domingo, 26 de noviembre de 2017

DINAMO levou a Caravana de Xogos Populares á Foliada de Sada

O pasado 4 de novembro a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares á X Foliada de Sada,que contou con actividades para todos os públicos, incluso cunha Foliadiñas para as máis cativas/os.

Nenas/os e maiores xogaron nos máis de 30 módulos instalados con diferentes xogos populares e tradicionais. 

Sada é un dos concellos onde máis levamos a nosa Caravana de Xogos Tradicionais, pois é bastante usual que alí onde vai a "caravana" recunca.


miércoles, 22 de noviembre de 2017

DINAMO organiza a Festa de Samaín do IES Rego de Trabe (Culleredo)

O pasado 28 de outubro a equipa profesional de DINAMO organizou unha gran festa de Samaín para todas as alumnas/os do IES Rego da Trabe, promovida polo CIPAX do Concello de Culleredo.

Durante toda unha mañá as mozas e mozos participaron en obradoiros de cócteles terroríficos, complementos de medo, cócteles sanguentos, fotocol de Samaín, coreografías de thriller, bailes, xogos, DJ...

Foron todas elas actividades promovidas e organizadas polo Concello de Culleredo.


domingo, 19 de noviembre de 2017

DINAMO organizou as Actividades de Samaín en Teo

A equipa de traballo de DINAMO dinamizou diferentes actividades de Samaín en Rarís e Francos (Teo) o pasado 31 de Outubro. 

En Rarís, levamos a cabo una Festa Infantil de Samaín para máis de 100 nenas/os con música de Samaín, bailes e coreografías, xogos, maquillaxe de efectos, globoflexia... 

E en Francos levouse a cabo un Obradoiro de Maquillaxe de Efectos e un Obradoiro de Cabazas (ambos para adultos).

Foron parte das actividades que o Concello de Teo organizou para que a veciñanza celebrase o Samaín.





jueves, 2 de noviembre de 2017

DINAMO encargouse das Actividades Lúdicas do Festival de Ancoradoira

O pasado 27 de outubro a equipa profesional de DINAMO xestionou as actividades lúdicas do Festival de Música Tradicional da Agrupación Ancoradoira. 

Pola mañá as pícaras e pícaros disfrutaron do espectáculo "Contos e Outras Andrómenas" a cargo de Pedro Brandariz, e pola tarde foi o turno da "Caravana dos Xogos Populares" que fixo participar a cativas/os e maiores a partes iguais. 

Ademáis tanto o festival infantil como o de adultos estiveron presentados polo cómico e actor Pedro Brandariz.

Este tipo de actividades funcionan moi ben á hora de complementar eventos, programacións...