sábado, 18 de abril de 2015

DINAMO desenvolve os Obradoiros de Hortos Urbanos en Novo Mesoiro

A equipa profesional de DINAMO comezou no mes de abril dous obradoiros de Hortos Urbanos no barrio de Novo Mesoiro, un con familias (os luns) e outro con persoas adultas (os mércores)

As e os participantes aprenderán as nocións básicas de horticultura dunha maneira práctica e divertida. Cada semana teñen dúas horas de actividade, nunha delas realizarán actividades prácticas no aula e na segunda hora traballarán na horta, plantando e coidando diferentes tipos de cultivo, que tamén recollerán e levarán ós seus fogares. 

As actividades lévanse a cabo no Centro Cívico de Novo Mesoiro e as actividades prácticas realízanse nas Hortas Municipais que o Concello da Coruña ten no barrio. 

As actividades de horta supoñen unha magnífica oportunidade de contacto coa terra e aprendizaxe para cativas/os e maiores. As e os participantes conforman un grupo moi heteroxeneo, pois hai xente que vive no barrio, pero que procede de zonas rurais e quere recuperar o contacto co terra. E tamén hai participantes neofitas/os no tema con moitas gaña de aprender. Esta heteroxeneidade permite un gran intercambio de coñecementos. 


jueves, 9 de abril de 2015

DINAMO desenvolve un Programa de Alimentación Saudable no IES de Oleiros

Nas últimas datas as alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO dos centros de ensino secundario de Oleiros participaron no Programa Educativo “Comida e Saúde”.

Trátase de actividades en torno a un dos piares básicos da Educación para a Saude: a alimentación, sobre todo nun sector de poboación tan importante como a mocidade.

O obxectivo primordial é o de promover hábitos de vida saudable a nivel físico e e emocional, sentando as bases do benestar nas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de mercado.

Dinámicas de grupo, traballo en equipo, xogos, rollplay, estudo de casos, reflexións e debates, consulta de materiais … son algunhas das actividades que se levaron a cabo nas sesións de traballo coas mozas e mozos.

Este ano o programa dividese en dous bloques temáticos:
-       Vida saudable: para as alumnas e alumnos de 1ºESO.
-       Alimentación e Deporte: para as alumnas e alumnos de 2ºESO

“Comida e Saúde” é tan só un dos múltiples programas educativos que DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL  desenvolve no Concello de Oleiros dos que periódicamente damos conta neste blogue.