jueves, 24 de febrero de 2011

Comeza unha nova edición de Noitenova na que participa DINAMO

Este venres 25 de Febreiro comeza unha nova edición do Programa de Lecer Nocturno Noitenova, organizado pola Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña.
Durante varios meses (ata maio) as mozas e mozos da Coruña poderán participar nunha manchea de propostas variadas. Actividades lúdicas, formativas, escénicas, artísticas, musicais, deportivas, urbanas, …
E nesta ocasión como nas anteriores DINAMO participa nalgunha das actividades. En concreto desta volta son as seguintes:
Obradoiro de Cartón Pedra: impartido por Lorena Cambón
Obradoiro de Títeres de Dedo: impartido por María Loira
Obradoiro de Complementos con Serpentina: impartido por María Loira
Obradoiro de Monólogos: impartido por Pedro Brandariz
Andarelas: rutas de interpretación ambiental.
Para máis información podedes entrar en www.coruna.es/nex e alí atoparedes todas as actividades, datas, horarios, …
DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.
981.902.772 --- dinamo@dinamoxestion.com

martes, 22 de febrero de 2011

Conclúen en Arteixo os Obradoiros de Pre-Emprego impartidos por DINAMO SL

A pasada semana rematamos os Obradoiros de Pre-emprego dirixidos a homes e mulleres de etnia xitana.

Este obradoiros realizados coa Concellería de Servizos Sociais do Concello de Arteixo realizáronse nos meses de decembro 2010 a febreiro de 2011. Neles participaron un total de 17 mulleres e 14 homes.

Ambas as dúas accións formativas incidiron positivamente no desenvolvemento de habilidades de autonomía persoal, e en especial as habilidades organizacionais.

O fin último dos ditos obradoiros foi traballar en prol do fortalecemento da autoestima e da motivación, así como, no crecemento persoal como aspectos básicos para iniciar un proceso activo de busca de emprego.

Para máis información podedes entrar na páxina web http://www.dinamoxestion.com/ ou chamar ó 647.488.688

martes, 15 de febrero de 2011

DINAMO participa no Espazo Solidario da Coruña coas súas Clownclusións


O Concello da Coruña, a través da Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, organiza o segundo Espazo Solidario, onde se darán a coñecer os diferentes colectivos de acción voluntaria da cidade.

O vindeiro 19 de febreiro, durante todo o día en Palexco (A Coruña), organizaranse unha manchea de actividades: espectáculos, obradoiros, conferencias, charlas, demostracións, …

Dentro da extensa programación teatral é onde DINAMO deixa a súa impronta, a través das Clownclusións dinamizadas por Pedro Brandariz.

O artista cómico elaborará unhas conclusións dos encontros un tanto particulares, dende un punto de vista humorístico.  Brandariz recollerá as principais ideas que vaian emerxendo ao longo do día e con tales contidos preparará un espectáculo cómico semi-improvisado para concluir o Espazo Solidario.

As clownclusións son un recurso moi utilizado para pechar convencións, congresos, xornadas, encontros, … dunha maneira diferente, e sobre todo moi atractivo.

Para máis información podedes chamar ó 981.902.772 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com

www.dinamoxestion.com
http://dinamoxestion.blogspot.com





martes, 8 de febrero de 2011

Volve o PLANET CLUB coa equipa educativa de DINAMO

Este sábado 12 de Febreiro o Programa Xuvenil de Lecer PLANET CLUB iniciase de novo na vila de Pontedeume.
DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL leva dende hai varios anos xestionando este espazo xuvenil para a mocidade, promovido polo Concello de Pontedeume.
No Planet Club poden participar mozas e mozos de 12 a 18 anos do concello eumés. Estará aberto todos os sábados de 18 a 22 horas
 E neste espazo xuvenil, ubicado na Casa da Xuventude organizaranse unha manchea de actividades e servizos para a xuventude.  Obradoiros, grandes xogos, actuacións musicais e teatrais, festas … serán algunhas das iniciativas que poderá levar a cabo a mocidade.
Pero ademais de ser un motor de actividade da vila eumesa, o Planet Club é para as mozas e mozos un espazo propio, de experiencias vitais, de relación, de expresión …
DINAMO SL está especializado no desenvolvemento de propostas para a mocidade, e concretamente na xestión de espazos xuvenís, como o Planet Club, Centro de Lecer Portaberta, …
Para máis información podedes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com



martes, 1 de febrero de 2011

DINAMO lanza as súas propostas para o Entroido 2011

A equipa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais ofrece  a concellos, asociación, empresas, e calquera outra entidade unha manchea de ideas e propostas para dinamizar as festas do Entroido.
As posibilidades son case infinitas dende a organización completa da Festa do Entroido ata o obradoito temático máis sinxelo (máscaras, maquillaxe, repostería …) pasando pola animación de rúa, desfiles, comparsas e charangas, actuacións teatrais, coreografías  
E ademáis ofrecemos servizos para todas as idades, dende as máis cativas e cativos ata os nosos maiores. E tamén para todo tipo de posibilidades económicas, pois en DINAMO facemos propostas flexibles, e sobre todo, adaptadas ás necesidades e posibilidades dos nosos clientes.
Se queredes recibir a proposta completa, ou simplemente queredes informarvos podedes escribir un correo a dinamo@dinamoxestion.com ou chamar ó 647.488.688. Ademais de facilitarvos a proposta poderemos adaptarnos ás vosas necesidades e facervos un orzamento personalizado.

Choqueiros, peliqueiros, cigarróns, pantallas, zarrampallos, felos, momos, mecos, xenerais do Ulla, madamas … xa chega o Entroido 2011 … a vivilo intensamente.