Dende hoxe, 29 de xullo e ata o venres 2 de agosto, 21 mozas e mozos participarán no Obradoiro de Grafite que organiza o Concello de Oleiros e xestionamos dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.
A actividade de grafite é unha das máis demandadas pola xuventude, e son moitos os concellos e outras entidades que aproveitan para decorar e acondicionar espazos públicos organizando obradoiros e cursos de grafite e muralismo.
Durante os cinco días de curso as e os participantes aprenderán as técnicas básicas do pintado co esprai, nocións de debuxo muralístico, como pasar dun bosquexo á realidade dos muros...
Desta volta repintarán unha serie de muros onde xa se levara a cabo outra actividade de grafite (hai varios anos), pero que sufriu actos vandalicos e está irrecoñecible.
DINAMO organiza actividades deste tipo por toda Galicia, para multitude de concellos e outras entidades. Ademáis tamén ofrecemos outros obradoiros tanto de cultura urbana en particular, como xuvenís en xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario