña, e consta de outras moitas accións, das que algunhas tamén foron levadas a cabo por DINAMO, e das que daremos boa conta en seguintes entradas.



jueves, 21 de noviembre de 2013

DINAMO organizou unha Xornada de Educación Sexual e Afectiva para mozas/os

O pasado 9 de novembro, a equipa educativa de DINAMO dinamizou unha Xornada de Educación Sexual para o Grupo Scout ASDE Scouts Galicia no Centro Cívico do Castrillón (A Coruña).

Durante seis horas de actividade as mozas e mozos traballaron sobre o que é para elas e eles a sexualidade, as prácticas de risco, as enfermidades de transmisión sexual, os métodos anticonceptivos, os dereitos sexuais e persoais ... e sobre todo, as súas dúbidas e preguntas nesta materia.

Todos os contidos foron tratados a partir de dinámicas e exercicios lúdicos, a través de actividades divertidas que fixeron ameno e levadeiro o traballo sobre os contidos.

A equipa profesional de DINAMO ten ampla experiencia no desenvolvemento deste tipo de actividades coa mocidade.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

DINAMO organizou un amplo programa de Actividades para a Asociación de Comerciantes de Elviña

A equipa profesional de DINAMO organizou boa parte das actividades do Programa de Samaín organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios/as de Elviña e coa promoción da Concellería de Cultura do Concello da Coruña.

As actividades foron as seguintes:

Xoves 31. Obradoiro de Cociña de Samaín
Xoves 31. Obradoiro de Móbil con Morcegos
Venres 1. Contacontos de Samaín.
Sábado 2. Obradoiro con Castañas e Noces
Sábado 2. Obradoiro de Meiguiñas
Domingo 3. Festa de Samaín.

E dentro desta promoción da Concellería de Cultura do Concello da Coruña, a equipa de DINAMO tamén dinamizou unha Festa de Samaín para a Asociación de Veciñas/os de Monelos, o pasado 9 de novembro.


.

martes, 12 de noviembre de 2013

Unha manchea de Samaíns nos Centros Cívicos da Coruña organizados por DINAMO

Nas pasadas datas correspondentes ó Samaín a equipa profesional de DINAMO levou a cabo diferentes actividades de Samaín en varios centros cívicos da Coruña.

Obradoiros, festas, tuneis do terror ... foron algunhas das propostas con maior éxito neste outono.

Algunhas das actividades que se levaron a cabo foron as seguintes:

Obradoiro de Cabazas, no Centro Cívico de Santa Lucía, 26 de Outubro.
Festa Infantil de Samaín no Centro Cívico de San Diego, 30 de Outubro.
Festa Infantil de Samaín no Centro Cívico do Castrillón, 30 de Outubro.
Túnel de Terror no Centro Cívico de Novo Mesoiro, 10 de Decembro.

Estas actividades forman parte dun amplo programa de actividades que dende DINAMO levamos a cabo en colaboración cos Centros Cívicos da Coruña.


viernes, 25 de octubre de 2013

DINAMO leva a cabo un Obradoiro de Debuxo contra a Violencia de Xénero en Vilarmaior

Durante dúas xornadas as cativas e cativos do Concello de Vilarmaior participarán nun obradoiro artístico vencellado á Prevención da Violencia de Xénero.

As nenas e nenos reflectirán nos seus debuxos a lacra da violencia de xénero, así como as súas causas e consecuencias, para desta maneira concienciarse na igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.

Aprenderán técnicas artísticas para mellorar as súas "obriñas de arte" xa que todos os debuxos entrarrán nun concurso, con importantes premios.

De maneira transversal traballaranse os contidos de xénero, prevención da violencia machista dende as etapas máis temperás...

Esta é unha das moitas actividades que dende DINAMO levamos a cabo con motivo da efeméride do 25 de Novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades para o 25-N podes solicitala no 647.488.688 ou en dinamo@dinamoxestion.com


jueves, 24 de octubre de 2013

DINAMO leva a cabo o Programa de Visitas e Actividades nas Casas Museo da Coruña

No curso 2013-14 a equipa profesional de DINAMO será a encargada de dinamizar as visitas e actividades complementarias das Casas Museo que existen na cidade da Coruña:

- Casa Museo de María Pita
. Casa Museo de Casares Quiroga
. Casa Museo de Pablo Picasso.

O programa de visitas está aberto a todo tipo de grupos organizados que o soliciten, tanto de persoas adultas, como mozas e mozos e incluso nenas e nenos.

Ademáis das visitas tamén se organizarán actividades de divulgación das figuras históricas e da súa obra, a través de obradoiros, campamentos, visitas teatralizadas... todas elas encamiñadas á dinamización, divulgación e posta en valor dos recursos museísticos da cidade.

Dende DINAMO pretendese aportar dinamismo e novos recursos ás visitas para que sexan eficaces e constitúan experiencias agradables e inesquecibles para as persoas visitantes.


miércoles, 23 de octubre de 2013

Rematou o Curso de Manualidades 2.0 en Culleredo

Durante catro xornadas a equipa profesional de DINAMO impartiu un Curso de Novas Manualidades no Centro Municipal de Formación "Isaac Díaz Pardo" do Burgo, dentro do programa de formación e reciclaxe para monitoras/es, educadoras/es e persoas interesadas en xeral.

Durante as oito horas que durou o curso as alumnas e alumnos aprenderon novas técnicas do eido das manualidades, sobre todo centradas no scrapbooking.

Este curso é unha das múltiples accións formativas que dende DINAMO levamos a cabo para múltiples entidades: concellos, asociacións...

Se queres recibir o noso plan de formación tan só tes que solicitalo no 647.488.688 ou en dinamo@dinamoxestion.com





viernes, 18 de octubre de 2013

DINAMO presenta unha ampla proposta de Actividades para os Magostos e o Samaín

Cada ano, por estas datas de Outono chega o tempo dos Magostos, e tamén as celebracións do Samaín (ou noite de Santos), que cada vez gozan de maior participación.

Dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais presentamos unha ampla proposta de actividades para dinamizar este tipo de celebracións.

As propostas que van dende o lúdico e festivo, ata o formativo pasando polas escénicas, teñen como obxectivo primordial contribuir ó mantemento e recuperación de tradicións tan ancestrais como o Magosto e o Samaín .

Ademais das intencións acerca de conservar as tradicións as actividades sirven para dinamizar socioculturalmente á comunidade.

Dento da proposta hai actividades para todas as idades (xerais e específicas), as cales pódense levar a cabo en concellos, centros de ensino, asociacións ….

Se queredes a nosa Proposta de Actividades para o Magosto e o Samain podedes solicitalo no correo dinamo@dinamoxestion.comou chamando ó 647.488.688.




lunes, 30 de septiembre de 2013

DINAMO desenvolve as Actividades Extraescolares do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)

Mañá 1 de outubro comezan no CEIP Isidro Parga Pondal, Santa Cruz (Oleiros) as actividades extraescolares, organizadas polo Concello de Oleiros e xestionadas e levadas a cabo pola equipa educativa de DINAMO.

De luns a xoves as cativas/os, de Educación Infantil e Primaria poderán participar en actividades como, Xogos e psicomotricidades, Divernatura, DiverArtes, Aventura, Deportes...

DINAMO  ten ampla experiencia na execución de programas de actividades extraescolares. Se queredes recibir o noso catálogo de actividades extraescolares podedes solicitalo no 647.488.688 ou escribindo a dinamo@dinamoxestion.com.



jueves, 26 de septiembre de 2013

DINAMO imparte Cursos Monográficos no Concello de Culleredo

No vindeiro mes de outubro a equipa profesional de DINAMO impartirá unha serie de cursos monográficos, de reciclaxe no eido do lecer e o tempo libre. Os cursos están organizados pola Concellería de Mocidade do Concello de Culleredo, e todos eles realizaranse no Centro Municipal de Formación Pablo Picasso. 

Os cursos son os seguintes: 

Globoflexia: 8 e 10 de outubro

Manualidades 2.0: 8,10, 15, e 17 de outubro

Organización de Ludotecas: 22 e 24 de outubro

Xogos Populares e Tradicións: 5 e 7 de novembro

Contacontos: 12, 14, 19 e 21 de novembro.

Todos os cursos son de 18:00 a 20:00 horas.

Nos cursos poden participar mozas e mozos de 18 a 35 euros.

Para inscribirse hai que chamar 981.664.204 ou escribir un correo electrónica a cipax@culleredo.org

Se queres recibir o catálogo de cursos monográficos de DINAMO podes solicitalo no 647.488.688 ou en dinamo@dinamoxestion.com



lunes, 9 de septiembre de 2013

DINAMO participou na Festa da Xuventude do Concello de Oleiros

O pasado 31 de agosto a equipa profesional de DINAMO participou con dúas actividades na Festa da Xuventude, organizada polo Concello de Oleiros.

Por un lado levouse a cabo un Obradoiro de Tatuaxes con Henna para todas as mozas e mozos que quixeran participar. E pola outra, tamén se desenvolveu a dinamización e presentación de todas as actividades e do propio Festival Son Ría, co que rematou a festa da mocidade.

A dinamización e presentación correu a cargo de Pedro Brandariz.

As actividades xuvenís son un dos fortes das intervencións de DINAMO que ofrece ós concellos e outras entidades.




miércoles, 28 de agosto de 2013

Rematou o Obradoiro de Circo impartido por DINAMO no Centro Cívico de Novo Mesoiro


A semana pasada rematou o Obradoiro de Circo que a equipa profesional de DINAMO levou a cabo no Centro Cívico de Novo Mesoiro.

A actividades enmárcase dentros de dúas propostas que dende DINAMO propoñemos a concellos, centros sociais, colexios e outras entidades:

- Proposta de Actividades para a Mocidade
- Proposta de Actividades Escénicas e Circenses.

Se queredes recibir algunha destas propostas chama ó 647.488.688 ou escribe un correo a dinamo@dinamoxestion.com

Aquí vos deixamos algunha fotografía da actividade.









martes, 27 de agosto de 2013

DINAMO fixo un pasarúas para dar a coñecer a "Cidade Imaxinaria"·

O pasado venres 23, unha pequena troupe realizou un pasarúas circense polas rúas máis céntricas da Coruña para dar a coñecer o festival "Cidade Imaxinaria" que se celebraría ó día seguinte na Cidade da Cultura. 

Dous zancudos e dous paiasos amenizaron o paseo de moitas e moito viandantes, que a pesares da choiva ocupaban as rúas herculinas, nun dos últimos días das Festas de María Pita.

Ao mesmo tempo fóronse repartindo folletos con todo o programa de actividades e animando ás familias a asisitir ó festival.

As animacións teatrais son un excelente mecanismo de difusión na rúa, pois chama moito a atención e permite ofrecer publicidade dunha maneira amable.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de animacións na rúa, para todo tipo de clientes. Se queres recibir máis información podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com






viernes, 23 de agosto de 2013

DINAMO presenta a súa Proposta de Actividades Extraescolares

Segundo vai rematando o mes de agosto, comezan a escoitarse a cantinela da "volta ao cole", e en DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais xa estamos totalmente preparados. 

Coñecedoras/es de que nestas datas son moitas as ANPAS, entidades municipais e centros educativos os que xa está a planificar as actividades extraescolares do vindeiro curso 2013-2014 damos a coñecer a nosa completa Proposta de Acticividades Extraescolares e Educativas.

As actividades que propoñemos van dende as máis lúdicas ata as máis didácticas, pasando polas artísticas, escénicas, deportivas... 

Todas as actividades poden levarse a cabo en calqueira punto xeográfico da Comunidade Autónoma Galega.

Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades podes solicitala no 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com


jueves, 8 de agosto de 2013

DINAMO organiza un Obradoiro de Circo no Centro Cívico de Novo Mesoiro

Dende o pasado martes 6 e ata o venres 23 de agosto as mozas e mozos de Novo Mesoiro poden participar nun obradoiro de "técnicas de circo" impartido pola equipa profesional de DINAMO.

O obradoiro desenvolvése os martes e venres de 11 a 13 horas. 

As e os participantes aprenderán diferentes acrobacias en parella, manexo de malabares (bolas, mazas e cariocas), técnicas de clown ... co cal achégaranse ó mundo do circo dunha maneira integral, abrindo pequenas fiestras, para que despois poidan continuar a súa formación naquelas disciplinas que máis lles interesen.

Esta actividade enmárcase dentro do Programa de Lecer Saudable do Concello da Coruña para as mozas e mozos. Así mesmo tamén está contida nas propostas que dende DINAMO ofrecemos a moi diferentes entidades para traballar coa mocidade.

Se queres recibir máis información sobre as propostas de actividades para a mocidade tan só tes que chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com



martes, 6 de agosto de 2013

DINAMO organizou unha Xincana Acuática en Boimorto

O pasado domingo 4 de agosto, unhas cuarenta rapazas e rapaces participaron nunha xincana acuática, dinamizada pola equipa profesional de DINAMO, na piscina municipal de Boimorto.

A xincana enmarcábase dentro dun extenso programa de actividades para as máis cativas e cativos. Pero durante unha hora, as e os participantes molláronse con divertidas probas que tiveron que superar en pequenos grupos.

As probas e a xincana non só foi moi entretida para as nenas e nenos, senón tamén para o "público" espontáneo que se foi formando, composto por nais, pais, e outros familiares que se entretiñan a gargalladas contemplando as diferentes probas.

DINAMO leva a cabo todo tipo de actividades lúdicas e educativas para as cativas e cativos, tanto de pequena como de gran escala. Se queres solicitar información podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com



domingo, 4 de agosto de 2013

Remata o Obradoiro de Grafite organizado por DINAMO para o Concello de Oleiros

O pasado ventres 2 de agosto rematou o Obradoiro de Grafite que DINAMO impartiu en Perillo, cerquiña da rotonda do Che, e do que xa demos conta en pasadas entradas.

O obradoiro desenvolveuse en cinco xornadas de 11 a 13 horas e cun grupo de 21 mozas e mozos de 12 a 16 anos, guiados e supervisados por un monitor especializado no tema (Miguel Golmayo).

Neste entrada poñemos algunhas da fotos do proceso e do resultado.

O obradoiro xurde por iniciativa da Concellería de Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros e foi xestionado por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.

As actividadades de grafite e cultura urbana son algunhas das que teñen máis éxito dentro do catálogo de actividades xuvenis que ofertamos en DINAMO.







martes, 30 de julio de 2013

DINAMO realiza un Estudo de Hábitos de Consumo entre a mocidade coruñesa

A equipa profesional de DINAMO está a realizar estes días un estudo sobre os hábitos de consumo entre as mozas e mozos coruñeses. 

De momento estamos na fase de recollida de datos a través de enquisas individuais e anónimas entre as e os participantes nas actividades xuvenís dos centros cívicos da cidade.

Paralelamente estanse verquindo os datos en programas informáticos de análise. E finalmente unha equipa específica de análise procederá a examinar os datos e a elaborar o estudo, que ofrecerá datos fiables sobre os patróns de ocio e lecer das mozas e mozos, sobre os hábitos de consumo, substancias, uso ou abuso ... e sobre todo unha serie de recomendacións para que os organismos públicos poidan levar a cabo plans e medidas eficaces neste eido.

O estudo foi encargado polo departamento de Servizos Sociais do Concello da Coruña. 

DINAMO ofrece todo tipo de servizos e actividades para a xuventude. Se queres recibir o noso catálogo podes solicitalo no 647.488.688 ou en dinamo@dinamoxestion.com


lunes, 29 de julio de 2013

DINAMO organiza un Obradoiro de Grafite en Perillo (Oleiros)

Dende hoxe, 29 de xullo e ata o venres 2 de agosto, 21 mozas e mozos participarán no Obradoiro de Grafite que organiza o Concello de Oleiros e xestionamos dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.

A actividade de grafite é unha das máis demandadas pola xuventude, e son moitos os concellos e outras entidades que aproveitan para decorar e acondicionar espazos públicos organizando obradoiros e cursos de grafite e muralismo.

Durante os cinco días de curso as e os participantes aprenderán as técnicas básicas do pintado co esprai, nocións de debuxo muralístico, como pasar dun bosquexo á realidade dos muros...

Desta volta repintarán unha serie de muros onde xa se levara a cabo outra actividade de grafite (hai varios anos), pero que sufriu actos vandalicos e está irrecoñecible.

DINAMO organiza actividades deste tipo por toda Galicia, para multitude de concellos e outras entidades. Ademáis tamén ofrecemos outros obradoiros tanto de cultura urbana en particular, como xuvenís en xeral.



miércoles, 24 de julio de 2013

DINAMO dinamizou a Xornada de Convivencia do Voluntariado na Horta "Labrega Social" de Cambre

O pasado 6 de xullo, a equipa profesional de DINAMO dinamizou unha xornada de convivencia entre as e os participantes do Servizo de Voluntariado de Cambre.

A xornada de convivencia levouse a cabo na horta "Labrega Social" de Cambre e as voluntarias e voluntarios gozaron dunha manchea de actividades organizadas polas monitoras de DINAMO.

O obxectivo destas xornadas é a convivencia lúdica nun ambiente de confianza, pasando un tempo agradable. Ademáis a cohesión grupal afianzase e facilítanse as relacións interpersoais.

DINAMO ven colaborando estreitamente co Concello de Cambre, máis concretamente co departamento de Voluntariado, sobre todo na formación das persoas voluntarias.

Este é un dos moitos servizos que ofrecemos ós concellos e outras entidades que traballan no eido do voluntariado


miércoles, 26 de junio de 2013

DINAMO participou na Xuntanza das Familias de Arteixo

O pasado venres 14 de xuño o Concello de Arteixo organizou a Xuntanza das Familias, no Centro Tecnolóxico de Arteixo. 

Nais, pais e cativas e cativos participaron nunha ampla programación de actividades para maiores e pequenas/os. Destas actividades, boa parte delas foron organizadas pola equipa profesional de DINAMO.

Algunnhas destas actividades foron as seguintes:

- Servizo de gardería  para as cativas e cativos.
- Hinchables para as cativas e cativos
- Obradoiro Formativo "A Educación Emocional nas Aulas"
- Actuación de Peter Punk
- ...

DINAMO ten unha gran experiencia na organización deste tipo de eventos, nos que nais/pais e cativas/s participan dunha maneira activa.





martes, 11 de junio de 2013

DINAMO participou no Encontro Local de Mocidade de Narón

O pasado venres 07 de Xuño celebrouse na Casa da Mocidade da Gándara (Narón) o Encontro Local de Mocidade, e DINAMO levou a cabo o Obradoiro de Camisetas Grafiteadas. 

Neste obradoiro as mozas e mozos crearon as súas propias plantillas en acetatos plásticos, que logo aplicados sobre camisetas blancas poideron pintar con sprais acrílicos para que os seus modelos queden con carácter permanente nas camisetas ou outros produtos téxtiles. Ademáis as plantillas duns sirven para os outros, poden intercambialas...

Esta é unha actividade con moita demanda, pois é unha técnica bastante sinxela e os resultados son moi vistosos e aparentes. 

Esta actividade, xunto con outras moitas, forman parte dunha gran Proposta de Actividades de Cultura Urbana, que podes recibir se queres chamando ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com