martes, 29 de marzo de 2011

DINAMOteatro representa “Unha tarde con Andrea” nos CEIPs do Concello de Cambre

A compañía escénica DINAMOteatro representa os días 29, 30 e 31 de marzo o espectáculo “Unha tarde con Andrea. Lembranzas de Igualdade” nos centros de Educación Primaria do Concello de Cambre.

A actriz Vanessa Rivas protagoniza unha peza teatral onde a partir de lembranzas da infancia vanse analizando diferentes situacións de desigualdade entre homes e mulleres que existen na sociedade actual.

As lembranzas de “Andrea”  farán visibles ás nenas e nenos  as discriminacións que sofren as mulleres dende a súa nenez. E como as vivencias que se teñen nesta etapa vital marcan as relacións entre homes e mulleres en todo o ciclo vital.

A montaxe será representada para as cativas e cativos de 4º e 5º Curso de Educacion Primaria dos Centros de Educación Primaria do Concello de Cambre.

As datas e horarios son os seguintes:

CEIP. Emilio González López (Brexo-Lema): Martes 29. 10:00
CEIP. Wenceslao Fernández Flórez (Cambre): Martes 29. 12:30
CEIP. Torrente Ballester (Sigrás): Mércores 30. 10:00
CEIP. Porto Faro (A Barcala): Mércores 30: 12:15
CEIP. O Graxal (O Graxal): Xoves 31: 12:00

A iniciativa xurde da Concellería de Igualdade e Mocidade do Concello de Cambre, co gallo da Celebración do Día Internacional da Muller o 8 de Marzo







lunes, 28 de marzo de 2011

DINAMO leva ós Centros Cívicos da Coruña os obradoiros “Contos vellos, novos finais”

A Concellería de Igualdade e Participación do Concello da Coruña organiza durante os meses de marzo, abril e maio os obradoiros “Contos vellos, novos finais” nos Centros Cívicos da Coruña.

Tales obradoiros son xestionados e realizados pola equipa educativa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.

Trátase de actividades interxeracionais que pretenden visibilizar e reforzar o papel fundamental das unidades familiares como axentes de socialización primaria.

Facilítase unha análise crítica dos roles e estereotipos de xénero que desde os contos tradicionais se están a reforzar e reproducir na infancia.

Ademais os obradoiros van acompañados dunha exposición temática que axuda á consecución dos obxectivos de sensibilización en igualdade de xénero.

As datas nas que se realizarán os obradoiros son as seguintes:

C.C. Monte Alto: 15 de marzo ás 11:00
C.C. San Diego: 16 de marzo ás 18:00
C.C. Palavea: 21 de marzo ás 18:30
C.C. Monelos: 24 de marzo ás 18:30
C.C. Os Mallos: 31 de marzo ás 18:00
C.C Artesanos: 1 de abril ás 11:30
C.C Mesoiro: 7 de abril ás 18:00
C.C Eirís: 13 de maio ás 17:00




domingo, 13 de marzo de 2011

DINAMO estivo presente no IX Premio “Pontedeume en Femenino”

Este Domingo 13 de Marzo celebrouse a entrega do IX Premio “Pontedeume en Femenino”, premio que ven a recoñecer, estimular e difundir públicamente as actuacións de mulleres eumesas cuxo labor destaca na faceta social, cultural, política, vecinal, política, educativa, …
O Concello de Pontedeume vestiuse de gala para  facer unha meredida homenaxe a todas as mulleres eumesas.
DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL participou no acto a través de Patricia Pena Monelos que presentou e moderou o acto.
Este é outro dos actos que DINAMO organiza para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.


jueves, 10 de marzo de 2011

Éxito total de participación no Acto Central do Día Internacional da Muller en Cambre, coordinado por DINAMO SL.

Este pasado xoves 10 de Marzo o Concello de Cambre, a través da Concellería de Igualdade e Mocidade, organizou unha serie de actos para conmemorar o Día Internacional da Muller.
O acto consistiu nunha charla de María Reimóndez, escritora, feminista e activista galega que falou sobre como chegar á igualdade de xénero a través da escrita. A través dun discurso comprometido co feminismo, Reimóndez conseguiu movilizar conciencias, sentimentos e inquedanzas entre o público.
E a intervención da escritora estivo precedida pola representación teatral da compañía ArteDanza que fixo unha versión adaptada dunha das obras de María Reimóndez, en concreto O Club da Calceta. Representación que sorprendeu e ilusionou á propia autora, que expresou a súa enorme gratitude por poder presenciar unha nova interpretación da súa obra.
Pola súa parte a Concelleira Laura Fernández presentou o acto e leu un Manifesto conmemorativo.
Aínda que este foi o acto central da campaña polo 8 de Marzo, só supón o inicio dun programa máis extenso que se complementará con actividades nos centros de Educación Primaria do concello cambrés.
Obradoiros temáticos para acadar unha sensibilización cara a igualdade de xénero entre as máis cativas e cativos.
A equipa de DINAMO coordinou o acto conmemorativo e será a encargada de levar a cabo os obradoiros educativos nos centros de ensino.




lunes, 7 de marzo de 2011

DINAMO comprométese co 8 de Marzo (Día Internacional da Muller)

Dende DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais dinamizamos, ó longo do ano, diferentes Programas de Sensibilización en Igualdade e Prevención de Violencia de Xénero en concellos como A Coruña, Arteixo, Cambre, Soutomaior, Vilarmaior, … pero ademais, co gallo da conmemoración  do Día Internacional  da Muller (8 de Marzo) levaremos a cabo unha grande cantidade de accións e actividades neste ámbito.

O abano de propostas é bastante amplo. Dende iniciativas máis lúdicas como ximkanas ou xogos ata as máis formais como charlas, conferencias, representacións teatrais, exposicións, …

Algunhas das actividades son:

-          Xoves 10 de Marzo. Ximkanas pola Igualdade (para alumnas e alumnos de 6º Primaria).  Concello de Monforte

-          Xoves 10 e Venres 11 de Marzo. Obradoiros de Bó Trato. Concello de Soutomaior

-          Xoves 10 de Marzo. Acto central do 8 de Marzo. Conferencia de María Reimondez e representación teatral de Artedanza. Concello de Cambre.

-          Do 15 de Marzo ao 13 de Maio. Obradoiros “O que nunca che contaron”. Centros Cívicos da Coruña. Concello da Coruña.

-          Venres 18 de Marzo. “Papá, mans á obra”. Concello de Soutomaior.

Nos vindeiros días iremos comunicando as novas actividades que xa temos preparadas neste ambito

Para máis información podedes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com


jueves, 3 de marzo de 2011

Todas as citas de DINAMO co Entroido!!!

A equipa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL organiza un gran número de  eventos e actividades entroideiras nos vindeiros días por toda a xeografía galega.
Dende festas infantís, obradoiros de maquillaxe, confección de disfraces, desfiles, … todo baixo o fío condutor da diversidade cultural. A través das diversas propostas darase a coñecer diferentes culturas do mundo
Algunhas das citas son as seguintes:
Venres 4, 10:00. IES Fragas do Eume (Pontedeume). Obradoiro de Maquillaxe.
Venres 4, 12:00. IES Fraga do Eume (Pontedeume). Presentación da Festa de Entroido a cargo de Pedro Brandariz.
Sábado 5, 17:30. Concello de Arteixo (Pavillón Municipal). Presentación da Festa Infantil de Entroido a cargo de Pedro Brandariz
Sábado 5, 17:00. Festa de Entroido en Sada (Pavillón Municipal).
Domingo 6, 17:00. Festa de Entroido en Cambre, A Festa dos Mundos. (Pavillón Municipal do Temple).
Luns 7, 17:00. Festa de Entroido no Castrillón. Centro Cívico Castrillón.
Martes 8, 17:00. Festa de Entroido en Cambre. A Festa dos Mundos. (Pavillón Municipal de Cambre).
Martes 8, 17:00. Presentación da Festa de Entroido en Cabana de Bergantiños a cargo de Pedro Brandariz.
Martes 8,17:00. Festa de Entroido en Oza dos Ríos (Pavillón Municipal).
Para máis información podedes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com. E tamén entrar na páxina www.dinamoxestion.com
Velahí, ven o Entroido, a vivilo intensamente

martes, 1 de marzo de 2011

DINAMO anima a inauguración do Campo da Leña na Coruña

A equipa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL dinamizou a inauguración da nova praza do Campo da Leña (Praza de España) da cidade herculina. A cita celebrouse o pasado sábado 26 de Febreiro.
Acompañando as accións máis oficiais e de protocolo DINAMO levou a cabo unha Animación Teatral e unha Macro-Xinkana de Xogos Populares e Tradicionais Galegos.
Por unha banda tres actrices e actores provocaron as gargalladas do público asistente coas súas improvisacións e interaccións coas veciñas e veciños que asistiron ó acto.
E paralelamente as máis cativas e cativos (e as que non o son tanto) participaron nas variadas “estacións” de xogos populares e tradicionais: o xogo da rá, os aros, o ferrón, os zancos, os tres pasmóns, carreiras de sacos,  o pasemisí, a pita cega, o pano, o cazarrabos, …
Desta maneira DINAMO e o Concello da Coruña traballan na idea de recuperar os usos sociais das rúas, das prazas, … É dicir fomentar o uso colectivo e lúdico dos espazos públicos.
Ademais DINAMO leva a cabo este tipo de actividades en outros moitos concellos da xeografía galega. Accións das que iremos informando neste blogue.
Para máis información podedes chamar ó 981.902.772, escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com ou entrar na nosa páxina web www.dinamoxestion.com