domingo, 4 de noviembre de 2018

DINAMO organizou un Magosto Popular e Festa de Samaín en Ortigueira

O pasado 31 de Outubro a equipa profesional de DINAMO organizou un Magosto Popular no Praza Isabel II de Ortigueira, asando e repartindo castañas para todas as e os participantes, dinamizando a Caravana de Xogos Populares para todas as cativas e cativos e incluso contando cun Cuarteto de Música Tradicional que animou a festa durante toda a tarde.

Todas estas actividades estiveron enmarcadas dentro dun Consurso de Calabazotes que organizou o propio Concello de Ortigueira.


DINAMO organizou un Magosto no Mercado Local de Outono de San Sadurniño

O pasado 28 de outubro a equipa profesional de DINAMO organizou en Magosto no Mercado Local de Outono do Concello de San Sadurniño, encargándose do asado e reparto de máis de 80 kilos de castañas, dinamizando o espazo infantil coa Caravana de Xogos Populares e animando ás e ós visitantes co Espectáculo Teatral Itinrante " As Cartuxeiras Tolas".

Nesta época do ano son moitos os magostos que dende DINAMO organizamos por toda a xeografía galega, encargándonos de todo o relativo ás castañas e á dinamización do propio evento.


DINAMO organizou un novo curso de Mediación Escolar no IES Neira Vilas

De igual maneira que en edicións anteriores a equipa educativa de DINAMO levou a cabo un Obradoiro Formativo en Mediación Escolar e Resolución Pacífica de Conflitos no IES Neira Vilas de Perillo (Oleiros).

Unha selección de alumnas e alumnos dispostas/os a formar parte do equipo de mediación reciben esta formación de carácter eminentemente práctico, composta por dinámicas e exercios para que as e os participantes aprendan a levar pautado un proceso de mediación 

Dende Dinamo ofrecemos formación en mediación escolar para diferentes centros educativos en toda Galicia.


A Caravana de Xogos Populares de DINAMO protagonista da Cervefeira de Sada

Os pasados 6 e 7 de Outubro organizouse en Sada una nova edición da "CerveFeira" un evento adicado á elaboración de cervexas artesas. 

Igual que en edicións anteriores o equipo organizador contou coa "Caravana dos Xogos Populares" de DINAMO para que ocupasen o espazo central da feira tanto na xornada de sábado como a do domingo.

Os máis de 30 xogos tradicionais que se instalaron foron utilizados por cativas/os e maiores, convertíndose nunha auténtica experiencia interxeracional.


DINAMO organizou a Escola de Verán da OMIC do Concello da Coruña

Durante todo o pasado mes de Xullo a equipa educativa de DINAMO xestionou e levou a cabo a Escola de Verán da Oficina de Información ás Persoas Consumidoras do Concello da Coruña.

A "escola de verán" consiste nunha programación de actividades lúdico-didácticas para as máis cativas/os, a modo de "campamento urbano matinal". Foron dúas quendas de dez días de actividades nas que as cativas e cativos achegáronse ó consumo responsable, ó comercio de proximidade, ás novas tecnoloxías…

Case 80 nenas e nenos asistiron ás actividades que tiveron moi boa acollida participando en presentación temáticas, sesión de xogos, xincanas didácticas, obradoiros, saídas, visitas, excursións…


DINAMO levou a cabo a Campaña dos Ecovasos nas Festas de María Pita

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Medio Ambiente, organizou a Campaña de Sensibilización Ambiental de Reparto dos EcoVasos en diferentes eventos dentro da Progamación de Festas de María Pita.

A equipa profesional repartiu os ecovasos e informou da campaña no Festival Noroeste, no Mercado da Colleita, na Romería de Santa Margarida…

Cada ano a cidadanía coñece máis a inciativa dos ecovasos e participa de maneira directa, comprando ou alugando os ecovasos para evitar a proliferación de plásticos e residuos.


jueves, 1 de noviembre de 2018

DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares á Feira Modernista de Sada

Como en anteriores edicións a Caravana dos Xogos Populares voltou a estar presente an Feira Modenista de Sada, unha cita que cada ano acumula máis e máis visitantes.

A equipa de DINAMO instalou no espazo central da feira mais de trinta xogos tradicionais que fixeron as delicias de pequenas/os e maiores.

A "Caravana de Xogos Populares" é unha magnífica iniciativa para desenvolver en feiras e festas de carácter histórico, medievais, 1900...